iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: https://gl.wikipedia.org/wiki/Domingo_Sanguento_(1905)
Domingo Sanguento (1905) - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Domingo Sanguento (1905)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Os membros da Garda disparando aos manifestantes.

O Domingo Sanguento ou Domingo Vermello foi unha matanza realizada pola Garda Imperial rusa contra manifestantes pacíficos, conducidos polo pai Gapón. Sucedeu en San Petersburgo o 22 de xaneiro de 1905 (9 de xaneiro segundo o calendario xuliano entón vixente en Rusia), día no que 200 000 traballadores se reuniron ás portas do Palacio de Inverno, residencia do tsar Nicolao II.

Os obreiros, organizados polo padre Gapón, procuraban demandar directamente ao tsar un salario máis alto e mellores condicións laborais, tras o fracaso de numerosas folgas feitas a finais do ano 1904. Os manifestantes levaban ese día iconas relixiosas, ademais de retratos do tsar, para demostrar que as súas intencións eran pacíficas.

O tsar Nicolao II non se atopaba no palacio neses momentos xa que fora a pasar a fin de semana a Tsarskoe Selo[1], pero o seu tío, o gran duque Vladimir Aleksandrovich, ordenou abrir fogo contra a multitude; en total estímase que morreron uns 200 manifestantes e 800 quedaron feridos[2], entre eles mulleres e nenos. A noticia da matanza non tardou en expandirse por todo o país e isto causou que moitos campesiños se sublevasen en zonas rurais, que houbese numerosas folgas en diferentes cidades e motíns nas Forzas armadas que se estenderon durante un ano.

En 1906 Nicolao II tratou de tranquilizar os manifestantes, para o que creou o parlamento ruso, a Duma, pero a opinión do pobo xa se volveu moi radical debido aos asasinatos e a violencia anterior. Os socialistas boicotearon a Duma e finalmente esta suspendeu a súa actividade en 1917, pola depresión económica que se orixinou na primeira guerra mundial, e polo éxito da Revolución Bolxevique.[3][4][5][6]

  1. Figes 2000, p. 219
  2. Figes 2000, p. 221
  3. Gapon, Address to the Tsar, January 1905, in Ascher, The Revolution of 1905, Vol. 1
  4. Julio Montero Díaz, Leandro Corazón González: Historia del mundo contemporáneo.
  5. Wolfang J. Mommsen: Europa 1885-1918: La época del imperialismo.
  6. Johon y Carol Garrard: La vida y el destino de Vasili Grossman.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Figes, Orlando (2000) [1996]. La revolución rusa (1891-1924). La tragedia de un pueblo (en castelán) (1ª ed.). Barcelona: Edhasa. ISBN 84-350-2614-0. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]