Australopithecus afarensis
Australopithecus afarensis Rango fósil: Plioceno | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Reconstrución dun exemplar femia
| |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Extinto (fósil) | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Australopithecus afarensis Johanson & White, 1978 |
O Australopithecus afarensis foi unha especie homínida que viviu hai entre 4 e 2,9 millóns de anos. O 30 de novembro de 1974 (outras fontes dan a data do 24 de novembro), Donald Johanson e o seu equipo descubriu en Hadar, na Depresión afar (Etiopía), un esqueleto case completo dunha femia homínida de 3,18 millóns de anos, á que lle deron o nome de Lucy (AL 288-1), pola canción que escoitaban, Lucy in the Sky with Diamonds dos Beatles, no momento de celebrar a descuberta. En 1978 denominaron a especie Australopithecus afarensis. As pisadas de Laetoli, dunha antigüidade de 3,7 millóns de anos, realizáronas individuos desta especie.
Ata o momento descubríronse restos duns 300 individuos, todos na rexión do Gran Val do Rift. O seu cerebro era pequeno (430 cm³), semellante ao dun chimpancé, pero claramente bípede e con molares e dentes pequenos. A especie presenta un claro dimorfismo sexual: as femias tiñan unha altura de 1,2 m e 30 kg de peso e os machos 1,5 m e 45–50 kg. As extremidades superiores eran máis longas cas inferiores, o que lle daba un aspecto simiesco e indica que podían gabear facilmente ás árbores. A súa alimentación era vexetariana.
Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |