iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: https://gl.wikipedia.org/wiki/Coalición_electoral
Coalición electoral - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Coalición electoral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Denomínase coalición, lista ou pacto electoral á agrupación de partidos políticos e/ou alianzas políticas ou organizacións cidadás que teñen como obxectivo presentar unha candidatura única nun proceso electoral.[1] Non se debe confundir cos acordos electorais previos, xa que as coalicións electorais, coa unión de varias formacións, buscan obter un mellor resultado por unha dobre vía. En primeiro lugar, mostran ao electorado a capacidade de agrupar ao redor dun candidato ou programa común os distintos pareceres. Por outra banda, buscan adquirir vantaxes dos sistemas electorais (maioritarios ou proporcionais) ao tempo da adxudicación de escanos ou outros postos. O obxectivo é, así, que os votos dirixidos a grupos minoritarios se sumen a outros[2][3] que, por separado, non lograrían representación política.

O réxime xurídico das coalicións electorais varía en función dos países. Na maioría, no período anterior ao proceso electoral, para poder concorrer con candidatura propia, requírese a entrega, por parte das direccións dos partidos políticos, dos acordos polos que formalizan a unión. Posteriormente inscríbense nun rexistro creado ao efecto ante o órgano da administración pública designado ou o órgano electoral xudicial. No devandito documento debe constar o nome da coalición, o símbolo e as siglas, os grupos políticos que a integran e as eleccións ás que pretenden concorrer.

As limitacións para a creación de coalicións electorais varían conforme as diferentes lexislacións. Nuns países esíxese que o partido político que se integre na coalición non poida concorrer á mesma convocatoria coas súas propias siglas, mesmo en circunscricións ou distritos electorais onde a coalición non se presente.

  1. Poţincu, Cristian (2008). "Ethical Aspects Related to the Political Marketing" (PDF) (en inglés) 17 (4): 1118–1123. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 31 de agosto de 2014. Consultado o 20 de maio de 2014. 
  2. Axelrod, Robert (1972). "Where the Votes Come From: An Analysis of Electoral Coalitions: 1952-1968" (en inglés) 66 (1): 11–20. 
  3. Leege, David C., Kenneth D. Wald, Paul D. Mueller, and Brian S. Krueger (2001). The Politics of Cultural Differences: Social Change and Voter Mobilization Strategies in the Post-New Deal Period (PDF) (en inglés). Princeton: Princeton University Press.