iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: https://gl.wikipedia.org/wiki/Circus_macrourus
Circus macrourus - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Circus macrourus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Circus macrourus
Estado de conservación
Case ameazada (NT)
Case ameazada[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Falconiformes
Familia: Accipitridae
Xénero: Circus
Especie: C. macrourus
Nome binomial
Circus macrourus
S. G. Gmelin, 1770
Distribución de C. macrourus
Distribución de C. macrourus

Distribución de C. macrourus

Circus macrourus é unha especie de aves da familia dos accipítridos.

Morfoloxía

[editar | editar a fonte]

Especie moi semellante á tartaraña cincenta e á gatafornela. O ventre do macho é branco e o dorso agrisado claro, namentres que o baixo ventre é gris. A femia é máis pequena e máis clara.

Reprodución

[editar | editar a fonte]
Ovo de Circus macrourus

O niño sitúase no chan, cunha posta entre 3 e 5 ovos realizada en maio. Os ovos son chocados ó redor de 30 días.

Nutrición

[editar | editar a fonte]

Pequenos mamíferos e paxaros. Tamén réptiles e insectos

Distribución

[editar | editar a fonte]

Habita nos países limítrofes co mar Negro e na cordilleira caucásica, sur de Rusia occidental e sur de Ucraína. Ocasionalmente migra cara ao oeste e cría na Europa central e do norte.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Nicolai, Jürgen (1995). Everest, ed. Aves rapaces diurnas y nocturnas : identificar, clasificar y proteger las aves rapaces de Europa. Madrid. p. 157.  (en castelán)

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre aves é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.