Andorra la Vella
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
País | Andorra | ||||
Paróquia (pt) | Andorra la Vella | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 24.042 (2023) (801,4 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 30 km² | ||||
Bañado por | Río Valira | ||||
Altitude | 1.022 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | século IX | ||||
Organización política | |||||
• Cònsol major (en) | Conxita Marsol Riart (en) | ||||
• Cónsul menor | Marc Pons Martell (en) | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | AD500 | ||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | AD-07 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | andorralavella.ad | ||||
Andorra la Vella[1][2] é a capital e unha das sete parroquias do Principado de Andorra, sendo a máis pequena en superficie e tamén a máis poboada.
Ten 12 km² e 22.151 habitantes (2018), situada na confluencia dos ríos Valira d'Ordino e Valira d'Encamp a 1.013 m de altitude. Forma unha aglomeración urbana duns 50.000 habitantes coas poboacións de Escaldes-Engordany ao leste e Sant Julià de Lòria ao sur.
A industria principal é o turismo, aínda que tamén destacan o comercio e os rendementos do capital estranxeiro depositado nas súas oficinas bancarias. Prodúcense mobles, tabaco e coñac.
O edificio máis emblemático da cidade é a Casa de la Vall, do século XVI, sede do Consell General dende 1702 e con preciosas pinturas murais.
A igrexa parroquial está dedicada a Santo Estebo, conserva a ábsida e o campanario románicos do século XI. Ao sur da cidade está a igrexa románica de Santa Coloma, co campanario circular.
Historia
[editar | editar a fonte]Hai constancia de poboamento na rexión dende antes da era cristiá. Menciónase a parroquia de Andorra pola primeira vez na acta de consagración da catedral de la Seu d'Urgell, no ano 839. É a capital do principado dende 1278, despois de que o Obispado de Urgell e o Condado de Foix decidisen compartir a soberanía do territorio andorrano. O sobrenome de "la Vella", derivado de "la Vila", engadiuse posteriormente para diferenciala do Principado.
O ano 1978 Escaldes-Engordany separouse da parroquia de Andorra.
En 1993 a nova Constitución estableceu un parlamento democrático, con sistema executivo, lexislativo e xudicial, todos situados na cidade.
Andorra a Vella optou a ser a sede dos Xogos Olímpicos de Inverno de 2010, que finalmente se celebraron en Vancouver (Canadá).
Demografía
[editar | editar a fonte]A cidade de Andorra a Vella forma unha aglomeración urbana duns 50.000 habitantes xuntamente coas parroquias de Escaldes-Engordany ao leste e Sant Julià de Lòria ao sur. Esta aglomeración esténdese en sentido lonxitudinal seguindo o trazado da estrada.
Andorra a Vella ten 24.574 habitantes, segundo o censo de 2007. A poboación está composta por un 43% de cidadanos españois, 33% de andorranos, 11% de portugueses, e 7% de franceses, máis algunhas outras comunidades minoritarias.
A parroquia está formada por dúas entidades de poboación: Andorra la Vella e Santa Coloma.
1865 | 1947 | 1965 | 1985 | 1995 | 2005 |
---|---|---|---|---|---|
1.100 | 1.975 | 8.833 | 17.201 | 21.984 | 23.587 |
Turismo
[editar | editar a fonte]Edificios e monumentos
[editar | editar a fonte]- Casa de la Vall. Un dos edificios máis emblemáticos da cidade, é unha casa-forte do século XVI que actualmente serve ao Consell General (parlamento andorrano) desde 1702.
- Igrexa de Santo Estevo. Igrexa parroquial que conserva o atrio e o campanario románicos do século XI. O resto, son remodelacións feitas con posterioridade, as máis significativas, nos anos 1940 a cargo do arquitecto modernista Josep Puig i Cadafalch.
- Igrexa de Santa Coloma. Edificio prerrománico situado ao sur da parroquia, en Santa Coloma d'Andorra. Ten un campanario circular.
- Pont de la Margineda. Ponte románico que cruza o río Valira. Situado ao norte, na antiga aldea da Margineda -practicamente limítrofe coa parroquia de Sant Julià de Lòria- trátase da ponte medieval máis grande dos que se conservan no Principado.
- Castelo e igrexa de Sant Vicenç d'Enclar. Situado a 1.126 metros de altura, por encima de Santa Coloma d'Andorra. Complexo medieval, antigamente fortificado, que se levantou sobre construcións romanas entre os séculos VII e VIII.
Economía
[editar | editar a fonte]A principal fonte de ingresos é o turismo, así como o comercio e o sistema bancario no que non se pagaba impostos (xa que agora hai un novo imposto chamado ISI do 4%), factor que favorece os investimentos estranxeiros. Tamén se producen bens de consumo como mobles, tabaco e coñac.
Transportes
[editar | editar a fonte]A cidade non ten aeroporto propio atopándose a tres horas dos aeroportos máis próximos, situados en: Tolosa, Xirona, Perpiñán, Lleida e Barcelona. Este é o resultado da súa poboación pequena e o seu territorio moi montañoso. Ademais, non ten estación de tren, aínda que hai un servizo de autobús que une a cidade coa estación de tren francés en L'Hospitalet-près-l'Andorre, que ten servizos de longo percorrido a París e tamén ao aeroporto de Barcelona.
Cidades irmandadas
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de setembro de 2015. Consultado o 17 de decembro de 2014.
- ↑ Outras fontes empregan a forma Andorra a Vella (Universidade de Vigo Arquivado 01 de xuño de 2014 en Wayback Machine.)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Andorra a Vella |
- Comú d'Andorra la Vella (en catalán)
- Andorra a Vella Arquivado 26 de agosto de 2019 en Wayback Machine.