iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: https://gl.wikipedia.org/wiki/Augamariña
Augamariña - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Augamariña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Augamariña
Augamariña coa súa típica cor celeste
Fórmula químicaBe3Al2Si6O18::Fe
ClaseSilicatos
SubclaseCiclosilicatos
Sistema cristalinoHexagonal
CorAzul verdosa
BrilloVítreo
Dureza7,5-8
FracturaConcoidea
ExfoliaciónMoi imperfecta
RaiaBranca
Densidade2,68-2,72 g/cm3

A augamariña (do latín aqua marinā que significa auga do mar, en referencia á súa cor) é un mineral da clase dos silicatos cuxa fórmula química é Be3Al2Si6O18 e que é unha variedade do berilo.

A augamariña preséntase en forma de cristais prismáticos hexagonais de cor azul verdosa. Esta cor é debida á inclusión na súa composición de partículas de ferro. Se o ferro que aparece é Fe2+ a súa cor será azulada e pola contra se é Fe3+ a súa coloración volverase un pouco máis verdosa.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Lugares onde se atopa

[editar | editar a fonte]

A augamariña é un mineral de orixe magmática que acostuma formarse a temperaturas duns 800 °C. Fai presenza en pegmatitas, en xistos micáceos e en filóns hidrotermais de calcio.

Moitos son os xacementos de augamariña que hai espallados polo mundo. Pódense atopar augamariñas na India, nos Estados Unidos e en moitos países de África, aínda que as explotacións máis importantes encóntranse no Brasil.

Usos da augamariña

[editar | editar a fonte]

É moi apreciada no mundo da xoiería e polos coleccionistas.

Outros silicatos

[editar | editar a fonte]

O cuarzo, o feldespato e a mica son outros silicatos importantes.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]