iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: https://gl.wikipedia.org/wiki/Cantares_gallegos
Cantares gallegos - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Cantares gallegos

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cantares gallegos
Texto completo, en PDF.
Título orixinalCantares gallegos
Autor/aRosalia de Castro
OrixeGalicia Galicia
Linguagalega
Xénero(s)poesía
EditorialImprenta de Juan Compañel
Data de pub.1863
Precedido porA mi madre (1863)
Seguido porContos da miña terra I (1864).[1]
Na rede
BNE: XX3383846
editar datos en Wikidata ]

Cantares gallegos é un libro de poesía de Rosalía de Castro publicado en 1863 en Vigo, na imprenta de Juan Compañel. A data de publicación desta obra marcou o do Día das Letras Galegas. Nos poemas desenvóluvense temas que reflicten a sociedade rural na que viviu Rosalía. Hai poemas costumistas, cun marcado carácter descritivo, aínda que tamén hai poemas amorosos, sociais e intimistas. Estes cantos significan o renacemento da literatura galega, xa que a autora dignifica a lingua e demostra que é posible escribir literatura en galego.[2]

Resulta o único libro do que Rosalía viu unha segunda edición en vida. Está adicado á escritora Fernán Caballero (Cecilia Böhl de Faber), "...por haberse apartado algún tanto, en las cortas páginas en que se ocupó de Galicia, de las vulgares preocupaciones con que se pretende manchar mi país".

Foi o marido de Rosalía, Manuel Murguía quen xestionou, sen o permiso da súa muller, a saída do prelo dun poemario que fixa o comezo dunha nova xeira para a poesía galega. Ía ser prologado por Nicomedes Pastor Díaz, mais finou antes de que fose editado.

No limiar, Rosalía confesa a súa idea de desenvolve-las cantigas populares galegas emulando o Libro de los cantares de Antonio de Trueba, pois o seu quefacer poético está constituído por glosas de cantares ou ditos populares. Así pois, tódolos poemas, agás dous, son glosas de cantares, procedemento este que tamén aparecerá, inda que con pouca relevancia, en Follas novas. Algunhas glosas están escritas en metros populares ("Miña casiña"; "Vivir para ver"; "¡Padrón...!, ¡Padrón!"...) e outras non ("Cada cousa no seu tempo"; "Eu por vos"...).

Tódolos críticos consideran que Cantares gallegos supera os riscos da paráfrase, mantendo o encanto da copla glosada sen se converter nun texto inexpresivo.

Temática

[editar | editar a fonte]
Nueva edición, corregida y aumentada (1872).

Os textos de Cantares gallegos poden clasificarse consonte ás seguintes temáticas:

  • Poemas costumistas: Presentan carácter descritivo e narrativo.
  • Poemas amorosos: "Quíxente tanto meniña", "Cantan os galos pró día"...
  • Poesía cívico-social: Poemas reivindicativos referidos frecuentemente á emigración como "Adios ríos, adios fontes" ou "Castellanos de Castilla".
  • Poesía intimista: Só se achega o eu poético de Rosalía en dous poemas, "Campanas de Bastavales" e "Como chove miudiño". Neles avánzase a profundidade que terá a súa obra posterior. Así a todo, tamén se poden observar os sentimentos íntimos de Rosalía en "Un repoludo gaiteiro", cando fala de "... pobres palomas, buscaban a luz que as ía queimar..."
Imprenta de J. Compañel, na rúa Real de Vigo.

Métrica e estilo

[editar | editar a fonte]

Evolución poética

[editar | editar a fonte]

O primeiro poemario de Rosalía, La flor (1857), escrito en castelán, está inscrito na atmosfera romántica esproncediana achegando unha poética que parte, predominantemente, do pesimismo propio do "eu" romántico, rodeado dun ambiente tétrico caracterizado co léxico, os recursos estilísticos (acumulación de adxectivos e participios; abundancia de exclamativos e frases cortadas por "ay",...) e as formas estróficas (tercetos encadeados; oitava real; sextilla de pé quebrado) propias da época

En 1863 escribe Rosalía "Follas marchitas", poema que, inda que con influxo romántico, aproxima o que será posteriormente Cantares gallegos. É un texto breve, de vocabulario reducido, de doce versos divididos en dúas estrofas e de composición simétrica.

Nesa época, á par de composicións esproncedianas, toparemos cunha poesía lapidaria que se caracteriza por:

Álbum de la Caridad, nel aparecen cinco poemas de Rosalía en galego, despois incluídos en Cantares gallegos.[3]
  • Ausencia de verbosidade e grandilocuencia.
  • Brevidade.
  • Concisión.
  • Predominio dos substantivos e dos verbos. Sobriedade e concisión
  • Emprego de procedementos propios da literatura popular: A repetición, a oposición ou antítese, o paralelismo.

Esta mutación estilística (o cantar, a seguidilla, o terceto octosilábico, o romance con versos de cinco a oito sílabas e a muiñeira), con orixe na poesía popular, produce que as formas e técnicas de Cantares gallegos sexan exitosas e moi diferentes das presentes en La Flor. Só permanecen comúns ós dous textos a quintilla e a redondilla.

Co paso do tempo, Rosalía primará un ritmo e unha expresión máis flexible, afastada da rixidez e grandilocuencia esproncediana.

O estilo de Cantares gallegos

[editar | editar a fonte]
A 3ª ed. foi o tomo 2º das Obras completas (1909).

En Cantares aparecen dous sistemas métricos diferenciados:

  • O primeiro está baseado na acentuación posibilitando un marcado ritmo de muiñeira grazas a catro acentos tónicos en cada verso e un flutuante número de sílabas (”Has de cantar”;” a vernos, Marica, nantronte viñeras”,...).
  • No outro sistema predominan as formas populares de arte menor (romances sobre todo). O verso de arte maior redúcese ó hendecasílabo.

Unha excepción é o caso da "Alborada", composición polimétrica por esixencia da melodía á que se adapta.

Dous dos procedementos máis importantes utilizados por Rosalía nesta súa obra, amais da antítese, son a repetición e o paralelismo, os cales son de carácter moi variado:

Manuscrito de Rosalía, con cantares populares, algúns empregados en Cantares gallegos.
  • Fónicos: Repetición do esquema das vogais tónicas /á....é/:
Canta, si queres
rapaza do demo;
canta, si queres;
Dareiche un mantelo.
  • Repetición léxica:
meiguiño, meiguiño, meigo,
meigo que me namoraste...
  • Anáfora mediante palabras de escaso contido semántico:
Tras da calada visera
que hai uns ollos feridores
que nos miran, se dixera;
que nos din: todo é quimera
neste mundo de dores.
Paralelismos por inversión:
e que chovera ou ventara
e que ventara ou chovera

ou substitución:

camiño do mar salado,
camiño do mar sen fin

Cantares gallegos e o Día das Letras Galegas

[editar | editar a fonte]

Non está confirmada a data exacta da publicación de Cantares gallegos, pero tómase como tal a data expresada por Rosalía na dedicatoria do poemario a Fernán Caballero, asinada o 17 de maio de 1863.

A principios dos anos sesenta, Francisco Fernández del Riego propuxo a institución dunha celebración anual que potenciase a lingua galega, ó modo do Día del Libro que se celebraba en España co gallo do aniversario da morte de Cervantes, o 23 de abril. Inmediatamente pensou situala na data da publicación de Cantares gallegos, polo seu significado no rexurdimento da literatura galega. Trala súa proposta, a Real Academia Galega aprobou en 1963 convoca-lo Día das Letras Galegas o 17 de maio de cada ano, celebrándose ese mesmo ano en honra de Rosalía.

Edicións e traducións

[editar | editar a fonte]

Edicións en galego

[editar | editar a fonte]

Hai máis de 30 edicións distintas de Cantares gallegos.[4] O libro foi incluído na Biblioteca Básica da Cultura Galega da Editorial Galaxia, na Biblioteca das Letras Galegas de Edicións Xerais de Galicia, na Biblioteca de Autores Galegos de Diario 16 de Galicia e na Biblioteca 114 de El Correo Gallego.

Traducións

[editar | editar a fonte]
  • Ao catalán por Joan Martí i Trenchs co título de Poesies gallègues extretes del llibre titolat Cantares Gallegos publicado en 1917 pola Imprenta Gisbert&Vives[5].
  • Ao portugués por Ecléa Bosi co título de Poesias unha antoloxía publicada en 1966 pola Editora Nós Publicaçoes Galicia Ceibe[6].
  • Ao castelán unha antoloxía traducida por Xesús Alonso Montero co título de Rosalía de Castro. Estudio y Antología publicada en 1972 por Ediciones Júcar[7].

No ano 1981 sae outra tradución de Mauro Armiño co título de Cantares Gallegos en edición bilingüe publicada por Akal, Serie clásicos[8].

No ano 1985 sae outra edición bilingüe -reprodución orixinal da segunda edición en galego e tradución de Juan Barja de Quiroga Losada- co título de Cantares Gallegos publicada por Ediciones Akal[9].

E en 1997 publícase na Arxentina Airiños, airiños aires. Antología bilingüe de sus mejores poemas en gallego traducida por Rodolfo Alonso[10].

  • Ao inglés por Michael Smith co título de Selected Poems unha antoloxía publicada en 2007 por Shearsman Books[11].

No ano 2012 sae a tradución ao inglés do libro completo, feita por Erín Moure co título de Galician Songs publicada por Small Station Press, Col. Galician Classis[12].

  • Ao xaponés por Takekazu Asaka co título de Garisia no uta publicado en 2009 por DTP Publishing[13]. Esta edición recolle a case totalidade de poemas de Cantares Gallegos; anteriormente, en 2002, xa publicara unha antoloxía de 21 poemas.
  • Ao ruso por Elena Zernova co título de Cantares gallegos publicado en 2013 polo Centro de Estudos Galegos[14].
  • Ao búlgaro por Tsvetanka Elenkova co título de ГАЛИСИЙСКИ ПЕСНИ publicado en 2014 por Small Stations Press[15].

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Publicado en 1923 no Almanaque Gallego, como Conto gallego.
  2. Angueira, Anxo (2013). 2, ed. Rosalía de Castro Cantares Gallegos. Vigo: Xerais. p. 320.
  3. Album de la Caridad. Juegos Florales de La Coruña en 1861, seguido de un mosaico poético de nuestros vates gallegos contempornáneos Galiciana. Biblioteca de Galicia.
  4. López; Pociña (2014). "Para unha edición crítica da "Obra completa" de Rosalía". Rosalía de Castro no século XXI. pp. 405–414. 
  5. Ficha Arquivado 02 de abril de 2018 en Wayback Machine. en BiTraGa.
  6. Ficha Arquivado 02 de abril de 2018 en Wayback Machine. en BiTraGa.
  7. Ficha Arquivado 02 de abril de 2018 en Wayback Machine. en BiTraGa.
  8. Ficha Arquivado 02 de abril de 2018 en Wayback Machine. en BiTraGa.
  9. Ficha Arquivado 02 de abril de 2018 en Wayback Machine. en BiTraGa.
  10. Ficha Arquivado 02 de abril de 2018 en Wayback Machine. en BiTraGa.
  11. Ficha Arquivado 02 de abril de 2018 en Wayback Machine. en BiTraGa.
  12. Ficha Arquivado 02 de abril de 2018 en Wayback Machine. en BiTraGa.
  13. Ficha Arquivado 02 de abril de 2018 en Wayback Machine. en BiTraGa.
  14. Ficha Arquivado 02 de abril de 2018 en Wayback Machine. en BiTraGa.
  15. Ficha Arquivado 02 de abril de 2018 en Wayback Machine. en BiTraGa.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
Vídeos externos
Documental Cantares gallegos TVG.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  1. Interveñen: Román Raña, Antía Otero, Luís González Tosar, Xulio López Valcárcel, Carmen Blanco García, Manuel Darriba, Susana Sánchez Aríns, Lino Braxe, Luz Pozo Garza, Anxo Angueira, Marga Romero, Arturo Casas, Oriana Méndez, Xavier Queipo, María do Cebreiro, Cesáreo Sánchez, Olalla Cociña, Miro Villar, María Xosé Queizán, Gonzalo Hermo, Eva Veiga, Claudio Rodríguez Fer, Elvira Riveiro Tobío, Xosé María Álvarez Cáccamo, Marilar Aleixandre, Yolanda Castaño, Manuel Forcadela