iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: https://gl.wikipedia.org/wiki/Golfo_de_Guinea
Golfo de Guinea - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Golfo de Guinea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaGolfo de Guinea
Imaxe
Tipobaía Editar o valor en Wikidata
Parte deocéano Atlántico Norte Editar o valor en Wikidata
Mapa
 1°N 4°L / 1, 4
Bañado porocéano Atlántico sur Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira conPort Harcourt (pt) Traducir
Osu (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Composto por
Afluentes
Características
Profundidade5.000 m Editar o valor en Wikidata
AtravesaLiberia, Costa do Marfil, Ghana, Togo, Benín, Nixeria, Camerún, Guinea Ecuatorial, Gabón e San Tomé e Príncipe Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5168283

O golfo de Guinea[1] é parte do suroeste Atlántico de África. A costa sur de África occidental, ao norte deste golfo, foi chamada historicamente como Alta Guinea. A costa occidental da parte máis ao sur de África, é historicamente, a Baixa Guinea. Hoxe, o nome de Guinea só se mantén nos nomes de tres países: Guinea, Guinea-Bissau e Guinea Ecuatorial. E nalgúns países americanos úsase o nome de "guineo" para designar unha variedade de bananas, o que demostra a orixe africana do termo.

No golfo de Guinea desembocan os ríos Níxer, Volta, Congo e Cross. A costa do golfo inclúe o golfo de Benín e o Golfo de Biafra.

A orixe do nome Guinea crese que designaba unha área da rexión, aínda que os detalles son incertos. Bovill (1995) dá unha descrición minuciosa:[2]

Usualmente considérase o nome Guinea unha corrupción do nome Ghana, tomado polos portugueses no Magreb. Este autor atopa esta teoría inaceptable. O nome Guinea fora usado no Magreb e en Europa moito antes da época de Enrique o Navegante. Por exemplo, nun mapa do cartógrafo xenovés Giovanni di Carignano datado en torno a 1320, quen obtivera a súa información sobre África dun compatriota habitante de Sijilmasa (antiga cidade comercial do Norte de África), atopamos Gunuia; e no Atlas Catalán de 1375, Ginyia. Un pasaxe de León o Africano (vol. III, 822) apunta que Guinea é unha corrupción do nome Djenné (cidade de 2000 anos de antigüidade no centro de Malí, sobre o río Níger), menos coñecida que Ghana pero con todo durante moitos séculos coñecida no Magreb como un gran foco comercial e de ensino. O importante pasaxe di: "O reino de Ghinea [...] chamado polos comerciantes da nosa nación Gheneoa, polos seus propios habitantes Genni e polos portugueses e outros europeos Ghinea." Pero parece ser máis probable que Guinea deriva de "aguinaou", en bérber negro. Marrakech (cidade no sueste de Marrocos) ten unha porta, construída no século XII, chamada "Bab Aguinaou", a Porta do Negro (Delafosse, Haut-Sénégal-Niger, II, 277-278). A moderna aplicación do nome Guinea á área costeira data só de 1481. Nesa data os portugueses construíron un forte, Castelo de São Jorge da Mina (actualmente Elmina, na Costa de Ouro, e Xoán II de Portugal, foi autorizado polo Papa (Sisto IV ou Inocencio VIII) a utilizar o título de Señor da Guinea, título que perviviu ata a extinción da monarquía.

A costa sur de África occidental, ao norte deste golfo, foi chamada historicamente Alta Guinea e a costa occidental do África austral, cara ao sur, Baixa Guinea. Na actualidade hai catro países coa palabra nos seus nomes: Guinea, Guinea-Bissau, Guinea Ecuatorial e Papúa Nova Guinea, este último en Oceanía, debido ao parecido dos melanesios, que viron os exploradores europeos, cos poboadores da Guinea africana. Nalgúns países americanos úsase o nome de "guineo" para designar unha variedade de banana, o que demostra a orixe africana do termo.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O principal río que desemboca as súas augas no golfo é o río Níxer.

Defínense diferentes límites xeográficos do golfo de Guinea; a Organización Hidrográfica Internacional define a extensión suroeste do golfo de Guinea como "Unha liña desde Cabo López (0°37′S 8°43′L / -0.617, -8.717), en Gabón, ao noroeste do illote Gago Coutinho (Ilhéu das Rôlas) (0°01′S 6°32′L / -0.017, -6.533) e desde alí unha liña dsde o Illote Gago Coutinho cara ao noroeste cara a Cabo Palmas (4°22′N 7°44′O / 4.367, -7.733), en Liberia.[3]

Illas no golfo de Guinea

[editar | editar a fonte]

O golfo de Guinea contén un número de illas, a maior das cales atópase nunha cadea suroeste-nordés, que forma parte da liña de volcáns do Camerún.

Annobón, tamén coñecido como Pagalu ou Pigalu, é unha illa que forma parte de Guinea Ecuatorial.

Illa Bobowasi é unha illa da costa occidental de África no Golfo de Guinea que forma parte da rexión occidental de Ghana.

Bioko é unha illa situada na costa occidental de África no Golfo de Guinea que forma parte de Guinea Ecuatorial.

Corisco é unha illa pertencente a Guinea Ecuatorial.

Elobey Grande e Elobey Chico son ​​dúas pequenas illas pertencentes a Guinea Ecuatorial.

San Tomé e Príncipe (oficialmente República Democrática de São Tomé e Príncipe) é unha nación insular de fala portuguesa no golfo de Guinea que se independizou de Portugal en 1975. Está localizado na costa ecuatorial occidental de África e consta de dúas illas, Illa de San Tomé e Illa do Príncipe. Están separadas por 140 km. e preto de 250 e 225 km., respectivamente, da costa noroeste de Gabón. Ambas illas forman parte dunha liña de volcáns extinguidos do Camerún. San Tomé, a importante illa sureña, está situada ao norte do ecuador.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para guineano.
  2. Hale, Thomas A. "From the Griot of Roots to the Roots of Griot: A New Look at the Origins of a Controversial African Term for Bard" (PDF). Oral Tradition. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02 de decembro de 2017. Consultado o 23 de setembro de 2018. 
  3. "Limits of Oceans and Seas, Draft 4th Edition: North Atlantic Ocean and its Sub-Divisions". International Hydrographic Organization. 2002. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 5 de abril de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.