iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: https://gl.wikipedia.org/wiki/Feng_Bao_1
Feng Bao 1 - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Feng Bao 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Feng Bao 1 (FB-1)
Feng Bao 1
Feng Bao 1
FunciónLanzador espacial lixeiro
país de orixeRepública Popular da China[1]
Tamaño
altura33,0 m[1]
diámetro3,35 m[1]
masa191.700 kg[1]
Etapas2[1]
Carga LEO
masa2500 kg[1]
Lanzamento históricos
EstadoRetirado[1]
SitiosCentro de lanzamento de Jiuquan[1][2]
Total de lanzamentos11[1][2]
exitosos7[1][2]
fallos4[1][2]
Voo inaugural10 de agosto de 1972[1][2]
Último voo19 de setembro de 1981[1][2]
Primeira etapa – FB-1-1[1]
altura20,10 m[1]
diámetro3,35 m[1]
masa baleiro10.000 kg[1]
masa cheo150.400 kg[1]
impulsado por4 YF-20A[1]
potencia máxima3000,0 kN[1]
Impulso específico289 s (258 s a nivel do mar)[1]
propelenteÁcido nítrico/UDMH[1]
Segunda etapa – FB-1-2[1]
altura7,40 m[1]
diámetro3,35 m[1]
masa baleiro3500 kg[1]
masa cheo38.300 kg[1]
potencia máxima761,9 kN[1]
Impulso específico295 s (270 s a nivel do mar)[1]
propelenteÁcido nítrico/UDMH[1]
editar datos en Wikidata ]


Feng Bao 1, en chinés, 风暴 (Zh-fengbào.ogg pronunciación ), significando tormenta, e tamén denominado abreviadamente como FB-1, foi o nome dun modelo foguete chinés que voou durante a década de 1970 e principios dos anos 1980.[1][2]

Características

[editar | editar a fonte]

O FB-1 ten a súa orixe, como o Longa Marcha 2, no mísil balístico intercontinental DF-5. Foi desenvolvido principalmente para lanzar satélites da clase JSSW, que se pensa que eran satélites ou ben de recoñecemento ou ben de desenvolvemento tecnolóxico.[1][2]

Os voos con satélites JSSW terminaron en 1976 debido aos vaivéns políticos na China, que levaron á detención da cúpula política da facción que puxera en marcha o desenvolvemento do FB-1. Houbo algúns voos máis despois de 1976, pero con cargas distintas.[1][2]

Historial de lanzamentos

[editar | editar a fonte]
Voo[1][2] Data[1][2] Rampla de lanzamento[1][2] Carga[1][2] Resultado[1][2] Notas
1 10 de agosto de 1972 Centro de lanzamento de Jiuquan, LC-2/138 N/A Éxito Primeiro voo dun FB-1. Voo de probas, suborbital.
2 18 de setembro de 1973 Centro de lanzamento de Jiuquan, LC-2/138 JSSW 1a Fallo
3 14 de xullo de 1974 Centro de lanzamento de Jiuquan, LC-2/138 JSSW 1b Fallo O foguete perdeu o control durante o lanzamento e foi destruído a distancia.
4 26 de xullo de 1975 Centro de lanzamento de Jiuquan, LC-2/138 JSSW 1 Éxito
5 16 de decembro de 1975 Centro de lanzamento de Jiuquan, LC-2/138 JSSW 2 Éxito
6 30 de agosto de 1976 Centro de lanzamento de Jiuquan, LC-2/138 JSSW 3 Éxito
7 10 de novembro de 1976 Centro de lanzamento de Jiuquan, LC-2/138 JSSW 4 Fallo
8 14 de setembro de 1977 Centro de lanzamento de Jiuquan, LC-2/138 N/A Éxito Voo suborbital.
9 16 de abril de 1978 Centro de lanzamento de Jiuquan, LC-2/138 N/A Éxito Voo suborbital.
10 27 de xullo de 1979 Centro de lanzamento de Jiuquan, LC-2/138 SJ 2, SJ 2A, SJ 2B Fallo Fallo da segunda etapa.
11 19 de setembro de 1981 Centro de lanzamento de Jiuquan, LC-2/138 SJ 2, SJ 2A, SJ 2B Éxito Último voo dun FB-1.
  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 1,17 1,18 1,19 1,20 1,21 1,22 1,23 1,24 1,25 1,26 1,27 1,28 1,29 1,30 1,31 1,32 1,33 1,34 1,35 1,36 1,37 Mark Wade (2011). "FB-1" (en inglés). Consultado o 1 de febreiro de 2013. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 2,13 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "FB-1 (Feng Bao-1)" (en inglés). Consultado o 1 de febreiro de 2013.