iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: https://gl.wikipedia.org/wiki/Deng_Xiaoping
Deng Xiaoping - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Deng Xiaoping

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDeng Xiaoping

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(zh-hans) 邓小平 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento22 de agosto de 1904 Editar o valor en Wikidata
Guanganzhou (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte19 de febreiro de 1997 Editar o valor en Wikidata (92 anos)
Pequín, República Popular da China Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepárkinson Editar o valor en Wikidata
Chairman of the Central Military Commission of the People's Republic of China (en) Traducir
6 de xuño de 1983 – 21 de marzo de 1990
← sen valor – Jiang Zemin →
Presidente da Comisión Militar Central do Partido Comunista Chinés
28 de xuño de 1981 – 9 de novembro de 1989
← Hua GuofengJiang Zemin →
Presidente do Comité Nacional da Conferencia Política Consultiva do Pobo Chinés
8 de marzo de 1978 – 22 de xuño de 1983
← Zhou EnlaiDeng Yingchao (pt) Traducir →
Membro do Comité Permanente do Politburó do Partido Comunista da China
21 de xullo de 1977 – 2 de novembro de 1987
Membro do Comité Permanente do Politburó do Partido Comunista da China
xaneiro de 1975 – abril de 1976
Membro do Comité Permanente do Politburó do Partido Comunista da China
28 de setembro de 1956 – marzo de 1967
General Secretary of the Central Committee's Secretariat (en) Traducir
setembro de 1956 – agosto de 1966 – Hu Yaobang (pt) Traducir →
Vice-primeiro-ministro da República Popular da China (pt) Traducir

← Lin Biao o Lin PiaoWan Li (pt) Traducir →
Líder político da República Popular da China (pt) Traducir

← Hua GuofengJiang Zemin → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Grupo étnicoPobo han Editar o valor en Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónMoscow Sun Yat-sen University (en) Traducir
Universidade Comunista dos Trabalhadores do Oriente (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, xornalista, diplomático Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Comunista de China (1924–1997)
Kuomintang (1924–1927) Editar o valor en Wikidata
MovementoAbertura econômica da China (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarExército Popular de Liberación Editar o valor en Wikidata
Rango militarComandante en xefe Editar o valor en Wikidata
ConflitoSegunda guerra sino-xaponesa Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeZhuo Lin (1939–1997)
Jin Weiying (1931–1939)
Zhang Xiyuan (1928–1929) Editar o valor en Wikidata
FillosDeng Pufang
 () Zhuo Lin
Deng Nan
 () Zhuo Lin
Deng Rong
 () Zhuo Lin
Deng Zhifang
 () Zhuo Lin Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
18 de xaneiro de 1992-21 de febreiro de 1992Viagem de Deng Xiaoping ao Sul (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0219031 WikiTree: 鄧-8 Find a Grave: 6653659 Editar o valor en Wikidata

Deng Xiaoping (en chinés tradicional: 鄧小平; en chinés simplificado: 邓小平; pinyin: Dèng Xiǎopíng; Wade-Giles: Teng Hsiao-p'ing) zh-Deng_Xiaoping.ogg (Escuchar) , nado en Guang'an, Sichuan o 22 de agosto de 1904 e finado en Pequín o 19 de febreiro de 1997 foi un político chinés, máximo líder da República Popular da China dende 1978 ata os últimos anos da súa vida.

Baixo o seu liderado, a República Popular da China emprendeu as reformas económicas de liberalización da economía socialista[1] que permitiron a este país acadar unhas altas cotas de crecemento económico.[2] Fronte a estes éxitos na economía, Deng exerceu un poder de marcado carácter autoritario, e o seu papel foi decisivo na represión violenta das protestas da praza de Tian'anmen en 1989.

Membro do Partido Comunista da China dende os seus anos de estudo en Francia e na Unión Soviética, Deng converteuse nun dos dirixentes máis importantes do partido durante a época de Mao Zedong. Porén, a súa proximidade ideolóxica ao entón presidente da República Popular Liu Shaoqi, fixo del un dos albos da Revolución Cultural e Deng e Liu foron acusados de dereitistas e contrarrevolucionarios. Apartado da cúpula do poder durante eses anos, Deng volveu ao primeiro plano da actividade política trala morte de Mao, impoñéndose finalmente ao sucesor deste, Hua Guofeng, na loita polo poder. A diferenza do seu antecesor, as súas aparicións públicas foron escasas.

Durante os últimos anos da súa vida, Deng non ocupaba ningún cargo político e, aqueixado de párkinson, apenas podía seguir os asuntos de estado. Con todo, seguiu a ser considerado o líder supremo da China ata a súa morte.

Deng Xiaoping foi considerado ata a súa morte o líder supremo da China, e mesmo despois da súa desaparición, o Partido Comunista seguiu a grandes trazos as políticas que Deng puxera en marcha. O seu sucesor Jiang Zemin cedeu o poder a outro dirixente tamén achegado a Deng, o expresidente da República Popular da China Hu Jintao.

Segundo os seus partidario, baixo o liderado de Deng, a China, con máis de mil millóns de habitantes, iniciou unha época de desenvolvemento económico sen precedentes. A pesar dos problemas sociais que se derivaron das reformas económicas, consideran que as súas políticas sacaron da pobreza absoluta centos de millóns de chineses e situaron a China no camiño de converterse nunha das superpotencias económicas do mundo.

Fronte a estes éxitos no desenvolvemento económico e social da China, Deng Xiaoping foi criticado pola súa forma de goberno autoritaria e polo seu papel no uso da forza contra os manifestantes da praza de Tiananmen en 1989. Non obstante, algúns analistas consideran que o estilo de goberno de Deng foi máis humano e altruísta có do seu predecesor Mao Zedong e a diferenza de Mao, Deng non promoveu o culto á súa persoa.

Xunto a estas visións positivas da figura histórica de Deng Xiaoping tamén houbo analistas de ideoloxía marxista que criticaron o abandono da ortodoxia comunista e a introdución de políticas económicas capitalistas. Así, responsabilizan a Deng de arrebatar aos traballadores e campesiños o control do Estado para deixalo en mans dos grandes burócratas e empresarios.

  1. Harvey, D. Breve historia del neolibealismo, (2005), Ediciones Akal, 2007, ISBN 978-84-460-2517-7. p. 3
  2. Mau, Michael Y. M.; Marsh, Susan H. (eds.). China in the Era of Deng Xiaoping: A Decade of Reform (en inglés). Books.google.ca. Consultado o 3-1-2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]