iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: https://gl.wikipedia.org/wiki/Euskaltel-Euskadi
Euskaltel-Euskadi - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Euskaltel-Euskadi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Euskaltel-Euskadi (oficialmente Fundación Ciclista Euskadi - Euskadiko Txirrindularitza Iraskundea), é un equipo ciclista profesional español que participa no UCI ProTour. A día de hoxe, é o equipo que máis anos leva nas estradas a nivel mundial, xunto con outros como Lampre ou T-Mobile. Tamén participa nalgunhas carreiras do Circuíto Continental. O seu código de equipo da UCI é EUS.

O director xeral do equipo desde a súa fundación é Miguel Madariaga, actualmente axudado polo secretario técnico Igor González de Galdeano. Os directores do equipo son Jon Odriozola, Gorka Gerrikagoitia e Xabier Carbayeda.

Os seus principais patrocinadores son a empresa vasca de telecomunicacións Euskaltel e o Goberno Vasco baixo a marca Euskadi, patrocinando ó País Vasco.

Historia do equipo

[editar | editar a fonte]

Fundouse o 17 de xuño de 1993 baixo o nome de Fundación ciclista de Euskadi coa intención de fomentar, promocionar e divulgar o ciclismo e a canteira vasca, co apoio institucional do Goberno Vasco. Actualmente ten o patrocinio da empresa de telecomunicacións Euskaltel, empresa coa que seguirá ata finais do 2010. O equipo Orbea fai ás veces de filial, tendo un pacto de colaboración e de formación de corredores, que foi renovado a finais de 2006 e vixente ata 2008.

Entre os ciclistas que forman ou formaron parte do seu cadro de corredores están algúns tan importantes como Igor González de Galdeano, Joseba Beloki, Iban Mayo, Aitor González, Roberto Laiseka (retirado da actividade deportiva por culpa dunha inoportuna lesión no xeonllo, froito dunha caída no Giro de Italia de 2006), Haimar Zubeldia ou Samuel Sánchez (estes dous últimos actualmente no equipo).

En 2006 logrou un total de 11 vitorias, destacando as logradas na Vuelta a España por Igor Antón e Samuel Sánchez, ademais das vitorias ProTour na Dauphiné Libéré de Iban Mayo, no GP de Zurich de Samuel Sánchez, e tamén as 2 etapas na Volta ó País Vasco do propio Samuel Sánchez. Tamén destaca a vitoria de David Herrero nunha etapa da Euskal Bizikleta.

Vitorias en 2007

[editar | editar a fonte]

UCI ProTour

Datas Carreiras Gañador
20 de marzo 7ª etapa da Tirreno-Adriático Koldo Fernández
14 de abril 6ª etapa da Volta ó País Vasco Samuel Sánchez (CRI)
5 de maio 4ª etapa do Tour de Romandía Igor Antón
27 de maio 7ª etapa da Volta a Catalunya Samuel Sánchez

Circuíto Continental

Datas Carreiras Gañador
15 de febreiro Trofeo Palmanova (Challenge a Mallorca) Unai Etxebarria

Cadro de xogadores en 2007

[editar | editar a fonte]
Nome Nacemento Nacionalidade Equipo 2006
Igor Antón 02.03.1983 España España Euskaltel-Euskadi
Mikel Astarloza 17.11.1979 España España Ag2r Prévoyance
Unai Etxebarria 21.11.1972 Venezuela Euskaltel-Euskadi
Aitor Galdós 08.11.1979 España España Ceramica Panaria
Dionisio Galparsoro 13.08.1978 España España Kaiku
Aitor Hernández 24.01.1982 España España Euskaltel-Euskadi
Iñaki Isasi 20.04.1977 España España Euskaltel-Euskadi
Andoni Lafuente 06.09.1985 España España (debuta como profesional)
Iñigo Landaluze 09.05.1977 España España Euskaltel-Euskadi
Iban Mayo 30.09.1981 España España Euskaltel-Euskadi
Rubén Pérez 30.10.1981 España España Euskaltel-Euskadi
Samuel Sánchez 05.02.1978 España España Euskaltel-Euskadi
Amets Txurruka 10.11.1982 España España Barloworld
Unai Uribarri 28.02.1984 España España Euskaltel-Euskadi
Gorka Verdugo 04.11.1978 España España Euskaltel-Euskadi
Haimar Zubeldia 01.04.1977 España España Euskaltel-Euskadi

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]