Crawley
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Reino Unido | |||
País | Inglaterra | |||
Rexións | Sudeste de Inglaterra - South East England | |||
Condado cerimonial | West Sussex | |||
Distrito não-metropolitano (pt) | Borough of Crawley (en) | |||
Poboación | ||||
Poboación | 106.597 (2011) (2.370,93 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 44,96 km² | |||
Comparte fronteira con | ||||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 01293 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Páxina web | crawley.gov.uk |
Crawley é unha cidade e borough (equivalente a un condado ou a unha comarca) do Reino Unido, no distrito de West Sussex, Inglaterra. Encóntrase a 45 km ao sur de Londres, a 29 km ao norte de Brighton e 51 km ao nordés de Chichester. O borough ten unha área de 44,96 km² e unha poboación de 106.597 habitantes, segundo o censo de 2011. É unha cidade importante por albergar o segundo maior aeroporto do país, o Aeroporto de Gatwick, cunha grande relevancia no desenvolvemento da economía comarcal.
Historia
[editar | editar a fonte]Crawley ten as súas orixes en asentamentos na Idade de Pedra hai uns 7.000 anos. Atopáronse evidencias de asentamentos no Neolítico, como ferramentas e traballos de fundición da época romana e tamén unha espada da Idade de Bronce.
No século V, os colonos saxóns déronlle a este enclave o nome de Crow's Leah (que significa "claro infestado de corvos") ou Crow's Wood ("bosque dos corvos")[1]. Aínda que o seu nome mudou considerablemente co paso do tempo, a actual nomenclatura permaneceu invariable desde o século XIV.
Coa chegada dos normandos, Crawley converteuse nunha market town (vila con mercado) no século XIII, centro comercial das vilas e pobos do redor que conformaban o weald (foresta). Ao estar situado na estrada entre Londres e Brighton (inaugurada en 1770), tamén desenvolveuse unha economía comercial de paso, coa creación de casas de posta. Finalmente, en 1841 chegou a Crawley o ferrocarril.
En 1930 construíuse un pequeno aeródromo, próximo ao hipódromo. Ao chegar a segunda guerra mundial o aeródromo foi empregado pola Royal Air Force, e foi o xermolo do Aeroporto de Gatwick.
En 1946 Crawley foi designada como "New Town" (cidade nova), como polo de rápido desenvolvemento residencial, comercial e industrial do Reino Unido. En 1949 trazouse o primeiro plan de crecemento urbano da cidade, sendo inaugurada a primeira zona industrial pola entón herdeira ao trono, a princesa de Gales, Elizabeth.
Aínda que se ten noticia dunha igrexa de orixe saxoa a finais do século X na localidade de Worth, hoxe por hoxe a máis antiga é a de St John the Baptist's Church, construída no século XIII, pero moi modificada no XIX (por exemplo, a torre data do século XV, pero foi refeita en 1804).
No eido das artes, a cidade é xermolo da banda The Cure, que formouse en 1976 no instituto de St Wilfrid's RC School baixo o nome de The Easy Cure. Tamén naceu aquí en 1978 Stuart Harold Pot (2-D), vogal da banda virtual Gorillaz, así como foi residencia do actor Peter Vaughan.
A cidade é sede da aeroliña británica Virgin Atlantic, fundada en 1984.
Demografía
[editar | editar a fonte]Ano | Poboación[2] |
---|---|
1901 | 4433 |
1921 | 5437 |
1941 | 7090 |
1961 | 25 550 |
1981 | 87 865 |
2001 | 99 744 |
2011 | 106 597 |
Segundo o censo oficial do Reino Unido de 2001[3], o 51 % da poboación eran mulleres. A poboación é o 13,2% do total do condado de West Sussex e o seu crecemento foi aproximadamente dun 1000 % no anos do período 1951–2001.
O borough ten unha poboación máis xove e con máis diversidade étnica có resto do condado, con aproximadamente o 64,5% de persoas menores de 45 anos, comparado co 55 % en West Sussex, e o 15.5% de habitantes de minorías étnicas, comparado co 6,5% de todo o condado. Xente da India e Paquistán constitúen o 4,5% e o 3% da poboación respectivamente.
Ten unha densidade de poboación de case 24 persoas por hectárea, o segundo maior do distrito despois de Worthing.
A porcentaxe de persoas con estudos universitarios é ao redor dun 14%, comparado co 20% do total nacional.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ COLE, Belinda: Crawley: A History and Celebration of the Town. Salisbury: Frith Book Company, 2004. ISBN 978-1-904938-19-4.
- ↑ "Distrito de Crawley: Poboación Total". A Vision of Britain Through Time website. National Statistics. 2001.
- ↑ Office for National Statistics Arquivado 30 de outubro de 2014 en Wayback Machine..