iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: https://gl.wikipedia.org/wiki/Enxeñaría_física
Enxeñaría física - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Enxeñaría física

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A enxeñaría física é a rama da enxeñaría que procura asimilar e adaptar tecnoloxías novas e existentes a procesos industriais. Está orientada a xerar, a través da investigación aplicada, o desenvolvemento de tecnoloxías alternativas para usos industriais, mediante a formulación teórica abstracta dos fenómenos físicos que involucran un proxecto.

Esta enxeñaría estuda todos os fenómenos naturais, pero á súa vez procura levar á práctica, de xeito dinámico, todos os seus conceptos teóricos e experimentais. Unha característica fundamental do enxeñeiro físico é a súa capacidade de deseño, disciplina e innovación, o que lle permite dispor dos seus coñecementos fisicomatemáticos en proxectos que involucran ramas diversas da física clásica e moderna, adaptándoas a fins prácticos, o que lle outorga unha vantaxe sobre as demais enxeñarías nas que o enxeñeiro adquire unha certa especialización.[1]

Obras de enxeñaría con propósitos físicos. Detector de muóns, experimento do LHC.

O enxeñeiro físico está preparado para traballar á fronte do desenvolvemento tecnolóxico. Esta especialidade, en xeral, pode caracterizarse polas aplicacións de procedementos físicos multidisciplinares e adoito especializados a problemas técnicos da máis variada índole. Como conclusión, o enxeñeiro físico xoga un papel fundamental no avance tecnolóxico.

A enxeñaría física apareceu por primeira vez en 1924 nos Estados Unidos como parte do Plan de Richard, que procuraba fortalecer as áreas científicas necesarias en todas as ramas da enxeñaría.[2][3] Hoxe en día, o programa ofrécese tamén noutros países, tales como Canadá, Inglaterra, Portugal, Rusia, Xapón, Bélxica, Brasil, Suecia, España, Colombia, México, Cuba, Perú e Chile.[4]

Formación

[editar | editar a fonte]

A enxeñaría e a tecnoloxía son de vital importancia para a consecución da redución da pobreza. O enxeñeiro debe ser o autor da construción de capacidades de innovación e desenvolvemento tecnolóxico que o conduza a desenvolver permanentemente novos produtos, procesos e servizos para suplir as necesidades que o mercado demanda. Nos procesos de innovación participan diversos actores; o sector empresarial debe ser protagonista directo na actividade innovadora, pero tamén é importante o papel do sector universitario, xa que a través da cooperación entre a universidade e a empresa é como se revaloriza a interacción entre a ciencia, a tecnoloxía e a produción.

Algunhas aplicacións na industria

[editar | editar a fonte]
Tren de levitación magnética Maglev, que une o centro de Xangai co aeroporto.

Para a transmisión de enerxía pódense deseñar cables fabricados con materiais supercondutores que poden ter unha corrente eléctrica maior que os cables convencionais cun mínimo de perda.

Nalgúns países desenvolvéronse trens de levitación magnética. Estes trens son rápidos e cómodos comparados cos actuais sistemas de transporte de masas, e alcanzan velocidades moi altas, malia ser moi elevado, hoxe en día, o custo enerxético.

Enxeñeiros enfocados cara á área biolóxica poden utilizar as técnicas físicas para descifraren a estrutura das proteínas, información moi importante para entender os procesos biolóxicos e desenvolver novos medicamentos que permitirán tratar algunhas doenzas.

O estudo da turbulencia é un factor dominante que determina o funcionamento de todos os sistemas de fluídos de longos oleodutos, de sistemas de inxección de carburantes e dos modelos para a predición do tempo global. As melloras terán rendibilidade na redución de perdas de enerxía en transporte e na mellora da eficiencia de motores, así como no afondamento na comprensión do comportamento global do clima.

Ámbito laboral

[editar | editar a fonte]
Estudante de enxeñaría física estudando un láser de colorante.

Algunhas das áreas nas que se pode inserir un enxeñeiro físico son:[5][6][7][8][9][10][11]

Universidades

[editar | editar a fonte]
Laboratorio de física da Universidade de Santiago de Chile.

A enxeñaría física pódese estudar nos niveis de pregrao, grao e mestrado. A seguir, amósase unha listaxe coas institucións universitarias que ofrecen esta carreira.

  1. "Engineering Physics - Your Career Prospects". Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2009. Consultado o 16 de xaneiro de 2010. 
  2. Willard Ross Yates (1992). Lehigh University: A History of Education in Engineering, Business, and the Human Condition. Bethlehem [Pa.] : Lehigh University Press ; London ; Cranbury, NJ : Associated University Presses. p. 334. 0934223173 9780934223171. 
  3. "Program in Engineering Physics - general information". Arquivado dende o orixinal o 23 de agosto de 2010. Consultado o 16 de xaneiro de 2010. 
  4. "Justificación". Arquivado dende o orixinal o 21 de novembro de 2008. Consultado o 19 de setembro de 2009. 
  5. "Campos de desarrollo y demanda profesional". Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2007. Consultado o 15 de xaneiro de 2010. 
  6. "perfil ocupacional". Consultado o 15 de xaneiro de 2010. 
  7. "Campo de Acción". Consultado o 15 de xaneiro de 2010. 
  8. "Campo ocupacional". Arquivado dende o orixinal o 07 de novembro de 2012. Consultado o 15 de xaneiro de 2010. 
  9. "Campo ocupacional". Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2009. Consultado o 15 de xaneiro de 2010. 
  10. "Academic Advising in the College of Arts & Science - Miami University". Consultado o 16 de xaneiro de 2010. 
  11. "ENGINEERING PHYSICS MAJORS". Arquivado dende o orixinal o 20 de xuño de 2010. Consultado o 16 de xaneiro de 2010. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]