iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: https://gl.wikipedia.org/wiki/Deidades_primordiais_da_mitoloxía_grega
Deidades primordiais da mitoloxía grega - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Deidades primordiais da mitoloxía grega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As deidades primordiais son unha serie variable de deidades que aparecen nas cosmogonías e teogonías da mitoloxía grega. Segundo os mitos, existiron nos inicios do mundo, xeralmente identificadas con elementos ou principios naturais.[1] Esas deidades son o grupo orixinal a partir do cal descenden tódolos demais deuses. Precederon ós titáns, descendentes de Gaia e Urano.

Segundo a Teogonía de Hesíodo (arredor do -700):

  • Caos (baleiro, ar, arché) (ás veces poeticamente é feminino)
    • Erebo, a escuridade (masculino) e Nicte, a noite (feminino).
    • Éter, a luz (masculino) e Hemera, o día (feminino).
  • Gaia, a Terra (feminino)
    • Urano, o ceo (masculino).
    • Ourea, as montañas (masculino).
    • Ponto, o mar (masculino).
  • Tártaro, o inframundo (masculino).
  • Eros, a procreación (masculino).

Outras fontes

[editar | editar a fonte]
  • Ananke, o destino (feminino)
  • Chronos, o tempo (masculino)
  • Hidros, as augas primixenias (masculino)
  • Thesis, a creación (feminino)
  • Fanes, a aparencia ou Himeros, o primoxénito (masculino, ás veces descrito como hermafrodita)
  • Fusis, a natureza (feminino)
  • Nesoi, as illas (feminino)
  • Talasa, o mar (feminino)
  • Ofión, a cobra (masculino)
  1. Rodríguez Adrados, Francisco. La composición de los poemas hesiódicos. Emerita 69. pp. 197–223. Consultado o 14 de agosto de 2012.