Biblia do rei Xacobe
Biblia do rei Xacobe | |
---|---|
Portada da primeira edición de 1611 da Versión Autorizada da Biblia, | |
Título orixinal | King James Bible |
Orixe | Reino de Inglaterra |
Lingua | Inglés |
Xénero(s) | texto relixioso |
Data de pub. | 1611 |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Biblia do rei Xacobe (en inglés: King James Version, KJV, tamén coñecida como King James Bible, KJB) é unha tradución ó inglés da Biblia cristiá para a Igrexa de Inglaterra, que comezou en 1604 e foi rematada en 1611. Os libros da Biblia do rei Xacobe inclúen os 39 libros do Antigo Testamento, unha sección intertestamentaria que contén 14 libros apócrifos (a maioría dos cales correspóndense cos deuteronómicos adheridos polos católicos), e os 27 libros do Novo Testamento.
Foi impresa polo impresor do rei, Robert Barker, e foi a terceira tradución ó inglés aprobada polas autoridades da Igrexa de Inglaterra. A primeira foi a coñecida como Great Bible, encargada durante o reinado de Henrique VIII (1535), e a segunda é a Bishops' Bible de 1568.[1] En xaneiro de 1604, Xacobe VI e I convocou o Hampton Court Conference, para concibir unha nova versión inglesa da Biblia en resposta ós problemas das traducións anteriores percibidos polos puritanos,[2] unha facción da Igrexa de Inglaterra.[3] A tradución caracterízase pola "maxestosidade de estilo", e foi descrito como un dos libros máis importantes da cultura inglesa e unha forza impulsora da configuración do mundo de fala inglesa.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Daniell 2003, p. 204.
- ↑ Daniell 2003, p. 435.
- ↑ Hill 1997, pp. 4–5.
- ↑ "The King James Bible: The Book That Changed the World - BBC Two". BBC.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Biblia do rei Xacobe |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Daniell, David (2003). The Bible in English: its history and influence. New Haven, Conn: Yale University Press. ISBN 0-300-09930-4.
- Hill, Christopher (1993). The English Bible and the seventeenth-century revolution. Londres: Allen Lane. ISBN 0-7139-9078-3.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- A Biblia do rei Xacobe nun único arquivo (Oxford Standard Text, 1769)
- AudioTreasure Baixe a Biblia do rei Xacobe en formato mp3.
Este artigo sobre relixión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |