iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: https://gl.wikipedia.org/wiki/Francisco_Flores
Francisco Flores - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Francisco Flores

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFrancisco Flores

(2001) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Francisco Guillermo Flores Pérez Editar o valor en Wikidata
17 de outubro de 1959 Editar o valor en Wikidata
Santa Ana, O Salvador (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte30 de xaneiro de 2016 Editar o valor en Wikidata (56 anos)
San Salvador, O Salvador Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehemorraxia cerebral Editar o valor en Wikidata
42º Presidente do Salvador
1 de xuño de 1999 – 1 de xuño de 2003
← Armando Calderón SolElías Antonio Saca González → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónAmherst College
Universidade Howard (pt) Traducir
University of Hartford (en) Traducir
Universidade Harvard Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoAliança Republicana Nacionalista (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outro
Condenado porapropiación indebida Editar o valor en Wikidata
Premios

Find a Grave: 157653113 Editar o valor en Wikidata

Francisco Guillermo Flores Pérez, nado en Santa Ana o 17 de outubro de 1959 e finado en San Salvador o 30 de xaneiro de 2016, foi un político que foi o presidente do Salvador entre 1999 e 2004.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado no seo dunha acomodada familia mestiza conservadora. Estudou Filosofía no Amsherst College en Massachusetts, Estados Unidos, e ciencias políticas nas universidades británica de Oxford e estadounidense de Harvard. Ademais de estudos de filosofía oriental na India co pensamento propio do hinduísmo, malia isto non deixou a relixión católica.

Ingresou no mundo político despois do asasinato do seu sogro Antonio Rodríguez Porth, o Secretario privado da presidencia no Goberno de Alfredo Cristiani a mans da guerrilla salvadoreña.

Comezou con éxito a súa carreira política no partido ARENA como Ministro de Planificación. Despois como Viceministro da Presidencia, con funcións como Asesor do Xefe de Estado, e dirixiu o Plan de Acción Gobernamental para acordar os Tratados de Paz de xaneiro de 1992 que acabaron coa loita armada entre a Frente Farabundo Martí para a Liberación Nacional (FMLN) e Alianza Republicana Nacionalista do Salvador (ARENA).

Nas eleccións do 20 de marzo de 1994, Flores foi elixido Deputado para a Asemblea LeXislativa e o Presidente dese entón Armando Calderón Sol, elixiuno Secretario de Información para a Presidencia.

Presidencia

[editar | editar a fonte]

O 29 de marzo de 1999 seu partido, a Alianza Republicana Nacionalista (ARENA) anunciou que Flores sería seu demandante para as eleccións de 1999. Con 39 anos de idade (o xefe de Estado máis mozo do Salvador xunto a seu sucesor Elías Antonio Saca González), Flores converteuse en presidente o 1 de xullo de 1999, sendo o terceiro do partido ARENA que conseguiu o cargo de forma consecutiva, sucedendo a súa correlixionário Calderón Sol.

Na súa política económica destacou pola súa fidelidade na aplicación do modelo neoliberal, mudou a moeda de curso legal do país, o colón salvadoreño, polo dólar estadounidense o 2 de xaneiro de 2001, por medio da Lei de Integración Monetaria (promovida polo seu goberno e aprobada pola Asemblea Lexislativa en novembro de 2000), que implicaba o proceso de dolarización de todas as transaccións económicas e financeiras nun prazo de seis meses.

En política internacional o goberno de Flores destacou polo apoio á ocupación do Iraq por parte de Estados Unidos e o envío de tropas salvadoreñas, sendo o país latinoamericano que deu máis apoio político e militar ao goberno estadounidense, tamén foi dos poucos mandatarios que recoñeceu o efémero goberno golpista de Pedro Carmona na Venezuela. Outro membro de seu Partido, Elías Antonio Saca González, substituíulle na presidencia en 2004.

Presidente do Salvador

Segue a:
Armando Calderón Sol
Francisco Flores
Precede a:
Antonio Saca
ARENA