iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: https://gl.wikipedia.org/wiki/Cupresáceas
Cupresáceas - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Cupresáceas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cupresáceas
Cupressaceae

Juniperus communis
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Pinophyta
Clase: Pinopsida
Subclase: Pinidae
Orde: Pinales
Familia: Cupressaceae
Bartlett, 1830
Subfamilias
Véxase o texto
Véxase Pinidae para unha introdución a estes grupos

A das cupresáceas (Cupressaceae) é unha familia de coníferas da orde das pinales que inclúe árbores e arbustos sempre verdes, de 1 a 116 m de altura, coma os cipreses, os falsos cipreses, as tuias, os xenebreiros, as sequoias e similares.

A familia está subdividida en sete subfamilias que comprenden uns 27 ou 30 xéneros, segundo os autores, con ao redor de 130 a 140 especies (moitas delas monotípicas, é dicir, que son as únicas do seu respectivo xénero).

En Galiza son moi cultivadas en xardinaría[1], sendo a única especie autóctona o xenebreiro Juniperus communis L., subespecie nana Syme (=Juniperus nana Willd.), que medra espontaneamente en alturas superiores aos 1700 msnm nos Ancares e en Pena Trevinca.

Características

[editar | editar a fonte]

As principais características das cupresáceas son:[2] [3]

  • Son coníferas arbóreas ou arbustivas, perennifolias, monoicas ou dioicas.
  • Follas simples, opostas ou verticiladas, escamiformes ou aciculares, podendo coexistir ambos os tipos, provistas ás veces dunha glándula dorsal.
  • Flores masculinas amentiformes. Flores femininas globosas.
  • Conos maduros leñosos ou carnosos, de maduración anual ou bienal, coas escamas provistas ás veces dun apéndice dorsal.
  • Brácteas e escamas totalmente ou case totalmente concrescentes nunha peza única, albergando de 1 a 20 óvulos.
    Sementes aladas ou ápteras.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]
Filoxenia da familia das cupresáceas.

Descrición

[editar | editar a fonte]

A familia foi descrita en 1830 polo botánico e bioquímico Estados Unidos de América Harley Harris Bartlett.[4]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome científico da familia, Cupressaceae, está formado polos elementos do latín científico Cupress-, tirado do nome do xénero tipo, Cupressus, coa adición do segundo compoñente -aceae, propio dos nomes das familias vexetais (en sentido amplo).[5]

Clasificación

[editar | editar a fonte]

A familia divídese en sete subfamilias, baseadas en análises xenéticas e morfolóxicas, cos xéneros que se indican a continuación:[6][7]

En Galicia

[editar | editar a fonte]

En parques e xardíns de Galicia cítanse, entro outras, as seguintes especies desta familia:

  1. Castro, Freire & Prunell 1989, pp. 69-81.
  2. Castro, Freire & Prunell 1989, p. 69.
  3. Mitchell 1979, p. 74.
  4. Watson, Frank D.; Eckenwalder, James E. "Cupressaceae Bartlett: Redwood or Cypress Family". Missouri Botanical Garden. Consultado o 13 de decembro de 2017. 
  5. Cupressaceae no Merriam-Webster Unabridged Dictionary.
  6. Bosma, Hylke F.; Kunzmann, Lutz; Kvaček, Jiří; van Konijnenburg-van Cittert, Johanna H.A. (agosto 2012). "Revision of the genus Cunninghamites (fossil conifers), with special reference to nomenclature, taxonomy and geological age". Review of Palaeobotany and Palynology 182: 20–31. 
  7. Qu, X. J.; Jin, J. J.; Chaw, S. M.; Li, D. Z.; Yi, T. S. (2017). "Multiple measures could alleviate long-branch attraction in phylogenomic reconstruction of Cupressoideae (Cupressaceae)". Scientific Reports 7.  (Gadek et al. 2000, Farjon 2005; unha máis completa filoxenia, baseada en 10.000 nucleótidos de plastos, e secuencias de cromosomas mitocondriais e nucleares de 122 especies, representantes de todos os xéneros pode verse en Mao et al., 2012.
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 Armin Jagel, Veit Dörken: Morphology and morphogenesis of the seed cones of the Cupressaceae - part I. Cunninghamioideae, Athrotaxoideae, Taiwanioideae, Sequoioideae, Taxodioideae. En: Bulletin of the Cupressus Conservation Project 3 (3): 117-136 (PDF)
  9. Nomes galegos preferidos xunto a ciprés dos illós en Termos Esenciais de Botánica. Comisión de Normalización Lingüística da Escola Politécnica Superior de Lugo – Universidade de Santiago de Compostela, 2002.
  10. Armin Jagel, Veit Dörken: Morphology and morphogenesis of the seed cones of the Cupressaceae - part III. Callitroideae. En: Bulletin of the Cupressus Conservation Project 4 (3): 91-103 (PDF)
  11. Armin Jagel, Veit Dörken: Morphology and morphogenesis of the seed cones of the Cupressaceae - part II. Cupressoideae. In: Bulletin of the Cupressus Conservation Project 4(2): 51-78 (PDF)
  12. Castro, Freire & Prunell 1989, p. 71.
  13. 13,0 13,1 13,2 13,3 Árbores e formacións senlleiras de Galicia na web da Xunta de Galicia
  14. Castro, Freire & Prunell 1989, p. 72.
  15. Castro, Freire & Prunell 1989, p. 75.
  16. Castro, Freire & Prunell 1989, p. 77.
  17. Castro, Freire & Prunell 1989, p. 79.
  18. Castro, Freire & Prunell 1989, p. 80.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Castro, Marisa, Luís Freire e Antonio Prunell (1989): Guía das Árbores de Galicia. Autóctonas e ornamentais. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-406-5.
  • Farjon, A. (1998): World Checklist and Bibliography of Conifers. Royal Botanic Gardens, Kew. 300 p. ISBN 1-900347-54-7.
  • Farjon, A. (2005): Monograph of Cupressaceae and Sciadopitys. Royal Botanic Gardens, Kew. ISBN 1-84246-068-4.
  • Farjon, A., Hiep, N. T., Harder, D. K., Loc, P. K., & Averyanov, L. (2002): "A new genus and species in the Cupressaceae (Coniferales) from northern Vietnam, Xanthocyparis vietnamensis". Novon 12: 179–189.
  • Gadek, P. A., Alpers, D. L., Heslewood, M. M., & Quinn, C. J. (2000): "Relationships within Cupressaceae sensu lato: a combined morphological and molecular approach". American Journal of Botany 87: 1044–1057. Ver en liña Arquivado 29 de setembro de 2009 en Wayback Machine..
  • Little, D. P., Schwarzbach, A. E., Adams, R. P. & Hsieh, Chang-Fu. (2004): The circumscription and phylogenetic relationships of Callitropsis and the newly described genus Xanthocyparis (Cupressaceae)". American Journal of Botany 91 (11): 1872–1881. ver en liña Arquivado 15 de maio de 2008 en Wayback Machine.
  • Mao, K., Milne, R. I., Zhang, L., Peng, Y., Liu, J., Thomas, P., Mill, R. R. and S. S. Renner (2012): "Distribution of living Cupressaceae reflects the breakup of Pangea". Proceedings of the National Academy, USA 109 (20): 7793-7798 Ver en liña.
  • Mitchell, Alan (1979): Guía de campo de los árboles de Europa. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-2820-549-3.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]