iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: https://gl.wikipedia.org/wiki/Casablanca
Casablanca - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Casablanca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCasablanca
‫الدار البيضاء (ar)
Tigmmi tumlilt (shi)
Casablanca (es) Editar o valor en Wikidata
Fotomontaxe
Imaxe

Localización
Mapa
 33°35′57″N 7°37′12″O / 33.5992, -7.62
Monarquía constitucionalMarrocos
RexiónCasablanca-Settat (pt) Traducir
PrefecturaCasablanca (prefeitura) (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación3.499.000 (2018) Editar o valor en Wikidata (9.111,98 hab./km²)
Número de fogares909.228 (2024) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie384 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude115 m Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoNabila Rmili (pt) Traducir (2021–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal20000 à 20200 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
ISO 3166-2MA-CAS Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Candidato a Patrimonio da Humanidade
Data27 de novembro de 2013
Identificador5848

Sitio webcasablanca.ma Editar o valor en Wikidata
BNE: XX455464

Casablanca[1] (en amazigh: ⴰⵏⴼⴰ "Anfa" ou "Taddart Tamellalt", e en árabe: الدار البيضاء, ad-Dar al-Baïdaa, en darija: Casa, كازا) é a maior cidade de Marrocos, o seu principal porto e centro económico e comercial do país. A súa poboación segundo o censo do 2004 é de 3 111 977 de habitantes. Sitúase na beira do océano Atlántico, a 80 quilómetros ao suroeste de Rabat.

Anfa nun gravado do século XVI; a enseada portuguesa no centro.
Casablanca dende satélite.

A historia de Casablanca comeza coa cidade chamada Anfa creada entre o século X e o século XI sobre un territorio ocupado polo ser humano dende seguramente a prehistoria. Durante a primeira metade do século XX, Casablanca foi considerada como unha cidade de modernidade, en particular a causa da súa arquitectura.

Antigüidade e alta Idade Media

[editar | editar a fonte]

Inda que sen probas arqueolóxicas, seica dende a alta antigüidade houbo nese lugar da costa atlántica magrebí un poboado de pescadores bérberes que asemade servía de escala aos navíos fenicios.

Entre os séculos VII e VIII, xa islamizados, pertencían ao emirato Berghouata da rexión de Tamesna que entre 744 e 1068 profesaba unha versión heterodoxa do islam.

O que semella máis probable é que no século XI alí fora fundada polos bérberes Zenatas unha vila co nome de Anfa. Dende o 1068 en poder dos almorábides e despois dos almohades, foi converténdose (séculos XII e XIII) en porto comercial cada vez máis activo con importantes relacións coa Península Ibérica. O declinar do poder merínida de Fez no século XIV levou a cidade a unha economía de seu baseada na piratería.

En 1468 a monarquía portuguesa organizou unha expedición de castigo que culminou co incendio e destrución de Anfa. Algúns autores falan dun novo ataque en 1515 e dunha posible reconstrución en 1575. Os portugueses tamén a fortificarían dándolle o nome de Casa Branca. O continuo hostigamento da poboación indíxena veciña e o gran terremoto do 1755 rematarían co abandono portugués do lugar. Porén, xa no 1515 o intento de construír unha fortaleza fracasa polos ataques bérberes. E así as ruínas dominaron o terreo de Anfa por tres séculos. De feito, a enseada central que servía de porto entre as rochas chamábase portuguesa e será o arranque do porto moderno.

Refundación

[editar | editar a fonte]

En 1786 o sultán alauita Mohamed Ben Abdallah, por medo de ataques portugueses, reconstrúea co nome de Dar el-Beida. Erixe unha mesquita, madrasa, hamán e a fortifica cunha muralla (4 km, 50Ha, conforme ao tipo tradicional de medina árabe), repoboándoa con bérberes doutras rexións (e unha xudería, Mellah). O monopolio do comercio é concedido aos españois (posible razón de que rematara impoñéndose a tradución ao castelán, Casablanca, do seu nome árabe). Xa en 1794 era residencia do gobernador da provincia de Chaouia [2][3][4].

A metade do século XIX unha crise de aprovisionamento de la e gran en Europa fan da cidade a principal exportadora, experimentando así un primeiro desenvolvemento comercial. O tráfico portuario comeza a creceres en detrimento do de Tánxer e pronto faise necesaria a decisión de dotárese dun porto axeitado.

Protectorado francés

[editar | editar a fonte]

A axuda francesa para a construción do porto trouxo conflitos (1907, paso do ferrocarril do porto por un cemiterio musulmán) que remataron coa intervención militar francesa e a sinatura do Protectorado (1912) [5]. O resultado para a cidade foi a construción dun dos maiores portos de África e a explosión urbana subseguinte organizada no Plan Prost (1915 [6]). Tratábase dun deseño semirradioconcéntrico que evitaba a cuadrícula apostando pola zonificación: as actividades comerciais e industriais, barrios de obreiros inmigrantes marroquinos do rural, ao leste entre o porto e a estación; as residenciais, maiormente dos europeos e as elites, no oeste. No medio a vella medina conxestionada (unida a cidade pola Praza de Francia e o Boulevar da Gare) e unha nova medina ao sur rentes do pazo real. Foi o tempo da Casablanca art déco, con numerosos exemplos de arquitectura cosmopolita [7].

No período de entreguerras o éxodo rural non fixo máis que acrecentarse tendo por consecuencia a aparición dunha coroa de bidonvilles. As secas entre 1936 e 1952 dispararon o problema [8]. En 1947 as autoridades encomendaron ao urbanista Michel Ecochard un novo plan de extensión de Casablanca [9]. Amparado nas ideas do movemento moderno proxectou unha cidade lineal costeira seguindo o porto entre a urbe e a veciña Fedala (Mohammedia) con infraestruturas axeitadas, zonificación de usos e unha especial énfase na vivenda e equipamentos sociais. Os especuladores inmobiliarios, que xa fixeran diluír a incidencia do plan Prost, deixaron pouco espazo as intervencións de Ecochard.

Independencia e futuro

[editar | editar a fonte]

En 1956 Marrocos conseguiu a independencia. Inda coa marcha da poboación europea e xudía, Casablanca seguiu a representar o papel de centro económico do país, ampliando mesmo a súa compoñente industrial.

As dinámicas antes expostas continuaron a acentuarse (inmigración do rural, especulación e certa anarquía urbanística, bidonvilles). Tamén actuacións excepcionais tentando dar unha icona representativa á vila (vg. a Gran Mesquita Hassan II, ao noroeste da medina, a segunda maior do mundo [10][11]).

A toma de conciencia da metrópole cara ao seu futuro semella querer retomar o mellor dos plans do pasado (rede de metro) xunto as inevitables intervencións das cidades globais (un centro de negocios no porto con rañaceos e unha mariña tamén con edificios en altura [12]).

  1. Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1304. ISBN 9788482887524. 
  2. "Mapa da Medina de Casablanca ata 1900". Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2012. Consultado o 22 de xullo de 2012. 
  3. O costado sueste de Casablanca fora de murallas (Praza de Francia en 1905) [1]
  4. Ídem mirando cara ao porto, 1914
  5. Plano do porto de Casablanca en 1913 partindo da antiga enseada portuguesa de Anfa [2]
  6. "Plan de extensión de Casablanca, Henri Prost". Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2019. Consultado o 24 de xaneiro de 2012. 
  7. "Páxina con exemplos da arquitectura decó e moderna en Casablanca". Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2012. Consultado o 10 de novembro de 2011. 
  8. "Mapa de Casablanca en 1953 co cinto de bidonvilles". Arquivado dende o orixinal o 24 de agosto de 2011. Consultado o 10 de novembro de 2011. 
  9. Esquemas do plan de M. Ecochard para Casablanca; N. de Mazieres (documento pdf, 2Mb) [3] Arquivado 21 de decembro de 2012 en Wayback Machine.
  10. Vista aérea xeral da Gan Mesquita Hassan II
  11. Vista da Gran Mesquita Hassan II na ribeira
  12. Proxecto da Mariña de Casablanca[Ligazón morta]