iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: https://gl.wikipedia.org/wiki/Explorer_50
Explorer 50 - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Explorer 50

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Explorer 50 / IMP-J / IMP-8
Explorer 50 sendo revisado antes do lanzamento.
TipoCientífico
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento26 de outubro de 1973, 2:26 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorDelta 1604[2][5]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Cabo Cañaveral[2][6]
Obxectivo da misiónEstudo do medio interplanetario.[2][6]
NSSDC ID1973-078A
Masa371,0 kg[5]
DimensiónsPoliedro de 16 caras, altura de 157,4 cm e diámetro de 135,6 cm.
Potencia150 vatios[2]

Explorer 50, tamén coñecido como IMP-J ou IMP-8 (acrónimo de Interplanetary Monitoring Platform J ou 8), foi un satélite artificial da NASA lanzado o 26 de outubro de 1973 mediante un foguete Delta 1604 desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral.[2][5][6][7]

Características

[editar | editar a fonte]

Explorer 50 foi o último da serie de satélites IMP. A súa misión foi estudar o plasma interplanetario, as partículas enerxéticas cargadas e os campos magnéticos interplanetarios. A nave tiña forma de poliedro de 16 caras, cunha altura de 157,4 cm e un diámetro de 135,6 cm. A nave estabilizábazase mediante xiro, a 23 r.p.m., co eixo de xiro perpendicular ó plano da eclíptica. A alimentación eléctrica era proporcionada por células solares que recubrían a superficie do satélite e que alimentaban unha serie de baterías, producindo ata 150 vatios de potencia. O satélite transmitía datos a unha velocidade de 1600 bps.[2][5][6]

Explorer 50 foi inxectado nunha órbita inicial de 288.857 km de apoxeo e 141.184 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 28,7 graos e un período de 17.279,1 minutos. Foi o satélite da serie IMP máis lonxevo, devolvendo datos ata o 7 de outubro de 2006.[1][3][6]

  1. 1,0 1,1 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "EXPLORER 50 (IMP-8)" (en inglés). Consultado o 27 de abril de 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (27 de marzo de 2013). "IMP-H" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2013. Consultado o 27 de abril de 2013. 
  3. 3,0 3,1 "Letter dated 12 February 1974 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (74-04617): 2. 20 de febreiro de 1974. Consultado o 5 de marzo de 2021. 
  4. Claude Lafleur (2010). "Explorer 50 / IMP 8" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2012. Consultado o 27 de abril de 2013. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2013). Gunter's Space Page, ed. "Explorer: IMP H, I, J" (en inglés). Consultado o 27 de abril de 2013. [Ligazón morta]
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2011). "IMP" (en inglés). Consultado o 27 de abril de 2013. 
  7. "Explorer 50 Rockets Into Orbit". Daytona Beach Morning Journal: 9B. 26 de outubro de 1973. Consultado o 27 de abril de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]