iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: https://gl.wikipedia.org/wiki/Frédéric_Bastiat
Frédéric Bastiat - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Frédéric Bastiat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFrédéric Bastiat

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Claude Frédéric Bastiat Editar o valor en Wikidata
30 de xuño de 1801 Editar o valor en Wikidata
Baiona, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte24 de decembro de 1850 Editar o valor en Wikidata (49 anos)
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortetuberculose Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaIgrexa de San Lois dos Franceses Editar o valor en Wikidata
Q67194597 Traducir
1848 – 1850
← Marie Gustave LarnacAntoine Simon Durrieu (pt) Traducir →
Conselleiro xeral canton of Mugron (en) Traducir
1833 – 1850 – Bernard Domenger (en) Traducir →
Xuíz de paz canton of Mugron (en) Traducir
1831 – 1847
← Dominique Domenger (en) TraducirJean Baptistant (en) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Educaciónabbaye-école de Sorèze (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolítica e economía Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo París Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofo, político, maxistrado, ensaísta, economista, escritor Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Бастиа Фредерик)
Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947)
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1199855 Find a Grave: 28652431 Editar o valor en Wikidata

Claude Frédéric Bastiat, nado en Baiona o 29 de xuño de 1801 e finado en Roma o 24 de decembro de 1850, foi un economista francés, un dos divulgadores do liberalismo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira como economista en 1844. Foi membro da Asemblea Nacional dende 1848. Bastiat pertenceu á escola harmónica de liberais, que consideraban ao Estado como algo inevitable, e tamén deplorou a revolución violenta como medio de obter o poder, aínda así mantíñase reacción a calquera control polo goberno dos individuos e a regulación da industria privada, mostrándose partidario do libre mercado como unha fonte de harmonía económica e consideraba que os argumentos utilitaristas e iusnaturalistas eran aspectos complementarios do mesmo mundo.

A idea de Bastiat que máis influíu na economía foi a explicou coa falacia do vidro roto, e que consiste en que para determinar se unha medida é boa ou mala, hai que mirar as súas consecuencias a longo prazo para toda a poboación, e non só as que teñen lugar a curto prazo para unha parte da poboación. A falacia consiste en pensar que un neno que xogando rompe un vidro dunha tenda realiza unha acción boa para a economía, xa que o dono da tenda terá que gastar diñeiro en substituílo, e dará emprego ao cristaleiro, que cos cartos que reciba dará emprego a outros. Malia iso, esa liña de pensamento non ten en conta que de non se romper o cristal, gastaría os cartos noutra cousa, co que tamén daría emprego a outros, ademais produciría cousas novas e non unha reconstrución de algo que xa existía.

Morreu de tuberculose, seguramente collida durante as súas viaxes por Francia para promover as ideas liberais.