iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: https://gl.wikipedia.org/wiki/Axuda:Fusión
Axuda:Fusión - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Axuda:Fusión

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A fusión é un proceso mediante o que se unen manualmente dúas páxinas nunha soa. Os principais motivos que levan á fusión de páxinas van desde contidos duplicados de xeito innecesario, pasando por superposición dun tema noutra páxina ata contidos mínimos que poden incluírse nun artigo cun contexto maior e que abranga máis amplamente o asunto.

A fusión é un labor de edición normal, algo que pode iniciar calquera usuario, sen necesidade de proposta e consenso. Se cres que fusionando algo se mellora a enciclopedia, sé valente e faino.

Se pola contra a fusión é controvertida, poida que te atopes con que se desfixo o teu traballo. Cómpre lembrar que, como en calquera outro tipo de edicións, convén evitar guerras de edición. Se tes dúbidas, podes consultar á comunidade primeiro na páxina de conversa dos artigos ou na Taberna. É típico, por exemplo, non estar certo acerca de cal debera ser o título final do artigo que prevalecerá.

Como indicar páxinas duplicadas

[editar | editar a fonte]

Se atopas dúas páxinas que tratan sobre o mesmo tema, e non podes facer a fusión, inclúe o seguinte marcador para informar á comunidade e que outro usuario faga a fusión, {{fusión|artigo_que_vai_quedar}} no artigo que vai desaparecer e {{fusión desde|artigo_que_vai_desaparecer}} no artigo que vai quedar. Tras engadir estes marcadores, os artigos quedarán incluídos na Categoría:Artigos duplicados.

Como fusionar

[editar | editar a fonte]

Se queres facer a fusión ti mesmo, segue os seguintes pasos:

  • Elixe cal é o artigo co nome máis adecuado ás convencións dos nomes dos artigos. Se ningún dos nomes das dúas páxinas é o correcto, renomea unha das dúas páxinas (o que máis se pareza ó nome ideal).
  • Copia todo o contido que falta do artigo co nome incorrecto no artigo elixido (que chamaremos «artigo destino»), e é necesario sinalar no resumo de edición o que se está a facer; pode ser algo semellante a: "traio algúns contidos procedentes de [[artigo_que_vai_desaparecer]] para fusionar os artigos". Isto é un requirimento para cumprir a licenza da Wikipedia.
  • Unha vez que acabes, copia todo o contido do artigo destino no artigo que será fusionado (e que despois se converterá nunha mera redirección). En caso de que haxa que fusionar varios artigos nun só artigo destino, copia todo o contido do artigo destino en cada un dos artigos que serán fusionados. É dicir, debes pór exactamente o mesmo en todos os artigos e sen os modelos {{Fusión}} e {{Fusión desde}}.
  • A continuación será un administrador quen deberá fusionar os historiais de edicións das páxinas, dado que o proceso de combinación de historiais inclúe accións como eliminar páxinas e desfacer a súa eliminación, só é posible a súa realización por parte dos administradores. Para que a tarefa se leve a cabo axiña como sexa posible, hai que comunicalo no Taboleiro dos administradores.

Como fusionar os historiais

[editar | editar a fonte]
Nota: Esta sección é unha guía dos pasos a seguir polos administradores para completar o proceso, unha vez os artigos estean listos para a fusión de historiais.
  1. O primeiro de todo, é intentar mover o artigo que vai desaparecer ao artigo que vai quedar. Cómpre indicar no motivo algo semellante a "Movo para fusionar os historiais".
    1. Mover a páxina ao título definitivo. Motivo: Movo para fusionar os historiais.
  2. Ao premer no botón "Mover a páxina", a interface dará un aviso de advertencia preguntando se realmente se quere borrar o artigo de destino. Despois de comprobar que realmente o traslado é correcto, hai que marcar a opción "Si, borrar a páxina" para completar o traslado.
    2. Mensaxe de advertencia sobre o traslado.
  3. De seguido aparecerá unha mensaxe que confirma que o traslado se realizou correctamente.
    3. O traslado fíxose correctamente.
  4. Agora hai que ir ao historial da páxina destino. A propia mensaxe de confirmación do traslado ten varias ligazóns, entre elas unha que leva directamente ao historial de revisións. Ao acceder ao historial, na parte superior, aparecerá o seguinte texto: "Quere ver ou restaurar x edicións borradas?". Premendo na ligazón chégase ao formulario de restauración de páxinas, para recuperar as revisións que se borraron ao realizar o traslado.
    4. Ligazón no historial para recuperar as revisións borradas.
  5. Para restaurar todas as edicións perdidas, non é necesario facer nada. (Para unha recuperación parcial márcanse as caixas das edicións correspondentes.) Basta con incluír un motivo do tipo "Restauro para fusionar os historiais" e premer no botón "Restaurar".
    5. Recuperación das edicións borradas por mor do traslado.
  6. Deste xeito, o software MediaWiki combina automaticamente os historiais e mostrará unha mensaxe de confirmación.
    6. Confirmación da restauración.
  7. Finalmente, ás veces cómpre recuperar a versión correcta, ou última versión boa do artigo. Ao rematar este proceso é posible que non se mostre a versión correcta da páxina, debido ás datas de cada versión, aparecendo unha versión con contidos incompletos. Isto adóitase solucionar desfacendo a última edición. En caso de que a reversión non funcione ben, hai que facelo manualmente buscando a revisión desexada no historial e gardándoa directamente, especificando a acción no resumo de edición.
Despois de finalizar o proceso, revisa que as ligazóns interlingüísticas de Wikidata sexan as correctas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Frecha. Volver á páxina de axuda.