iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: https://gl.wikipedia.org/wiki/Especie_vulnerable
Especie vulnerable - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Especie vulnerable

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A categoría "Vulnerable" na versión 3.1 de 2008 da Lista Vermella da UICN.

Unha especie vulnerable (abreviado oficialmente como VU) é aquela que, tras ser avaliada pola UICN, é clasificada nesa categoría da lista vermella xa que se determina que presenta unha alta probabilidade de converterse en "especie en perigo de extinción".[1]

Entre os criterios polos cales un taxon pode chegar a se integrar nesta categoría é atoparse nunha importante redución de poboación ou por mor dunha fragmentación ou diminución na distribución natural da especie.

A categoría "Vulnerable" na versión 2.3 de 1994 da Lista Vermella da UICN.

A categoría inclúe tamén algunhas especies que en anteriores revisións da lista vermella integraban a categoría "dependente de conservación". Na versión 2008 da lista, inclúense 4.309 taxons de animais[2] e 4.602 de plantas[3] na categoría "vulnerable".

  1. UICN 2001. Categorías e Criterios da Lista Vermella da UICN: Versión 3.1. Comisión de Supervivencia de Especies da UICN. UICN, Gland, Suíza e Cambridge, Reino Unido. ii + 33 pp. Dispoñible na páxina oficial da UICN.
  2. UICN. 2008 Red List, Table 3a: Status category summary by major taxonomic group (animals) (PDF) (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de marzo de 2009. Consultado o 05 de novembro de 2018. 
  3. UICN. 2008 Red List, Table 3b: Status category summary by major taxonomic group (plants) (PDF) (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de marzo de 2009. Consultado o 05 de novembro de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]