Finding Nemo
Finding Nemo | |
---|---|
Logo do filme | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Finding Nemo |
Director | Andrew Stanton |
Produtor | Graham Walters |
Guión | Andrew Stanton Bob Peterson David Reynolds |
Intérpretes | Albert Brooks Ellen DeGeneres Alexander Gould Willem Dafoe |
Música | Thomas Newman |
Fotografía | Sharon Calahan Jeremy Lasky |
Montaxe | David Ian Salter |
Estudio | Walt Disney Pictures Pixar |
Distribuidora | Buena Vista Pictures |
Estrea | 30 de maio de 2003 |
Duración | 100 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Animación |
Orzamento | $94 000 000 |
Recadación | $936 700 000 |
Filme seguinte | Finding Dory |
Na rede | |
https://www.pixar.com/feature-films/finding-nemo, http://disney.fr/le-monde-de-nemo/ e https://www.findingnemo.com | |
Finding Nemo é un filme estadounidense de animación dixital da compañía Pixar Animation Studios do ano 2003, gañador dun Oscar ó mellor filme de animación entre moitos outros premios. Estreouse nos Estados Unidos o 30 de maio de 2003. O guión baséase nun argumento de Andrew Stanton.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Nemo é un pequeno peixe pallaso, o único fillo que lle quedou a Marlin despois de que unha barracuda atacase a anemone onde vivía e acabase coa súa parella e con case toda a súa prole. A partir deste acontecemento, Marlin encárgase de coidar o seu fillo de forma esaxeradamente protectora, o que dá lugar a que Nemo se rebele e emprenda unha aventura aproveitando unha excursión do colexio. Nemo, no seu afán de amosar a súa valentía e capacidade de desenvolverse a pesar de ter unha aleta atrofiada, é atrapado por un mergullador cunha rede e acaba no acuario dun dentista na cidade de Sidney para ser o agasallo da sobriña do doutor, Dala.
Desde entón o seu pai emprende unha longa procura para dar con pistas que lle leven a recuperar ó fillo. No camiño úneselle un peixe de pouca memoria chamado Dory. Os dous xuntos teñen que enfrontarse a multitude de problemas entre os que se atopan as quenllas vexetarianas, as medusas, unha balea, coa cal falan en "Cetáceo", e as gaivotas. Durante a súa viaxe tamén reciben a axuda doutros personaxes entre os que se atopan as simpáticas tartarugas.
Mentres, Nemo establece unha grande amizade cos peixes que habitan dentro do acuario e xuntos urden un plan para escapar e regresar ó mar.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Albert Brooks como Marlin
- Ellen DeGeneres como Dory
- Alexander Gould como Nemo
- Willem Dafoe como Gill
- Brad Garrett como Bloat
- Allison Janney como Peach
- Austin Pendleton como Gurgle
- Stephen Root como Bubbles
- Vicki Lewis como Deb
- Joe Ranft como Jacques
- Geoffrey Rush como Nigel
- John Ratzenberger como o Moonfish da escola
- Andrew Stanton como Crush
- Nicholas Bird como Squirt
- Bob Peterson como Mr. Ray
- Barry Humphries como Bruce
- Eric Bana como Anchor
- Bruce Spence como Chum
- Jordy Ranft como Tad
- Erica Beck como Pearl
- Erik Per Sullivan como Sheldon
- Bill Hunter como Dr. Philip Sherman
- LuLu Ebeling como Darla
- Elizabeth Perkins como Coral
- Rove McManus como Cangrexo araña
Secuela
[editar | editar a fonte]En 2016 foi feito outro filme de animación por ordenador continuando a historia de Nemo e Dory, protagonizado polas mesmas voces voces de Ellen DeGeneres e Albert Brooks, titulado Finding Dory. Tamén foi producido por Pixar Animation Studios e distribuído por Walt Disney Pictures, igualmente dirixido e coescrito por Andrew Stanton, codirixido por Angus MacLane[1][2] e coescrito por Victoria Strouse.[3] O filme conta con novos personaxes, coas voces de Diane Keaton e Eugene Levy.[4][5]
Galardóns
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Kit, Borys (7 de xullo de 2012). "Andrew Stanton to Direct Pixar's 'Finding Nemo' Sequel". The Hollywood Reporter. Consultado o 2 de abril de 2013.
- ↑ Farley, Christopher John (2 de abril de 2013). "Ellen DeGeneres to Star in 'Nemo' Sequel 'Finding Dory'". The Wall Street Journal. Consultado o 2 de abril de 2013.
- ↑ Isaac Feldberg (11 de xuño de 2014). We Got This Covered, ed. "Angus MacLane Co-Directing Finding Dory With Andrew Stanton". Consultado o 10 de xullo de 2014.
- ↑ Risley, Matt (2 de abril de 2013). Total Film, ed. "Pixar confirm Finding Nemo sequel". Consultado o 2 de abril de 2013.
- ↑ Zeitchik, Steven (2 de abril de 2013). "Ellen DeGeneres' 'Nemo' sequel, 'Finding Dory,' set for 2015". Los Angeles Times. Consultado o 2 de abril de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Finding Nemo |