iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: https://gl.wikipedia.org/wiki/Argon
Argon - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Argon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Argon
Ne
 
 
18
Ar
 
               
               
                                   
                                   
                                                               
                                                               
Ar
Kr
CloroArgonPotasio
Táboa periódica dos elementos
[[Ficheiro:{{{espectro}}}|300px|center]]
Liñas espectrais do Argon
Información xeral
Nome, símbolo, número Argon, Ar, 18
Serie química Gases nobres
Grupo, período, bloque 18, 3, p
Densidade 1,784 kg/m3
Dureza {{{dureza}}}
Aparencia Incoloro
N° CAS
N° EINECS
Propiedades atómicas
Masa atómica 39,948(1)[1] u
Raio medio pm
Raio atómico (calc) 71 pm
Raio covalente 97 pm
Raio de van der Waals 188 pm
Configuración electrónica [Ne3s²3p6
Electróns por nivel de enerxía
Estado(s) de oxidación
Óxido
Estrutura cristalina cúbica centrada nas caras
Propiedades físicas
Estado ordinario Gas
Punto de fusión 83,8 K
Punto de ebulición 87,3 K
Punto de inflamabilidade {{{P_inflamabilidade}}} K
Entalpía de vaporización 6,447 kJ/mol
Entalpía de fusión 1,188 kJ/mol
Presión de vapor
Temperatura crítica  K
Presión crítica  Pa
Volume molar m3/mol
Velocidade do son 319 m/s a 293.15 K (20 °C)
Varios
Electronegatividade (Pauling)
Calor específica 520 J/(K·kg)
Condutividade eléctrica S/m
Condutividade térmica 0,01772 W/(K·m)
1.ª Enerxía de ionización 1520,6 kJ/mol
2.ª Enerxía de ionización 2665,8 kJ/mol
3.ª Enerxía de ionización 3931 kJ/mol
4.ª Enerxía de ionización 5771 kJ/mol
5.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización5}}} kJ/mol
6.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización6}}} kJ/mol
7.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización7}}} kJ/mol
8.ª enerxía de ionización {{{E_ionización8}}} kJ/mol
9.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización9}}} kJ/mol
10.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización10}}} kJ/mol
Isótopos máis estables
iso AN Período MD Ed PD
MeV
36Ar0,336estable con 18 neutróns
38Ar0,063estable con 20 neutróns
39ArSint.269 aβ-0,56539K
40Ar99,6estable con 22 neutróns
42ArSint.32,9 aβ-0,60042K
Unidades segundo o SI e en condicións normais de presión e temperatura, salvo indicación contraria.

O argon[2] é un elemento químico de número atómico 18 e símbolo Ar. É o terceiro dos gases nobres, incoloro e inerte coma eles, constitúe en torno ao 1% do aire.

Características principais

[editar | editar a fonte]

Ten unha solubilidade en auga 2,5 veces a do nitróxeno e a do osíxeno. É un gas monoatómico inerte, e incoloro e inodoro tanto en estado líquido como gasoso. Non se coñecen compostos verdadeiros do argon, si un composto con flúor moi inestable cuxa existencia aínda non se probou. O argon pode formar clatratos coa auga cando os seus átomos quedan atrapados nunha rede de moléculas de augas.

Aplicacións

[editar | editar a fonte]

Emprégase como gas de recheo en lámpadas incandescentes xa que non reacciona co material do filamento ata a altas temperatura e presión, prolongando deste xeito a vida útil da lámpada, e en substitución do neon en lámpadas fluorescentes cando se desexa unha cor verde-azul en vez do vermello do neon. Tamén como substituto do nitróxeno molecular (N2) cando este non se comporta como gas inerte polas condicións de operación.

No ámbito industrial e científico emprégase universalmente na recreación de atmosferas inertes (non reaccionantes) para evitar reaccións químicas indesexadas en multitude de operacións:

O argon-39 úsase, entre outras aplicacións, para a datación de núcleos de xeo, e augas subterráneas (véxase o apartado Isótopos).

No mergullo técnico, emprégase o argon para o inflado de traxes secos (os que impiden o contacto da pel coa auga a diferenza dos húmidos típicos de neopreno) tanto por ser inerte como pola súa pequena condutividade térmica o que proporciona o illamento térmico necesario para realizar longas inmersións a certa profundidade.

O láser de argon ten usos médicos en odontoloxía e oftalmoloxía; a primeira intervención con láser de argon, realizada por Francis L'Esperance, para tratar unha retinopatía realizouse en febreiro de 1968.

Henry Cavendish, en 1785, expuxo unha mostra de nitróxeno a descargas eléctricas repetidas en presenza de osíxeno para formar óxido de nitróxeno que posteriormente eliminaba e atopou que ao redor do 1% do gas orixinal non se podía disolver, afirmando entón que non todo o «aire floxisticado» era nitróxeno. En 1892 Lord Rayleigh descubriu que o nitróxeno atmosférico tiña unha densidade maior có nitróxeno puro obtido a partir do nitro. Rayleght e Sir William Ramsay demostraron que a diferenza se debía á presenza dun segundo gas pouco reactivo máis pesado que o nitróxeno, anunciando o descubrimento do argon (do grego αργoν, inactivo, nugallán ou preguiceiro) en 1894, anuncio que foi acollido con bastante escepticismo pola comunidade científica.

En 1904 Rayleight recibiu o premio Nobel de Física polas súas investigacións acerca da densidade dos gases máis importantes e o descubrimento da existencia do argon.

Abundancia e obtención

[editar | editar a fonte]

O gas obtense por medio da destilación fraccionada do aire licuado, no cal se atopa nunha proporción de aproximadamente o 0,94%, e posterior eliminación do osíxeno residual con hidróxeno. A atmosfera marciana contén un 1,6% de Ar-40 e 5 ppm de Ar-36.; a de Mercurio un 7,0% e a de Venus trazas.

Isótopos

[editar | editar a fonte]

Os principais isótopos de argon presentes na Terra son Ar-40 (99,6%), Ar-36 e Ar-38. O isótopo K-40, cunha vida media de 1,205×109 anos, decae, o 11,2% a Ar-40 estable mediante captura electrónica e desintegración β (emisión dun positrón), e o 88,8% restante a Ca-40 mediante desintegración β- (emisión dun electrón). Estes cocientes de desintegración permiten determinar a idade de rochas.

Na atmosfera terrestre, o Ar-39 xérase por bombardeo de raios cósmicos principalmente a partir do Ar-40. En contornas subterráneas non expostas prodúcese por captura neutrónica do K-39 e desintegración α do calcio.

O Ar-37, cunha vida media de 35 días, é produto do decaemento do Ca-40, resultado de explosións nucleares subterráneas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]