Dean Reed
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Dean Cyril Reed 22 de setembro de 1938 Denver, Estados Unidos de América |
Morte | 13 de xuño de 1986 (47 anos) Zeuthen, Alemaña |
Causa da morte | suicidio, afogamento |
Lugar de sepultura | Boulder |
Educación | Universidade de Colorado Wheat Ridge High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | actor, músico, actor de cinema, realizador, escritor, cantante, cantautor, guionista, director de cinema |
Período de tempo | Século XX |
Período de actividade | 1958 - |
Xénero artístico | Música pop e bard song (en) |
Influencias | |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | Capitol Records Amiga Melodiya (pt) Supraphon (pt) |
Familia | |
Cónxuxe | Renate Blume (1981–1986) |
Premios | |
| |
Sitio web | deanreed.de |
|
Dean Cyril Reed, nado en Lakewood (Colorado) o 22 de setembro de 1938 e finado en Dahme-Spreewald (Berlín) o 13 de xuño de 1986, foi un cantante, actor e compositor estadounidense. Viviu parte da súa vida en Suramérica e Alemaña Oriental até a súa morte, e recibiu o alcume de Red Elvis por acadar boa parte do seu éxito en países pertencentes á órbita comunista e socialista.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Dean Reed estudou meteoroloxía na Universidade de Colorado, e trasladouse a California para comezar a súa carreira como músico. En 1958 firmou un acordo co selo Capitol Records, que intentou facer del un ídolo xuvenil e encargouse da produción de varios sinxelos como "I Kissed a Queen" ou "Our Summer Romance". Amais, fixo as súas primeiras aparicións televisivas como estrela convidada nalgunhas telecomedias.
Con todo, non chegou a triunfar nos Estados Unidos, pero algúns dos seus temas como "Our Summer Romance" lograran chegar aos primeiros postos nas listas de vendas da Arxentina e Chile. Reed iniciou unha xira por Suramérica, acadando popularidade. Estableceuse en Chile, aprendeu castelán, gravou varias películas para o mercado suramericano e chegou a ter un programa na televisión arxentina. Ao tempo, comezou a poñerse en contacto con intelectuais e artistas de esquerda como Víctor Jara, e empezou a facer declaracións e discursos apoiando as súas teorías políticas, tocando gratuitamente nos barrios pobres, ou criticando accións realizadas polo Goberno dos Estados Unidos como a Guerra de Vietnam[1].
Tras ser deportado da Arxentina en 1966, estableceuse en Roma un par de anos, rodando películas de spaghetti western, até que foi convidado pola Organización Xuvenil Socialista da URSS para viaxar a Moscova e comezar unha xira polo estado, onde tivo bastante éxito. O seu acto foi usado con fins propagandísticos, motivo polo que durante varios anos non puido regresar aos EUA. A súa postura a favor do marxismo radicalizouse trala morte de Salvador Allende e o asasinato de Víctor Jara, cantante ao que admiraba. Volveu a Chile baixo o réxime militar en 1983 con visado de turista, pero foi expulsado tras actuar en dúas ocasións.[2]
Estableceuse de forma definitiva en Berlín Leste, na República Democrática Alemá. Durante a súa estancia non chegou a afiliarsse ao Partido Socialista Unificado de Alemaña (el definíase como marxista antes ca comunista) e nunca renunciou á nacionalidade estadounidense, afirmando que era "un patriota" a quen non gustaba o seu sistema político, a pesar de que fora considerado por moitos dos seus compatriotas como un traidor polo seu apoio a medidas como a construción do Muro de Berlín ou a Guerra de Afganistán. Porén, puido volver ao seu país invitado polo director Will Roberts, que gravara un documental titulado Dean Reed: American Rebel, e concedeu unha entrevista para o programa 60 minutes da CBS na que defendía as súas posturas.
En 1986 ía comezar a rodaxe dunha produción cinematográfica sobre o Masacre de Wounded Knee. A noite anterior ao inicio da rodaxe Reed foi reunirse co produtor. Porén, nunca chegou ao sitio e desapareceu. Cinco días despois apareceu o seu cadáver flotando nun lago de Zeuthen. A policía atribuíu a súa morte a un accidente, aínda que realmente foi un suicidio (o goberno da RDA non contabilizaba as mortes por suicidio como tales). Existe certa controversia sobre a súa morte ao non quedar esclarecida por completo. As súas amizades de Berlín e a súa esposa Renate afirmaron que Reed tiña un cadro depresivo e que quixo suicidarse, mais a súa familia e amizades dos Estados Unidos afirmaron que podería ser un asasinato[3].
Reed casou en tres ocasións: con Patty (con quen tivo a súa primeira filla, chamada Ramona), a modelo Frau Wiebke (con qune tivo outra filla, Natasha) e a actriz Renate Blume.
Legado
[editar | editar a fonte]Amais dos documentais e biografías sobre a súa persoa, está prevista a rodaxe dunha película estadounidense baseada na súa vida, chamada Comrad Rockstar e protagonizada por Tom Hanks, que posúe os dereitos cinematográficos de calquera filme tras llos mercar á súa viúva Renate Blume[4].
Carreira
[editar | editar a fonte]Discografía
[editar | editar a fonte]- The Search, Capitol Records, 1959
- I Kissed a Queen, Capitol Records, 1959
- Anabelle, Capitol Records 1959
- He Besado A Una Reina, Capitol Chile, 1959
- Our Summer Romance, Capitol Records, 1959
- Nuestro Amor Veraniego, "No te tengo" Capitol Chile, 1960
- Don't Let Her Go, Capitol Records, 1960
- I Forgot More Than You'll Ever Know, Imperial Records, 1961, Once more (side A)
- El amor es la fuerza más poderosa RCA Victor Chile 1962
- Muñeco de trapo, RCA Victor Chile 1962
- Como Un Niño Soy, Odeon Chile, 1964
- La Bamba, Odeon Argentina, 1965
- Hippy Hippy Shake, Odeon Chile/Argentina, 1965
- Simpatia, EMA 1966
- Dean Reed, Melodija, Lp, URSS, 1967
- Dean Reed, Melodija, 1969
- My way selo descoñecido, 1969
- If you go away selo descoñecido, 1969
- Las cosas que yo he visto, Odeon Chile, 1971
- No nos moverán!, sencillo, 1971
- Dean Reed, Lp, URSS, 1972
- Mississippi-Line, Melodija 1972
- Wir sagen ja..., Amiga, 1972
- Dean Reed a jeho svet, Supraphon, 1976
- We Will Say Yes (Ïîåò Äèí Ðèä), Lp, URSS, 1978
- My Song For You, Supraphon, 1978
- Rock 'n' Roll, Country & Romantic, Supraphon, 1980
- Dean Reed Country, Supraphon, 1981
- Dean Reed, Supraphon, 1986
- Akter i Pesnya, CD, Rusia, 2001
- The Red Elvis (The Very Strange Story Of), CD, Alemaña, 2007
- Seine Amiga-Erfolge, SONY BMG, 2007
Películas
[editar | editar a fonte]- Mi Primera Novia (1966), con Palito Ortega e Evangelina Zalazar.
- El Cantor (1978, película para televisión gravada na RDA baseada na vida de Víctor Jara)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Red Elvis" Arquivado 27 de setembro de 2007 en Wayback Machine., en Prague.tv (en inglés).
- ↑ "Expulsado Dean Reed", artigo en Las Últimas Noticias, 20 de agosto de 1983 (en castelán).
- ↑ "Relatives think Dean Reed was murdered", en deanreed.de (en inglés).
- ↑ "Tom Hanks será el "Elvis Rojo", el Presley de la RDA y del Chile de Allende" Arquivado 13 de abril de 2008 en Wayback Machine., artigo en Público (en castelán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Reggie Nadelson (1991): Comrade Rockstar. The search for Dean Reed. Chattoo & Windus, Londres. ISBN 0-7011-3472-0
- Chuck Laszewski (2005): Rock 'n' Roll Radical: The Life & Mysterious Death of Dean Reed, Beaver's Pond Press. ISBN 1-59298-115-1
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web de Dean Reed (alemá, tamén dispoñible en castelán e inglés).