Festival de Eurovisión 2006
Festival de Eurovisión 2006 Feel The Rhythm | |
---|---|
Datas | |
Semi-final | 18 de maio |
Final | 20 de maio |
Anfitrión | |
Lugar | Olympic Indoor Hall, Atenas, Grecia |
Presentador(es) | Maria Menounos Sákis Rouvás |
Director | Volker Weicker |
Supervisor executivo | Svante Stockselius |
Produtor executivo | Fotini Yannoulatou |
Televisión anfitrioa | |
Participantes | |
Participantes | 37 |
Países que debutan | Armenia |
Países que retornan | Ningún |
Países que se retiran | Austria Hungría Serbia e Montenegro |
Mapa
| |
Votacións | |
Cero puntos | Ningún |
Canción gañadora | "Hard Rock Hallelujah" |
Festival de Eurovisión | |
◄2005 2007► |
O LI Festival da Canción de Eurovisión tivo lugar no pavillón cuberto Olympic Indoor Hall de Atenas, Grecia, após que a súa representante Helena Paparizou gañara coa canción "My Number One" na edición do 2005 celebrada en Kíiv, Ucraína. A semifinal celebrouse o 18 de maio de 2006 e a final o 20 de maio de 2006. O gañador do certame foi o grupo finlandés Lordi, coa súa canción "Hard Rock Hallelujah", seguidos do ruso Dima Bilan, que dous anos despois gañou o certame. Dase a circunstancia de que Lordi obtivo 292 puntos, a cifra máis alta obtida por un gañador na historia de Eurovisión nese momento, despois superada por Noruega na edición do 2009. "Hard Rock Hallelujah" converteuse na primeira canción hard rock en gañar o concurso, e ademais resultou ser a primeira vitoria de Finlandia tras 45 anos de participación.
Países participantes
[editar | editar a fonte]Linguas
[editar | editar a fonte]Dos 37 temas participantes, 20 foron interpretados en inglés, mentre que o resto en xeral o fixeron nas súas respectivas linguas oficiais. Bélxica mesturou o inglés co francés, Macedonia mesturou o inglés co macedonio, Moldova o inglés co castelán e Polonia o inglés con frases en polaco, alemán, ruso e castelán. O tema de Mónaco contiña frases en tahitiano, lingua que participaba por primeira ocasión. A entrada holandesa mesturaba o inglés cunha lingua inventada.
Festival
[editar | editar a fonte]Semifinal
[editar | editar a fonte]Nº | País | Intérprete(s) | Canción | Lugar | Puntos |
---|---|---|---|---|---|
01 | Armenia | André | Without Your Love | 6 | 150 |
02 | Bulgaria | Mariana Popova | Let Me Cry | 17 | 36 |
03 | Eslovenia | Anžej Dežan | Mr. Nobody | 16 | 49 |
04 | Andorra | Jenny | Sense Tu | 23 | 8 |
05 | Belarús | Polina Smolova | Mum | 22 | 10 |
06 | Albania | Luiz Ejlli | Zjarr e Ftohtë | 14 | 58 |
07 | Bélxica | Kate Ryan | Je T'adore | 12 | 69 |
08 | Irlanda | Brian Kennedy | Every Song Is a Cry For Love | 9 | 79 |
09 | Chipre | Annet Artani | Why Angels Cry | 15 | 57 |
10 | Mónaco | Séverine Ferrer | La Coco-Dance | 21 | 14 |
11 | Macedonia do Norte | Elena Risteska | Ninanajna | 10 | 76 |
12 | Polonia | Ich Troje con Real McCoy | Follow My Heart | 11 | 70 |
13 | Rusia | Dima Bilán | Never Let You Go | 3 | 217 |
14 | Turquía | Sibel Tüzün | Süper Star | 8 | 91 |
15 | Ucraína | Tina Karol | Show Me Your Love | 7 | 146 |
16 | Finlandia | Lordi | Hard Rock Hallelujah | 1 | 292 |
17 | Países Baixos | Treble | Amambanda | 20 | 22 |
18 | Lituania | LT United | We Are The Winners | 5 | 163 |
19 | Portugal | Nonstop | Coisas De Nada | 19 | 26 |
20 | Suecia | Carola | Invincible | 4 | 214 |
21 | Estonia | Sandra Oxenryd | Through My Window | 18 | 28 |
22 | Bosnia e Hercegovina | Hari Mata Hari | Lejla | 2 | 267 |
23 | Islandia | Silvia Night | Congratulations | 13 | 62 |
Final
[editar | editar a fonte]Nº | País | Intérprete(s) | Canción | Lugar | Puntos |
---|---|---|---|---|---|
01 | Suíza | Six4one | If We All Give a Little | 17 | 30 |
02 | Moldova | Arsenium & Natalia Gordienko | Loca | 20 | 22 |
03 | Israel | Eddie Butler | Together We Are One | 23 | 4 |
04 | Letonia | Cosmos | I Hear Your Heart | 16 | 30 |
05 | Noruega | Christine Guldbrandsen | Alvedansen | 14 | 36 |
06 | España | Las Ketchup | Un Blodymary | 21 | 18 |
07 | Malta | Fabrizio Faniello | I Do | 24 | 1 |
08 | Alemaña | Texas Lightning | No, No, Never | 15 | 36 |
09 | Dinamarca | Sidsel Ben Semmane | Twist Of Love | 18 | 26 |
10 | Rusia | Dima Bilan | Never Let You Go | 2 | 248 |
11 | Macedonia do Norte | Elena Risteska | Ninanajna | 12 | 56 |
12 | Romanía | Mihai Trăistariu | Tornerò | 4 | 172 |
13 | Bosnia e Hercegovina | Hari Mata Hari | Lejla | 3 | 229 |
14 | Lituania | LT United | We Are The Winners | 6 | 162 |
15 | Reino Unido | Daz Sampson | Teenage Life | 19 | 25 |
16 | Grecia | Anna Vissi | Everything | 9 | 128 |
17 | Finlandia | Lordi | Hard Rock Hallelujah | 1 | 292 |
18 | Ucraína | Tina Karol | Show Me Your Love | 7 | 145 |
19 | Francia | Virginie Pouchain | Il Était Temps | 22 | 5 |
20 | Croacia | Severina | Moja Štikla | 13 | 56 |
21 | Irlanda | Brian Kennedy | Every Song Is a Cry For Love | 10 | 93 |
22 | Suecia | Carola | Invincible | 5 | 170 |
23 | Turquía | Sibel Tüzün | Süper Star | 11 | 91 |
24 | Armenia | André | Without Your Love | 8 | 129 |
Fonte:[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Festival de Eurovisión 2006 (www.eurovision-spain.com)". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 20 de maio de 2015.