iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: https://gl.wikipedia.org/wiki/Charles_Oman
Charles Oman - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Charles Oman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSir Editar o valor en Wikidata
Charles William Chadwick Oman
Charles Oman

Charles Oman en 1949
Nome orixinal(en) Charles Oman Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Charles William Chadwick Oman Editar o valor en Wikidata
12 de xaneiro de 1860
Muzaffarpur district, India (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte23 de xuño de 1946 (86 anos)
Oxford.
Inglaterra Inglaterra.
Membro do 36º Parlamento do Reino Unido
27 de outubro de 1931 – 25 de outubro de 1935 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Oxford University (en) Traducir

Membro do 35º Parlamento do Reino Unido
30 de maio de 1929 – 7 de outubro de 1931 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Oxford University (en) Traducir

Membro do 34º Parlamento do Reino Unido
29 de outubro de 1924 – 10 de maio de 1929 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Oxford University (en) Traducir

Membro do 33º Parlamento do Reino Unido
6 de decembro de 1923 – 9 de outubro de 1924 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Oxford University (en) Traducir

Membro do 32º Parlamento do Reino Unido
15 de novembro de 1922 – 16 de novembro de 1923 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Oxford University (en) Traducir

Membro do 31º Parlamento do Reino Unido
24 de marzo de 1919 – 26 de outubro de 1922 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Oxford University (en) Traducir

13º Presidente da Real Sociedade Numismática
1919 – 1930
← Arthur EvansPercy H. Webb → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeBritánica.
Educación Universidade de Oxford.
Actividade
Campo de traballoHistoriografía militar, numismática, política...
Lugar de traballo Londres Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónnumismático, historiador, político, historiador militar, escritor de non ficción Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Oxford Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Conservador Editar o valor en Wikidata
Membro de
Interesado enGuerra da Independencia española Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosCarola Oman, Charles Chichele Oman Editar o valor en Wikidata
ParentesJulia Trevelyan Oman, neta Editar o valor en Wikidata
Premios
(1928): Medalla da RNS.

Descrito pola fonteSvensk Uppslagsbok (pt) Traducir
Obálky knih,
Alumni Oxonienses: the Members of the University of Oxford, 1715–1886 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1131975 WikiTree: Oman-701

Charles William Chadwick Oman,[1] máis coñecido como Charles Oman, nado en Muzaffarpur, na India Británica, o 12 de xaneiro de 1860 e finado en Oxford, Inglaterra, o 23 de xuño de 1946, foi un historiador militar, numismático e político británico, especializado na reconstrución de batallas medievais e da época napoleónica.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Oman naceu o 12 de xaneiro de 1860 no distrito de Muzaffarpur, na India Británica, fillo dun predicador británico, aínda que xa de neno se educou no Winchester College, en Winchester, Hampshire, Inglaterra, e posteriormente cursou os seus estudos superiores na Universidade de Oxford, onde se formou co historiador e bispo anglicano William Stubbs. En Oxford foi convidado a participar como fundador na Stubbs Society, para a defensa dos asuntos exteriores.

En 1881 acadou unha bolsa de estudos no All Souls College, de Oxford, ao que se mantivo vinculado o resto da súa carreira académica.

En 1905 foi nomeado profesor de Historia Moderna na Universidade de Oxford e ese mesmo ano foi elixido membro da Academia Británica.

A súa carreira académica viuse interrompida por mor da primeira guerra mundial, cando serviu como empregado da Oficina de Prensa do Goberno e no Ministerio de Asuntos Exteriores. Recuperada a actividade docente, entre as materias impartidas por Oman en Oxford estivo a de Historia Militar, xunto a C. T. Atkinson, do Exeter College, centrada na Guerra da Independencia española.

Paralelamente á vida académica, Charles Oman foi membro do Parlamento Británico pertencente ao Partido Conservador, entre 1919 e 1935, pola circunscrición da Universidade de Oxford.

Como coleccionista, Oman conformou unha colección de moeda de prata da Antiga Grecia, así como de moeda romana e de moeda inglesa. A colección de moeda grega acabou finalmente no Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico e no Museo Ashmolean, logo da súa venda a estas institucións en 1947 por parte dos seus herdeiros.[3][4][5]

Entre outras entidades académicas e asociativas, Oman foi o presidente da Royal Historical Society (1917-1921), da Royal Numismatic Society (1919-1930)[6] e do Royal Archaeological Institute.

Vida familiar

[editar | editar a fonte]

Dous dos fillos de Oman foron tamén escritores; a súa filla Carolina escribiu sobre historia, biografías e ficción para nenos e adultos, e o seu fillo Charles C. escribiu varios volumes acerca das dos xogos de cubertos británicos e outros artigos do fogar, e traballou como conservador de metalurxia no Victoria and Albert Museum.[7]

Oman faleceu o 26 de xuño de 1946 aos 86 anos.[3]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Entre outras honras, Oman foi nomeado comendador da Orde do Imperio Británico,[8] membro de honra do New College de Oxford (1936) e doutor honoris causa pola Universidade de Edimburgo (1911), pola de Oxford (1926) e pola de Cambridge (1927).

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Esta é unha escolma dos traballos monográficos máis salientables dos publicados por Charles Oman ao longo da súa traxectoria:[10][11][12]

  1. Cousin, J. W. (1910).
  2. "Oman, Sir Charles (William Chadwick)". En Who's Who. Oxford University Press.
  3. 3,0 3,1 E. S. G. R. (1945).
  4. "Sir Charles William Chadwick Oman". The British Museum.
  5. Walker, J. (1953). "The Early History of the Department of Coins and Medals". En The British Museum Quarterly. Vol. 18. Nº 3. Setembro. The British Museum. Páxinas 76-80.
  6. "Presidents of the Society". The Royal Numismatic Society.
  7. "Society Meetings, 18 June 1958". Folklore. 69 (3): 216. 1958.
  8. "Supplement to the London Gazette, 30 March, 1920". Páxina 3.759
  9. "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
  10. "Oman, Charles 1860-1946". WorldCat Identities.
  11. "Oman, Charles William Chadwick 1860-1946 Arquivado 21 de outubro de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
  12. "Charles William Chadwick Oman (1860-1946)". Bibliothèque nationale de France (BnF Data).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Arthur Evans

Presidente da Royal Numismatic Society

1919 - 1930
Sucesor:
Percy H. Webb