Canis Minor
Canis minor | |
---|---|
Nome latino | Canis minor |
Abreviatura | CMi |
Xenitivo | Canis Minoris |
Simboloxía | O Can pequeno |
Ascensión recta | 8 h |
Declinación | +5° |
Área | 183 graos cadrados
Rango 71° |
Número de estrelas
(magnitude < 3) |
2 |
Estrela máis brillante | Procyon (α CMi)
(magnitude ap. 0.38) |
Choiva de meteoros | |
Constelacións
lindeiras |
|
Visible en latitudes entre +85° e −75°
Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de Marzo | |
Canis Minor ou Can Menor[1] é unha das 88 constelacións modernas. A súa figura é moi sinxela: unha liña que une dúas estrelas. Procyon a súa estrela máis brillante forma xunto con Betelgeuse (Orión) e Sirio do (Can Maior) o triángulo de inverno.
Estrelas principais
[editar | editar a fonte]- α Canis Minoris (Procyon), oitava estrela máis brillante do firmamento, a súa distancia ó sistema solar é de aproximadamente 11 anos luz. Ten unha compañeira que é unha anana branca de magnitude 13.
- β Canis Minoris (Gomeisa), estrela branco-azulada de magnitude 2,89 cun disco de materia ó redor; é ademais unha variable Gamma Cassiopeiae.
- γ Canis Minoris, xigante laranxa de magnitude 4,33 e binaria espectroscópica.
- δ Canis Minoris, denominación compartida por tres estrelas diferentes: δ1 CMi, δ2 CMi e δ3 CMi. δ1 Canis Minoris é unha xigante branco-amarela a 760 anos luz de distancia.
- η Canis Minoris, tamén unha xigante branco-amarela.
- U Canis Minoris, estrela variable Mira cunha magnitude que varía entre 7,3 e 11,0 nun período de 338 días.
- YZ Canis Minoris (Gliese 285), anana vermella que é á súa vez estrela fulgurante e variable BY Draconis; atópase a 19,3 anos luz da Terra.
Mitoloxía
[editar | editar a fonte]Ó Can Menor Eratóstenes identificábao co can de Orión, catasterizado á vez que o seu amo, posto que sempre estivera en tódalas súas aventuras. Pero, ó igual que o Can Maior, tamén rexistra a variante de que pode se-la cadela Mera, que cos seus laios causados por atopa-los corpos dos seus amos Icario e Erígone, atraeu á xente para que lles deran sepultura. Outra variante é que se trataría do can de Céfalo que tratou de caza-la Raposa de Teumeso.
A estrela máis brillante desta constelación leva o nome de Procyon que significa "antes que o can" en referencia á súa aparición inmediatamente antes cá estrela can (Sirio).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Consultado o 12 de outubro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Canis Minor |