iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: https://gl.wikipedia.org/wiki/Avito
Avito - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Avito

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAvito

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Marcus Flavius Maecilius Eparchius Avitus Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento395 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Clermont-Ferrand, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte18 de agosto de 457 Editar o valor en Wikidata (61/62 anos)
Galia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBrioude Editar o valor en Wikidata
Emperador romano de Occidente
9 de xullo de 455 (Gregoriano) – 17 de outubro de 456 (Gregoriano)
← Petronio MáximoMaioriano →
Senador romano
Bispo
Cónsul romano
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote, político Editar o valor en Wikidata
Período de tempoBaixo Imperio Romano e Later Roman Empire (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloAugusto (título) Editar o valor en Wikidata
FillosPapianilla, Agricola, Ecdício Avito Editar o valor en Wikidata
PaiAgricola Editar o valor en Wikidata
IrmánsQ12279910 Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePaulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Avitus-5 Find a Grave: 40587334 Editar o valor en Wikidata

Marcus Maecilius Flavius Eparchius Avitus nace en Auvernia, na Galia no ano 395, no seo dunha familia senatorial (seu pai fora cónsul no ano 421). Tivo tres irmáns e os tres ocuparon cargos importantes na Galia entre os romanos. De boa educación, tamén foi estudoso das leis romanas. Foi emperador romano entre os anos 455 e 456.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Dende moi novo toma parte na administración e ten unha carreira civil e militar moi axeitada, xa que axiña chega a ser embaixador do emperador Constancio na corte visigoda de Tolosa, e no senso militar tomou parte en varias misións baixo o mando de Aecio, acadando no ano 439 o rango de Praetorian Prefectus na Galia.

Poucas veces ocorrera que nunha mesma persoa se xuntasen os dous cargos máis importantes. Tal foi así, que lle permitiu negociar cos visigodos as súas contribucións na loita contra os hunos, e no curto espazo de tempo que estivo Petronio Máximo como emperador, negociou o status como federados dos visigodos.

En canto a morte de emperador Máximo chega a Tolosa, e tralo posterior saqueo de Roma por parte de vándalos, Teodorico, rei dos visigodos, urxe a Avito para que tome a púrpura e se converta en emperador. No 455 celébrase a cerimonia en Tolosa, e despois se desprazan a Arles, onde o Consello das Sete Provincias acepta o nomeamento e volta a se celebrar a súa cerimonia de confirmación. Era o 9 ou 10 de xullo do 455.

Avito atopábase agora cunha serie de problemas para ser aceptado. O primeiro deles era o recoñecemento e aceptación por parte de Marciano, o lexítimo emperador de Oriente. Por parte dos senadores romanos, non estaban dispostos a recoñecer un emperador "estranxeiro" e que viña apoiado nos visigodos. Para atraer ao Senado romano contaba na propia Roma co apoio do seu xenro, Sidonio Apolinar, outro aristócrata das Galias que destacou o papel militar e romano de Avito.[1] Finalmente, os vándalos non eran un problema menor, xa que estaban fortes despois do saqueo de Roma.

Envía embaixadas a Oriente para o seu recoñecemento, pero Marciano pospón a súa decisión. Ao respecto dos vándalos, envía embaixadas a Xenserico, co fin de confirmar o tratado de paz feito no 442 co Imperio, e debido a que estaba fóra do tempo de navegación, Xenserico acéptao nun primeiro momento. Así mesmo, co rei dos visigodos Teodorico II asina un novo tratado de amizade e submisión, e que evita que os suevos na Hispania sexan un perigo, xa que aínda que invaden a Tarraconense, son os visigodos os que arranxan o problema, e que rematou en outubro do 456 na batalla do río Órbigo, cando os visigodos vencen definitivamente os suevos. Mentres tanto, Xenserico xa se atopaba en condicións de atacar e envía 60 barcos a Córsega e Sicilia para unha invasión, pero son destruídos por Ricimer, comandante en xefe das tropas en Italia e aliado do rei visigodo.

Avito atopábase en Roma, onde as súas tropas xa fixeran actos violentos na cidade para cobrar, xa que o tesouro imperial estaba baleiro. Pero as tropas de Maioriano e Ricimer volvían e atópanse coa saída de Avito de Roma, escapando quizais das revoltas dos cidadáns romanos envexados pola actitude da garda persoal do emperador. Neste encontro, ao parecer pídeselle a súa abdicación, pero a súa negativa cústalle a súa vida e máis o seu reino. Pero hai outra versión na historia, xa que din que, obrigado por Ricimer, aceptou a súa abdicación e foi nomeado bispo[2] de Piazenza. Se facemos caso á primeira versión, Avito finou en outubro de 456, mentres a segunda versión pon a súa morte a finais do 457.

Imperio Romano

Segue a:
Petronio Máximo
Avito
Precede a:
Maioriano
Imperio Romano de Occidente
  1. Castellanos, Santiago (2013). En el final de Roma (ca. 455-480): La solución intelectual. Madrid: Marcial Pons, Ediciones de Historia. ISBN 9788492820870. 
  2. Meier, p. 122

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Meier, Franz G. (1986). Las transformaciones del mundo mediterráneo. Siglos III/VIII (en castelán) (11ª ed.). Madrid: Siglo XXI Editores. ISBN 968-23-0887-9. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]