iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: https://gl.wikipedia.org/wiki/Escudo_do_Reino_Unido
Escudo do Reino Unido - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Escudo do Reino Unido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escudo do Reino Undio

O Escudo Real do Reino Unido (en inglés Royal Coat of Arms of the United Kingdom). É o escudo de armas do monarca británico, actualmente Carlos III. Tamén é empregado como o brasón do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte.

Composición

[editar | editar a fonte]

Este escudo é un acuartelado, dividido en catro cuarteis:

  • No primeiro e cUarto cuartel figuran os elementos do escudo de Inglaterra: Sobre un fondo vermello (de goles) tres leóns leopardados, denominación que recibe o león pasante, apoiado sobre tres patas, que ten a súa cabeza de fronte. Estes leóns son de cor amarela ou dourada (de ouro).
  • No segundo o escudo de Escocia: Sobre fondo amarelo (de ouro) figura un león rampante, erguido e apoiado sobre unha das súas patas, de cor vermella (de goles) e situado dentro dun trechor[1], da mesma cor que o león.
  • No terceiro atópase o escudo que simboliza a Irlanda, xa que a zona superior da illa mantívose baixo soberanía británica, recoñecendo como xefe do Estado ó monarca británico: Sobre fondo azul (de azur) un arpa amarela (de ouro). O escudo da República de Irlanda conta cos mesmos elementos.

Os catro cuarteis aparecen rodeados pola insignia da Orde da Xarreteira na que figura o seu propio lema: "Honi soit qui mal y pense" (en francés antigo: "Maldito sexa o malpensado"). En heráldica, as dúas figuras que sosteñen o escudo denomínanse tenantes ou soportes. Por Inglaterra figura un león rampante coroado de ouro, na posición máis próxima ó primeiro cuartel, que está ocupado polo seu brasón. No outro lado, xunto ó brasón escocés, figura un unicornio branco, coroado e encadeado. A figura do unicornio foi empregada como soporte do escudo dos monarcas escoceses.

As armas reais aparecen timbradas cun helmo adornado cun lambrequín de cor amarela, por un lado, e de armiño polo outro. O helmo está situado baixo a coroa real inglesa coñecida como a Coroa dos Tudor que é a que usan os reis británicos salvo en Escocia. Sobre a coroa esta colocada a cimeira, un adorno que se situaba sobre o casco, outro león máis pequeno coroado de ouro.

Na parte inferior, sobre un montículo e cor verde, aparecen colocados os emblemas vexetais de Inglaterra (unha rosa heráldica), Escocia (unha flor de cardo) e Irlanda (un trevo). Nunha cinta de cor azul está escrito o lema do Reino Unido: "Dieu et mon droit" (en francés: "Deus e o meu dereito").

Ata o reinado de Xurxo III figurou tamén o brasón dos reis de Francia. O trono francés foi reclamado polos reis de Inglaterra durante a Idade Media. Logo da desaparición do cuartel francés incorporouse o dos monarcas de Hannover. Estes últimos foron eliminados durante o reinado da raíña Vitoria.

Armas reais empregadas en Escocia.

Versión escocesa

[editar | editar a fonte]

En Escocia, o monarca británico utiliza un escudo de armas con algunhas modificacións. Aparecen os mesmos cuarteis pero alterase a súa orde para dar preferencia ó escocés que aparece desta forma no primeiro e no carto. A xarreteira é substituída polo colar da Orde escocesa do Cardo e os tenantes ou soportes son os mesmos pero o unicornio escocés, portando a coroa real escocesa, tamén pasa a ocupar o lugar preferente. Tanto o unicornio coma o león suxeitan os estandartes escocés e inglés.

A coroa de San Eduardo tamén é substituída pola que usaron os antigos monarcas escoceses e sobre ela sitúase a súa cimeira, un león coroado de goles que sostén unha espada e un cetro.

Ó pé, tamén fóra do escudo, só aparece a flor do cardo e unha cinta co lema escocés: "Nemo me impune lacessit" ("Ninguén me ofende impunemente").

Evolución histórica

[editar | editar a fonte]

O escudo actual é unha combinación dos escudos dos reinos que forman o Reino Unido. Na táboa aparecen os escudos desde Henrique II de Inglaterra e Guillerme I de Escocia.

Reino de Inglaterra Reino de Escocia
Armas Datas Detalles
1154 - 1189 O primeiro escudo de armas inglés coñecido, mostra un león rampante sobre un fondo vermello. Correspondese as armas do rei Henrique II de Inglaterra.
1189 - 1198 Armas de Ricardo I de Inglaterra.
1198 - 1340 Armas finais de Ricardo I de Inglaterra.
1340 - 1367 Eduardo III de Inglaterra uniu as súas armas coas da coroa de Francia, incorporando asía as flores de lis.
1367 - 1399 Ricardo II de Inglaterra incorporou o selo de Eduardo o Confesor.
1399 - 1422 Henrique IV de Inglaterra, actualizou as armas francesas a versión moderna de tres flores de lis sobre un campo azul.
1422 - 1461 Henrique VI de Inglaterra incorporou as armas francesas e inglesas. [1]
1461 - 1470 Eduardo IV de Inglaterra restableceu o escudo de Henrique IV.
1470 - 1471 Henrique VI de Inglaterra restauración como rei e do escudo da primeira época.
1471 - 1509 Eduardo IV de Inglaterra volveu a restaurar as armas antigas cando volveu ó trono.
1509 - 1554 Desde 1509, co rei Henrique VIII, consolidaronse como adornos exteriores do escudo as figuras dun león e dun dragón, como soportes; a liga (emblema) da Orde da Xarreteira; o lema en francés «Dieu et Mon Droit» («Deus e Nostro Dereito») que adoptou Henrique V a principios do século XV. Aínda que Henrique VIII adoptou o título de "Rei de Irlanda" no se incorporaron ás armas reais as irlandesas.[2]
1554 - 1558 María I de Inglaterra incorporou as armas do seu esposo. Filipe II (Filipe I en Inglaterra).[3] Esta raíña utilizou como lema «Veritas temporis filia» («A verdade é filla do tempo»).[2]
1558 - 1603 Isabel I de Inglaterra volveu á versión anterior a María I. Pero utilizou o lema «Semper eadem» («Sempre o mesmo/a mesma»).[2][4]
Armas Datas Detalles
século XII - 1558 Un león vermello, rampante, sobre un fondo amarelo cun trechor real dobre. Empregado por Guillerme II de Escocia.
1565 - 1603 Xacobe I de Inglaterra foi o último rei escocés en usar as armas, ata a Unión das Coroas en 1603.
A Unión de Coroas unificou Inglaterra, Escocia e Irlanda baixo un so rei
Arms Dates Details
1603 - 1649 Xacobe I de Inglaterra uniu o trono inglés e irlandés no 1603, e logo co de Escocia. Incorporando os elementos destes reinos ó escudo.
1649 - 1660 Protectorado Inglés
1660 - 1689 Carlos II de Inglaterra restaurou as armas reais. Na versión escocesa engadíuse unha banda co lema Nemo me impune lacessit.
1689 - 1694 Xacobe II de Inglaterra foi deposto por María II de Inglaterra e Guillerme de Orange. Os novos reis incorporaron as armas da casa de Orange-Nassau.
1694 - 1702 Logo da morte de María II, Guillerme III gobernou usando as súas armas persoais. Nos adornos exteriores este monarca substituíu o lema «Dieu et mon droit» polo da súa liñaxe «Je Maintiendrai» («Mantendré»)
1702 - 1707 Ana I de Gran Bretaña herdou o trono ó morrer Guillerme III, e as armas reais volveron á versión de 1603. Esta raíña introduciu no seu escudo de armas o lema «Semper eadem» que xa fora empregado por Isabel I de Inglaterra.
1707 - 1714 A Acta de Unión de 1707 creou o Reino de Gran Bretaña. As armas de Inglaterra e Escocia, Francia e Irlanda seguiron no escudo.
1714 - 1801 Xurxo I de Gran Bretaña herdou o trono ó morrer a raíña Ana. Incorporou as armas de Hannover.
1801 - 1837 A Acta de Unión de 1801 unificou os reinos de Reino de Gran Bretaña e Reino de Irlanda, creándose o Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda. Xurxo III do Reino Unido, eliminou as armas francesas.
1837 - 1952 Desde 1837, cando accedeu ao trono a raíña Vitoria, no escudo do Reino Unido figuran as armas de Inglaterra, Escocia e Irlanda. Ata 1952 nas armas reais utilizouse unha representación heráldica da coroa real cuns diademas máis achatados coñecida como a Coroa dos Tudor, sobre non só o helmo pero tamén sobre as cabezas do león cimeira e do león soporte.
1952 - 2022 A raíña Isabel II utilizou a Coroa de San Eduardo.
2022 - actualidade Carlos III herdou o trono ó morrer a raíña Isabel II, e restaurou a Coroa dos Tudor nas armas reais.

Versións do Goberno

[editar | editar a fonte]
Versión empregada polo Goberno británico.
Variante da Oficina para Escocia.

O goberno británico utiliza unha versión simplificada das armas reais na que non aparece o helmo. Esta versión non foi definida oficialmente como escudo nacional, pero aparece nos pasaportes e nas bandeiras das embaixadas do Reino Unido.

A Oficina para Escocia, un organismo dependente do Ministerio de Xustiza do Reino Unido responsable das competencias non transferidas polo Goberno Británico ó Executivo Autónomo da Rexión e das relacións entre ambos, emprega unha variante das armas reales utilizadas en Escocia sen o helmo nin os estandartes dos soportes.

  1. Un trechor é o nome que recibe unha cinta estreita, dobre e decorada con flores
  2. 2,0 2,1 2,2 Burke, John; Burke, John Bernard. General Armory of England, Scotland and Ireland. Londres: Henry G. Bohn, 1844, p. 58
  3. Francisco Olmos, José María de. Las primeras acuñaciones del príncipe Felipe de España (1554-1556): Soberano de Milán Nápoles e Inglaterra, p.162 (nota 14) Arquivado 10 de outubro de 2012 en Wayback Machine..
  4. Heather, Thomas. Armas reales de Isabel I. Elizabeth I Arquivado 26 de xuño de 2010 en Wayback Machine. (en inglés). Consultado el 31/07 de 2010.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]