Fabian Schär
(2018) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 20 de decembro de 1991 (32 anos) Wil, Suíza (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,86 m | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 85 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 29 de novembro de 2009 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Suíza | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Premier League | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa central | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 5 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2018 | Mundial de Fútbol Rusia 2018 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2016 | Eurocopa de Fútbol Francia 2016 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2014 | Mundial de Fútbol Brasil 2014 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2012 | Xogos Olímpicos de 2012 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Sitio web | fabianschaer.ch | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Fabian Lukas Schär, nado en Wil o 20 de decembro de 1991, é un futbolista suízo. Xoga de defensa central e o seu equipo actual é o Newcastle United. Debutou como futbolista no Wil da súa cidade natal, en cuxa canteira se formou, antes de pasar ao Basel, co que gañou tres Super Ligas suízas consecutivas. Posteriormente xogou dous anos co Hoffenheim na Bundesliga alemá e unha tempada co Deportivo da Coruña na Primeira División española, antes de recalar no Newcastle da Premier League inglesa.
Foi 75 veces internacional coa selección suíza, coa que disputou tres Copas do Mundo e tres Eurocopas.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]FC Will
[editar | editar a fonte]Naceu na vila de Wil, no cantón de Sankt Gallen, o 20 de decembro de 1991. Comezou a xogar ao fútbol no FC Wil, no que ingresou con oito anos, e foi subindo polas diferentes categorías do club ata chegar ao equipo filial. O 29 de novembro de 2009 debutou co primeiro equipo na Challenge League, disputando os instantes finais dun encontro ante o Stade Nyonnais en Nyon.[1] Xogou un segundo partido esa tempada e fíxose coa titularidade nas dúas seguintes, disputando un total de 56 partidos oficiais, nos que marcou 9 goles.
Basel
[editar | editar a fonte]En xullo de 2012 foi traspasado ao FC Basel, co que asinou un contrato por tres anos. Debutou na Super Liga o 29 de setembro, nun empate 1-1 co Lausanne-Sport no Stade Olympique de la Pontaise.[2] Unha semana despois marcou no St. Jakob-Park o seu primeiro gol na máxima categoría, cabeceando á rede da portería do Servette un córner lanzado polo seu compañeiro Fabian Frei.[3]
Rematou a súa primeira campaña en Basilea conquistando o seu primeiro título de liga. Disputou ademais a final da Copa de Suíza contra o Grasshoppers no Stade de Suisse, xogando como titular e anotando o primeiro dos lanzamentos da quenda de penaltis, aínda que finalmente o título foi para o club de Zürich. Na Europa League acadou as semifinais, onde se enfrontou ao Chelsea, vixente campión da Liga de Campións. Schär marcou un gol no partido de ida, pero o equipo de Rafa Benítez acabou vencendo os dous encontros e pasando á final.[4]
Na tempada 2013/14 gañou o seu segundo título de liga e volveu ser finalista de Copa, desta vez ante o Zürich, aínda que non puido xogar a final debido a unha lesión. Durante esa tempada debutou na Liga de Campións, disputando completos os seis partidos da fase de grupos, na que o seu equipo acabou terceiro, por detŕas de Chelsea e Schalke 04. Pasaron así á Europa League, onde acadaron os cuartos de final, sendo finalmente eliminados polo Valencia.
A campaña 2014/15 foi a terceira e última de Schär no Basel, e transcorreu de xeito semellante ás anteriores nas competicións nacionais, conquistando o terceiro título de liga consecutivo e perdendo unha vez máis a final de Copa, diante do FC Sion. Na Liga de Campións Schär volveu xogar completos os seis partidos da fase de grupos, entre eles as vitorias sobre o Liverpool (1-0) e o Ludogorets Razgrad (4-0),[5][6] así como o definitivo empate en Anfield que fixo posible a clasificación do equipo suízo para a seguinte rolda como segundo do grupo B, só por detrás do Real Madrid.[7] Xa en oitavos de final, o equipo dirixido por Paulo Sousa caeu eliminado fronte ao Porto.[8]
Hoffenheim
[editar | editar a fonte]En xuño de 2015 Schär deixou o seu país para xogar por primeira vez no estranxeiro, sendo traspasado por 4 millóns de euros ao Hoffenheim da Bundesliga alemá.[9] Foi titular na maioría de partidos da súa primeira tempada, na que o equipo acabou preto do descenso. Con todo, perdeu protagonismo na seguinte campaña, na que o adestrador Julian Nagelsmann o relegou á suplencia,[10] dándolle entrada ao campo en só sete partidos.
Deportivo da Coruña
[editar | editar a fonte]O 21 de xullo de 2017 anunciouse a súa fichaxe por catro anos polo Deportivo da Coruña.[11] Debutou co equipo de Pepe Mel na Primeira División fronte ao Real Madrid en Riazor e foi titular durante case todos os partidos da primeira volta. Recibiu ofertas de varios clubs no mercado invernal, propostas que rexeitou para continuar na Coruña.[12] Con todo, o seu nivel foi de máis a menos ao longo da tempada, polo que acabou quedando no banco de suplentes en varios partidos na segunda metade da competición.[13] Rematou a tempada cun total de 27 partidos e dous goles entre liga e Copa do Rei, e co descenso a Segunda División, despois de que nin Cristóbal Parralo nin Clarence Seedorf conseguisen endereitar o rumbo do equipo.
Tras o descenso, foi traspasado ó Newcastle United da Premier League inglesa.[14]
Newcastle
[editar | editar a fonte]Debutou co Newcastle na Premier League o 26 de agosto de 2018, nunha derrota por 1-2 ante o Chelsea en St James' Park. Aínda que lle custou entrar nos plans do adestrador Rafa Benítez acabou por facerse coa titularidade e chegou a marcar catro goles de liga na súa primeira tempada, os dous primeiros nun mesmo partido ante o Cardiff.[15] O seu terceiro gol, ante o Burnley cun disparo dende fóra da área, foi elixido mellor gol do mes na Premier League. Disputou un total de 28 partidos durante a súa primeira campaña, cifra que se reduciu lixeiramente durante os seguintes tres anos.
A chegada ao banco de Eddie Howe supuxo un punto de inflexión na traxectoria de Schär, que pasou a ter moito máis peso no equipo.[16] Na tempada 2022/23 foi o líder indiscutible da defensa das "pegas", secundado por Burn, Trippier e Botman.[16] Disputou un total de 41 partidos entre Premier e EFL Cup e anotou un gol. O Newcastle acabou a liga como o equipo menos goleado (empatado a 33 tantos co campión Manchester City) e obtivo a cuarta posición da táboa, clasificándose para a Liga de Campións despois de 20 anos de ausencia.[17]
Na segunda xornada da fase de grupos da Champions, marcou un espectacular gol ante o PSG, sorprendendo cun disparo dende fóra da área ao gardameta Gianluigi Donnarumma para culminar a vitoria inglesa por 4-1.[18]
Selección suíza
[editar | editar a fonte]Categorías inferiores
[editar | editar a fonte]Foi internacional coas seleccións sub-20 e sub-21 de Suíza, e en 2012 foi seleccionado para representar ao seu país nos Xogos Olímpicos de Londres, como parte da selección sub-23. Foi titular nos dous primeiros partidos ante Gabón e Corea do Sur, quedando o seu equipo eliminado na fase de grupos.
Debut coa selección absoluta
[editar | editar a fonte]Debutou coa selección suíza absoluta o 23 de agosto de 2013 da man do seleccionador alemán Ottmar Hitzfeld, nun partido amigable contra o Brasil en St. Jakob-Park. Substituíu a Philippe Senderos no segundo tempo dun encontro que rematou con vitoria suíza por 1-0.[19] No seu segundo partido como internacional conseguiu o seu primeiro gol, marcando o segundo dos catro goles suízos no empate 4-4 ante Islandia no estadio Wankdorf, correspondente á clasificación para a Copa do Mundo.[20] Catro días despois anotou outros dous goles nunha vitoria por 0-2 ante Noruega no Ullevaal Stadion de Oslo.[21]
Mundial de 2014
[editar | editar a fonte]Foi convocado por Hitzfeld para o Mundial de 2014 no Brasil e aínda que quedou no banco nos dous primeiros partidos, foi titular no terceiro, ante Honduras, no que Suíza gañou e certificou o seu pase á seguinte rolda (3-0).[22] Nos oitavos de final ante a Arxentina, Schär disputou os 90 minutos regulamentarios do partido e os 30 da prórroga, conseguindo manter a portería a cero ata que no minuto 118 un gol de Di María deixou fóra á selección helvética.[23]
Eurocopa de 2016
[editar | editar a fonte]Dous anos despois disputou o seu segundo gran torneo de seleccións: a Eurocopa de 2016. Titular en tódolos encontros do equipo suízo na competición, marcou o único gol do primeiro partido ante Albania no Stade Bollaert-Delelis de Lens, cabeceando á rede un córner lanzado por Xherdan Shaqiri.[24] A continuacíon, o equipo adestrado por Vladimir Petković empatou os restantes dous partidos da fase de grupos, ante Francia e Romanía, clasificándose así para a seguinte fase. Nos oitavos de final enfrontouse a Polonia, disputando Schär o encontro completo, incluída a prórroga na que non se conseguiu desfacer o empate a un gol. Na quenda de penaltis anotou o seu lanzamento, pero o erro de Xhaka condenou o conxunto suízo.[25]
Mundial de 2018 e Liga de Nacións 2018/19
[editar | editar a fonte]No Mundial de 2018 integrou a parella titular de defensas centrais xunto a Manuel Akanji, disputando os tres partidos da fase de grupos e logrando a clasificación para os oitavos de final. Con todo, non puido xogar a eliminatoria, debido aos dous cartóns amarelos que recibiu na primeira fase, e tivo que ver desde fóra como o seu equipo era eliminado por Suecia.[26] En xuño de 2019 xogou en Portugal a fase final da Liga de Nacións da UEFA, obtendo o cuarto posto.
Eurocopa de 2020
[editar | editar a fonte]Dous anos despois disputou a Eurocopa de 2020 adiada a 2021 pola pandemia de COVID-19. Nos dous primeiros partidos, fronte a Gales e Francia, foi titular no centro da defensa, franqueado por Akanji e Elvedi, mentres que quedou no banco no terceiro encontro ante Turquía.[27] Nos oitavos de final o equipo volveuse enfrontar a Francia e Schär non saíu ao campo ata o minuto 97, xa na prórroga, na que o marcador se mantivo en empate a tres goles. Na quenda de penaltis, o defensa foi o encargado de tirar o segundo lanzamento, conseguindo anotar, do mesmo xeito que todos os seus compañeiros, o que sumado á parada de Sommer a Mbappé, clasificou a Suíza e deixou fóra á selección favorita.[28] O partido de cuartos de final disputouse en San Petersburgo contra a España de Luis Enrique. Schär volveu saír ao campo na prórroga despois de comezar como suplente, e de novo realizou o segundo lanzamento na quenda de penaltis, sendo esta vez detido por Unai Simón. Os posteriores erros de Akanji e Vargas culminaron a eliminación suíza.[29]
Mundial de 2022
[editar | editar a fonte]En 2022 disputou en Qatar a súa terceira Copa do Mundo, desta vez ás ordes de Murat Yakin. Foi titular no terceiro partido da fase de grupos, a vitoria por 3-2 sobre Serbia, e tamén no encontro de oitavos de final ante Portugal, no que Suíza caeu goleada por 6-1.[30]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "FC Stade Nyonnais - FC Will 1900". Transfermarkt (en inglés). Consultado o 1 de xuño de 2023.
- ↑ "FCB kommt bei Lausanne-Sport nicht über ein 1:1-Remis hinaus" (en alemán). 20 de setembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2013. Consultado o 1 de xuño de 2023.
- ↑ "Der FCB holt gegen Servette den fünften Liga-Sieg, Tor-Premiere für Schär" (en alemán). 7 de outubro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2013. Consultado o 1 de xuño de 2023.
- ↑ Haylett, Trevor (3 de maio de 2013). "Basel take heart after Chelsea defeat". UEFA (en inglés). Consultado o 1 de xuño de 2023.
- ↑ "Streller strikes as Basel see off Liverpool". UEFA (en inglés). 1 de outubro de 2014. Consultado o 2 de xuño de 2023.
- ↑ "Embolo leads Basel to Ludogorets stroll". UEFA (en inglés). 4 de novembro de 2014. Consultado o 2 de xuño de 2023.
- ↑ Taylor, Daniel (9 de decembro de 2014). "Liverpool crash out of Champions League after meek show against Basel". The Guardian (en inglés). Consultado o 2 de xuño de 2023.
- ↑ "Clinical Porto through to the quarter-finals". UEFA (en inglés). 10 de marzo de 2015. Consultado o 2 de xuño de 2023.
- ↑ "Fabian Schär kommt vom FC Basel zur TSG" (en alemán). 4 de xuño de 2015. Consultado o 2 de xuño de 2023.
- ↑ "Nagelsmann kontert Schär-Kritik" (en alemán). 10 de febreiro de 2017. Consultado o 2 de xuño de 2023.
- ↑ "Fabian Schär, novo xogador do Deportivo". Deportivo da Coruña. 21 de xullo de 2017. Consultado o 2 de xuño de 2023.
- ↑ Yordi, Juan (19 de xullo de 2018). "Schär: "Quedarme en el Dépor... ¿por qué no?"". Marca (en castelán). Consultado o 2 de xuño de 2023.
- ↑ "El apagón del '24'" (en castelán). 27 de decembro de 2017. Consultado o 2 de xuño de 2023.
- ↑ "Acordo co Newcastle para o traspaso de Fabian Schär". Deportivo da Coruña. 26 de xullo de 2018. Consultado o 2 de xuño de 2023.
- ↑ "Newcastle lifted themselves out of the relegation zone and leapfrogged Cardiff as they secured a much-needed win over Neil Warnock's side.". BBC (en inglés). 19 de xaneiro de 2019. Consultado o 2 de xuño de 2023.
- ↑ 16,0 16,1 Rubio, Alberto (7 de abril de 2023). "Schär, el ex del Deportivo que lidera la defensa menos goleada de la Premier". Marca (en castelán). Consultado o 2 de xuño de 2023.
- ↑ "For the first time in 20 years, Newcastle United will play in the Champions League". CNN (en inglés). 23 de maio de 2023. Consultado o 2 de xuño de 2023.
- ↑ "El golazo del exdeportivista Fabian Schär para culminar la paliza del Newcastle al PSG (VÍDEO)" (en castelán). 5 de outubro de 2023. Consultado o 9 de novembro de 2023.
- ↑ "Suíza - Brasil 2013". Transfermarkt (en inglés). Consultado o 2 de xuño de 2023.
- ↑ "Suíza - Islandia 2013". Transfermarkt (en inglés). Consultado o 2 de xuño de 2023.
- ↑ "Noruega - Suíza 2013". Transfermarkt (en inglés). Consultado o 2 de xuño de 2023.
- ↑ "Suiza derrota a Honduras y pasa a octavos del Mundial 2014". La Vanguardia (en castelán). 25 de xuño de 2014. Consultado o 2 de xuño de 2023.
- ↑ "Messi y Di María rescatan a Argentina ante Suiza" (en castelán). 1 de xullo de 2014. Consultado o 2 de xuño de 2023.
- ↑ "Switzerland hold on against ten-man Albania in EURO 2016 Group A". UEFA (en inglés). 11 de xuño de 2016. Consultado o 2 de xuño de 2023.
- ↑ Matilla, Alfredo (25 de xuño de 2016). "Fabianski frena a Suiza y Xhaka da gloria a Polonia de penalti". As (en castelán). Consultado o 2 de xuño de 2023.
- ↑ "Suíza, sen o sancionado Schär, cae en oitavos e deixa o Mundial sen deportivistas". Deportivo da Coruña. 3 de xullo de 2018. Consultado o 2 de xuño de 2023.
- ↑ "Shaqiri apunta a Suiza en la lista de espera". Marca (en castelán). 20 de xuño de 2021. Consultado o 2 de xuño de 2023.
- ↑ Ortega, Albert (28 de xuño de 2021). "Mbappé falla el penalti decisivo en la tanda y Suiza elimina a la campeona del mundo (3-3)" (en castelán). Consultado o 2 de xuño de 2023.
- ↑ Pineda, Rafael (2 de xulllo de 2021). "España vence a Suiza en los penaltis y pasa a semifinales de la Eurocopa". El País (en castelán). Consultado o 2 de xuño de 2023.
- ↑ "Portugal - Suíza 2022". FIFA (en inglés). Consultado o 2 de xuño de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador no sitio web do Newcastle (en inglés).
- Nados en 1991
- Nados no cantón de Sankt Gallen
- Futbolistas olímpicos de Suíza
- Defensas de fútbol
- Xogadores do FC Wil
- Xogadores do FC Basel
- Xogadores do TSG 1899 Hoffenheim
- Xogadores do Deportivo da Coruña
- Xogadores do Newcastle United FC
- Xogadores da selección de fútbol de Suíza
- Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 2012
- Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014
- Xogadores do Mundial de Fútbol de 2018
- Xogadores do Mundial de Fútbol de 2022
- Xogadores da Eurocopa de Fútbol de 2024