iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: https://gl.wikipedia.org/wiki/Carne_bovina
Carne bovina - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Carne bovina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Costela de boi crúa.
Carne moída cun 15% de graxa, asada
Valor nutricional por 100 g
Enerxía1 047 kJ (250 kcal)
0 g
Amidón0 g
Fibra alimentaria0 g
15 g
Saturadas5.887 g
Monoinsaturadas6.662 g
Poliinsaturadas0.485 g
26 g
VitaminasCantidade
%DV
Tiamina (B1)
4%
0.046 mg
Riboflavina (B2)
15%
0.176 mg
Niacina (B3)
36%
5.378 mg
Vitamina B6
29%
0.383 mg
Ácido fólico (B9)
2%
9 μg
Vitamina B12
110%
2.64 μg
Colina
17%
82.4 mg
Vitamina D
1%
7 IU
Vitamina E
3%
0.45 mg
Vitamina K
1%
1.2 μg
MineraisCantidade
%DV
Calcio
2%
18 mg
Cobre
43%
0.85 mg
Ferro
20%
2.6 mg
Magnesio
6%
21 mg
Manganeso
1%
0.012 mg
Fósforo
28%
198 mg
Potasio
7%
318 mg
Selenio
31%
21.6 μg
Sodio
5%
72 mg
Cinc
66%
6.31 mg
Outros constituíntesCantidade
Auga58 g
As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos.
Fonte: Base de datos USDA Nutrient

A carne bovina é a carne extraída dos bovinos, especialmente do gando doméstico. É unha das variedades de carne máis consumidas en Europa, en América e en Australia, e moi importante na alimentación de poboacións de África, Asia Oriental e sueste asiático. A carne bovina é un tabú culinario nalgunhas culturas; o seu consumo está prohibido polo hinduísmo, relixión que reverencia os bovinos, e está desaconsellado polos budistas.

A carne muscular pode ser cortada en filetes, en pezas, desfiada ou moída. O sangue bovino tamén é utilizado nalgunhas das variedades de morcillas. Outras partes que se consomen son o rabo, a lingua, a tripa (do seu estómago), diversas glándulas, como o páncreas, o timo, agás do corazón e do cerebro (prohibido onde existe o risco da encefalopatia esponxiforme bovina, a popular 'doenza da vaca-louca'), o fígado, os riles e os testículos do touro (carne especialmente suave, coñecida nos Estados Unidos de América como "ostras das Montañas Rochosas" ou "ostras da pradaría"), e até mesmo os intestinos e as ubres. Os ósos bovinos son aproveitados pola medula espiñal e como caldo.

Os Estados Unidos, o Brasil, o Xapón e a China son os catro maiores consumidores de carne bovina.[1] Os maiores exportadores de carne bovina son Australia, o Brasil, a Arxentina e o Canadá.[2] A produción de carne tamén é importante para a economía do Uruguai, Nicaragua, Rusia e México.

  1. "Major Countries Beef Production and Consumption" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de maio de 2008. Consultado o 3 de maio de 2008.  Departamento de Agricultura dos Estados Unidos da América (PDF)
  2. "World Beef Overview". Arquivado dende o orixinal o 5 de agosto de 2009. Consultado o 3 de maio de 2008.  Departamento de Agricultura dos Estados Unidos de América