Axencia Europea de Defensa
A Axencia Europea de Defensa (AED) é unha das tres Axencias da Unión Europea que funcionan exclusivamente no ámbito da política europea de seguridade e defensa. Realiza funcións de coordinación e cooperación intergobernamental a nivel comunitario en todos os asuntos relacionados coas capacidades defensivas dos Estados membros, principalmente a través da aproximación e progresiva integración das súas industrias militares e a cooperación tecnolóxica e de investigación en materia defensiva.
A AED realiza a súa función para todos os membros da Unión Europea fóra de Dinamarca, que se atopa acollida a unha excepción para desvincularse en asuntos da defensa europea.[1]
A Axencia Europea de Defensa foi establecida polo Consello da Unión Europea o 12 de xullo de 2004, seguindo as recomendacións adoptadas polo Consello Europeo de Tesalónica e anticipándose ás previsións do entón proxecto de Constitución Europea redactado pola Convención. A súa sede atópase en Bruxelas (Bélxica).
Tarefas
[editar | editar a fonte]O Consello de Europa estableceu que a AED debía "apoiar aos Estados Membros e ao propio Consello no seu esforzo de mellorar as capacidades de defensa europeas nos asuntos de xestión de crise e soster a política europea de seguridade e defensa así como mantela agora e no futuro". Dentro a súa misión atópanse catro funcións principais:[2]
- Desenvolver as capacidades de defensa.
- Promocionar a investigación e desenvolvemento tecnolóxico en materia de defensa.
- Promocionar a cooperación en armamento.
- Crear un mercado competitivo de equipamento militar europeo e fortalecer as bases tecnolóxicas e industriais de Europa.
Estrutura
[editar | editar a fonte]Este corpo posúe personalidade xurídica e a súa dirección reside en tres elementos:
- Xefe da Axencia: responsable da organización e funcionamento xeral, asegurando a implementación das directrices e decisións. O cargo corresponde ao Alto Representante da Unión para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade, actualmente a socialista británica Catherine Ashton.
- Dirección administrativa: o corpo da axencia para a toma de decisións, composto polos ministros de defensa dos estados membros cun representante da Comisión Europea e liderado polo Xefe da Axencia.
- Conselleiro ou Xefe Executivo: xefe do persoal e responsable da supervisión e coordinación das unidades. Actualmente Alexander Weis, quen sucedeu a Nick Witney no seu cargo en outubro de 2006.[3]
Historia
[editar | editar a fonte]A Axencia Europea de Defensa é a continuación do traballo realizado pola Unión Europea Occidental para a efectiva transferencia das súas funcións ao marco da UE, e desmantelar así a estrutura da UEO.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ European Defence Agency Arquivado 20 de outubro de 2006 en Wayback Machine. europa.eu
- ↑ Background Arquivado 13 de xuño de 2007 en Wayback Machine. eda.europa.eu
- ↑ New Chief Executive of the European Defence Agency Appointed Arquivado 15 de outubro de 2009 en Wayback Machine. eda.europa.eu 24//05/07
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]