iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: https://gl.wikipedia.org/wiki/Eridu
Eridu - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Eridu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaEridu

Localización
Mapa
 30°48′57″N 45°59′45″L / 30.8158, 45.9958
EstadoIraq
ProvinciasDhi Qar (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación5.000 (hai 100.000 anos) Editar o valor en Wikidata (15.151,52 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie33 ha Editar o valor en Wikidata
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
Data2016 (40ª Sesión)
Identificador1481-007

Eridu foi unha antiga cidade sumeria, a 11 km dirección suroeste de Ur. Eridu foi a máis meridional do conglomerado de cidades que creceu ao redor dos templos, case a vista doutra, en Sumeria, ao sur de Mesopotamia. Foi fundada probablemente cerca do Golfo Pérsico preto da desembocadura do río Éufrates, pero coa acumulación do sedimento sobre as beiras durante os milenios, os restos da cidade están agora lonxe do golfo en Abu Shahrain en Iraq. Está considerada unha das cidades máis antigas de Mesopotamia e a primeira cidade prediluviniana.

Investigacións arqueolóxicas foron levadas a cabo nos anos 40. Parece que o asentamento máis antigo foi ao redor do 5000 a. C. Segundo Oppenheim, "Finalmente o sur enteiro decaeu ao estancamento, abandonando a iniciativa política aos gobernantes das cidades do norte.” e a cidade foi abandonada no 600 a. C.

Na Lista de reis sumerios, Eridu é nomeada como a cidade do primeiro rei: Despois do reinado vindo do ceo, o reinado tivo lugar en Eridug. En Eridug, Alulim chegou a ser rei; gobernou durante 28 800 anos. Alaljar gobernou durante 36 000 anos. Dous reis; gobernaron durante 64 800 anos. Entón Eridug caeu e o reinado foi dado a Bad-tibira. A lista de reis dá gobernos particularmente longos (imposibles) aos reis que viñeron antes do diluvio.

Eridu nunca foi unha gran cidade a pesar de que os sumerios pensaban que era a máis antiga e fixeron dela a morada dun ss seus principais deuses: Enki, señor das augas e das técnicas. O xacemento preséntase na actualidade como un conxunto de outeiros (tell) que rodean os restos dun cigurat mal conservado construído por Amar-Sîn (2046-2038 a. C.) terceiro rei de Ur III. Baixo un dos ángulos do cigurat os arqueólogos Fuad safar e Seton lloyd exhumaron ata dezasete niveis de templos superpostos, no seu nivel máis baixo (ocupado por un templo dunha soa cámara con nicho e alatar) atopouse cerámica típica de Eridu, que presentaba afinidades coa cerámica transicional post-Samarra descuberta en Choga Mami. As escavacións iraquianoinglesas en Eridu de 1946-1949 descubriron que a parte meridional de Iraq estiveron habitadas dende, cando menos, o 5000 a. C. e que foi alí onde se orixinou a cultura de El Ubaid.

Adapa, gardián de Eridu, foi un exorcista, con poderes extraordinarios para combater os demos que atormentaban a imaxinación mesopotámica. Atopou o seu lugar entre os "apkallu" os sete famosos sabios. Era un mortal de liñaxe divina, como moitos heroes gregos que se mantiñan entre o limiar dos dous mundos. Cando rompeu as ás do Vento do Sur que envorcaran a súa embarcación de pesca, Adapa foi chamado ante Anu. Ea, o seu deus patrón, advertiulle que non tomase comida ou bebida mentres estivese no ceo, e así enganou Adapa a inmortalidade que fose súa.

Na corte de Asiria, médicos especiais formáronse no antigo saber de Eridu, lonxe no sur, previron o curso da enfermidade a partir dos signos no corpo do paciente, signos que non debemos precipitarnos a relacionar cos "síntomas" na nosa perspectiva contemporánea, e ofreceron os feitizos e recursos máxicos apropiados.

Na mitoloxía sumeria Eridu foi a casa do deus Enki, o homólogo sumerio do deus da auga Ea. Como todos os deuses sumerios e babilónicos, Enki/Ea comezou como un deus local, quen veu compartir, segundo a cosmoloxía posterior, xunto con Anu e Enlil, o goberno do cosmos. O seu reino foron as augas que rodearon o mundo e permanecían debaixo del.