Cosmódromo de Baikonur
Epónimo | Baikonur | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
| ||||
Estado | Casaquistán | |||
Província (pt) | Qyzylorda (pt) | |||
Xeografía | ||||
Altitude | 90 m | |||
Creación | 1955 | |||
O cosmódromo de Baikonur (en casaco: Байқоңыр ғарыш айлағы, Baıqońyr ǵarysh aılaǵy; en ruso: Космодро́м Байкону́р, Kosmodrom Baykonur) é unha base espacial situada no sur de Casaquistán arrendada por Rusia.
Características e historia
[editar | editar a fonte]O cosmódromo é o primeiro espazoporto do mundo para lanzamentos de satélites e humanos e o maior espazoporto en superficie.[1] A base está localizada na estepa desértica de Baikonur, arredor de 200 km ao leste do mar de Aral e ao norte do río Sir Daria. Está próximo á estación de tren de Tyuratam e a uns 90 m sobre o nivel do mar. O cosmódromo e a cidade de Baikonur celebraron o 63.º aniversario da súa fundación o 2 de xuño de 2018.[2]
A base está alugada polo goberno de Kazhakhstán a Rusia ata 2020, e está dirixida conxuntamente pola Corporación Estatal Roscosmos e as Forzas Aeroespaciais Rusas.
A área arrendada ten forma dunha elipse de 90 km de leste-oeste e 85 km de nore a sur, co cosmódromo situado no centro. Foi construído orixinariamente pola Unión Soviética a finais da década de 1950 como base de operacións do programa espacial soviético. Baixo o actual programa espacial ruso, Baikonur continúa a ser un espazoporto ocupado con numerosas misións comerciais, militares e científicas cada ano.[3][4] Todos os voos espaciais rusos tripulados se lanzan dende Baikonur.[5]
Tanto o Sputnik 1, primeiro satélite artificial, como o Vostok 1, primeiro voo tripulado, foron lanzados dende Baikonur. A plataforma de lanzamento que se empregou en ambas as misións rebautizouse como plataforma Gagarin en honra ao cosmonauta soviético Iuri Gagarin, piloto do Vostok 1 e primeiro humano no espazo.
Nome
[editar | editar a fonte]Existe diversidade de opinións sobre a orixe do nome Baikonur. Algunhas fontes indican que o nome foi escollido deliberadamente en 1961 (na época do voo de Gagarin) para dirixir erroneamente o bloque occidental[6][7] a un lugar situado a uns 320 km ao nordés do centro de lanzamento, a pequena localidade mineira de Baikonur, preto de Jezkazgan.
Outras fontes afirman que Baikonur era o nome da rexión de Tyuratam antes de que existise o cosmódromo.[7] Leninsk, a cidade pechada construída para apoiar o cosmódromo foi renomeada Baikonur o 20 de decembro de 1995 por Boris Eltsin.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Baikonur Cosmodrome 45.9 N 63.3 E". FAS.org. Federation of American Scientists (FAS). Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2016. Consultado o 19 de xullo de 2014.
- ↑ "Baikonur cosmodrome celebrated 63rd anniversary". Dispatch News Desk (en inglés). 3 de xuño de 2018. Consultado o 19 de ourubro de 2018.
- ↑ Wilson, Jim (5 de agosto de 2000). "Safe Launch For Critical Space Station Module". Popular Mechanics. Consultado o 12 de agosto de 2009.
- ↑ "Baikonur Cosmodrome". International Launch Services.
- ↑ "Baikonur Cosmodrome". NASA. Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2021. Consultado o 24 de decembro de 2011.
- ↑ Suvorov, Vladimir (1997). The first manned spaceflight: Russia's quest for space. Nova Publishers. pp. 16–17. ISBN 978-1-56072-402-5.
- ↑ 7,0 7,1 "The Partnership: A History of the Apollo-Soyuz Test Project". NASA.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cosmódromo de Baikonur |
A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- J. K. Golovanov, M., "Korolev: Facts and myths", Nauka, 1994, ISBN 5-02-000822-2
- "Rockets and people" – B. E. Chertok, M: "mechanical engineering", 1999. ISBN 5-217-02942-0 (en ruso)
- "A breakthrough in space" – Konstantin Vasilyevich Gerchik, M: LLC "Veles", 1994, – ISBN 5-87955-001-X
- "At risk," – A. A. Toul, Kaluga, "the Golden path", 2001
- "Testing of rocket and space technology – the business of my life" Events and facts – A.I. Ostashev, Korolev, 2001.Bibliography 1996–2004
- "Baikonur. Korolev. Yangel." – M. I. Kuznetsk, Voronezh: IPF "Voronezh", 1997, ISBN 5-89981-117-X
- "Look back and look ahead. Notes of a military engineer" – Rjazhsky A. A., 2004, SC. first, the publishing house of the "Heroes of the Fatherland" ISBN 5-91017-018-X.
- "Rocket and space feat Baikonur" – Vladimir Порошков, the "Patriot" publishers 2007. ISBN 5-7030-0969-3
- "Unknown Baikonur" – editado por B. I. Posysaeva, M.: "globe", 2001. ISBN 5-8155-0051-8
- "Bank of the Universe" – editado por Boltenko A. C., Kyiv, 2014., publishing house "Phoenix", ISBN 978-966-136-169-9
- Gruntman, Mike (2019). From Tyuratam Missile Range to Baikonur Cosmodrome. Acta Astronautica 155 (Elsevier Ltd). pp. 350–366. Bibcode:2019AcAau.155..350G. doi:10.1016/j.actaastro.2018.12.021.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Baikonur Cosmodrome historical note (in Russian) and historical pictures (2002) on buran.ru – NPO Molniya, maker of Russian space shuttle Buran.
- RussianSpaceWeb.com on Baikonur
- 360° interactive panoramas of Baikonur Cosmodrome
- Baikonur: the town, the cosmodrome, the MetOp-A launch campaign
- "World’s Oldest Space Launch Facility: The Baikonur Cosmodrome." Sometimes Interesting. 26 de maio de 2014
- Nedelin Disaster // RussianSpaceWeb.com (en inglés)
- The official website of the city administration Baikonur // Baikonur commemorated a test rocket and space technology.(en ruso)
- The Russian Union Of Veterans // Day of memory and grief.(en ruso)