Gaels
Series de |
Mitoloxía celta |
---|
* Politeísmo * Deidades |
Mitoloxía gaélica |
* Irlandesa * Escocesa * Hébridas * Tuatha Dé Danann * Ciclo mitolóxico * Ciclo do Ulster * Ciclo feniano |
Mitoloxía britónica |
* Britana * Galesa * Bretoa * Relixión da Idade de Ferro británica * Llyfr Du Caerfyrddin * Libro Vermello de Hergest * Mabinogion * Libro Branco de Rhydderch * Libro de Taliesin * Dafydd ap Gwilym * Tríades da Illa de Bretaña |
Relixión |
* Druídas * Bardos * Vates |
Festivais |
* Samaín * Calan Gaeaf * Imbolc * Gŵyl Fair * Beltane * Calan Mai * Lughnasadh * Calan Awst |
* Categoría |
Gaels (á veces designados por Goidels ou Goidélicos, por Goídel Glas) é un termo que designa aos falantes das linguas célticas gaélicas: irlandés, gaélico escocés e lingua manx.[1]
Sociolingüística
[editar | editar a fonte]O dialecto gaélico ten orixe en Irlanda, tendo rapidamente unha expansión cara ao oeste e o norte de Escocia e á Illa de Man. Actualmente, como as linguas gaélicas foron significativamente substituídas polo inglés, o termo Gael tamén é empregado polos irlandeses ou polos celtas escoceses, independentemente da súa lingua.
As linguas gaélicas son unha das dúas vertentes das linguas célticas insulares, sendo o outro o das linguas britónicas.
Mitoloxía
[editar | editar a fonte]Na súa épica nacional contida en obras medievais como o Lebor Gabála Érenn, os gaels remontan a súa orixe a un antepasado homónimo chamado Catelo ou Goídel Glas. É descrito como un príncipe escita (neto de Fénius Farsaid e fillo da exipcia Scota), considerado o creador das linguas gaélicas. Segundo esa lenda, os gaélicos viaxaron durante centos de anos, atravesaronn Exipto, Creta, Escita, o Mar Caspio e o Norte de África, antes de chegaren á Península Ibérica, onde o seu rei, Breogán, fundou Brigantia no Noroeste da Península.
Dise entón que os gaélicos navegaron á illa de Irlanda desde Galiza como milesianos, fillos de Míl Espáine. Levan a cabo unha batalla de feiticería contra os Tuatha Dé Danann, os semideuses que habitaban Irlanda naquel momento. Ériu, unha deusa da terra, prometeu aos gaels que a illa sería deles sempre que lle rendan homenaxe. Concordan, e o seu bardo e druída Amergin recita un encantamento coñecido como "Canción de Amergin". Os dous grupos acordan dividir Irlanda entre eles: os gaels ocuparán o mundo exterior mentres que os Tuatha ocuparán o Outro mundo.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Gael" é frecuentemente usado polos falantes de gaélico escocés. "Goidels" foi introducido por John Rhys en Early Britain (1882) como un termo xeral para referirse a tódolos falantes das linguas gaélicas, e empregouse comunmente en estudos célticos. Ver "Goidel". Oxford English Dictionary. 1989. Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2020. Consultado o 29 de novembro de 2011..
- ↑ fidalgosdenaron (2019-02-28). "Celtic Common Law in The Cradle of the Celts of Atlantic Europe. The “Terra de Trasancos” as a paradigm". Narón, Fidalga Cidade. Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2023. Consultado o 2023-01-17.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]----
Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |