iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: https://gl.wikipedia.org/wiki/Aluaxe
Aluaxe - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Aluaxe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Map of landing sites on the Moon
Neil Armstrong became the first human to step onto the surface of the Moon
  • Mapa interactivo coas localizacións de tódalas aluaxes exitosas na Lúa (enriba).

      Programa Luna (USSR)
      Chang'e 3 (China)

      Programa Surveyor (USA)
      Programa Apollo (USA)

As datas de aluaxe en Tempo Universal Coordinado. Agás as do programa Apollo, tódalas aluaxes foron non tripuladas.
  • Luna 2 foi o primeiro obxecto fabricado polo ser humano en chegar á superficie da Lúa (abaixo á esquerda).
  • Fotograma fixo dunha transmisión de vídeo, un intre antes de que Neil Armstrong se convertese no primeiro ser humano en pisar a superficie da Lúa, ás 02:56 UTC do 21 de xullo de 1969. Arredor de 500 millóns de persoas ollaron este evento en todo o mundo, sendo a maior audiencia televisiva dunha emisión en directo de tódolos tempos.[1][2]

Unha aluaxe[3] é a chegada dunha aeronave na superficie da Lúa. Isto inclúe tanto as misións tripuladas como as robóticas. O primeiro obxecto feito por humanos que logrou chegar á superficie da Lúa foi a misión Luna 2 da Unión Soviética, o 13 de setembro de 1959.[4]

O Apollo 11 estadounidense foi a primeira misión tripulada en chegar á Lúa, o 20 de xullo de 1969.[5] Realizáronse outras seis aluaxes tripuladas (entre 1969 e 1972) e numerosas aluaxes non tripuladas, sen aterraxes suaves entre o 22 de agosto de 1976 e o 14 de decembro de 2013.

Até o presente, os Estados Unidos de América é o único país en conseguir enviar misións tripuladas exitosas á Lúa, sendo a última delas en decembro de 1972.

  1. "Manned Space Chronology: Apollo_11". spaceline.org. Consultado o 6 de febreiro de 2008. 
  2. National Geographic (ed.). "Apollo Anniversary: Moon Landing "Inspired World"". Consultado o 6 de febreiro de 2008. 
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para aluaxe.
  4. "Luna 2". NASA–NSSDC. 
  5. NASA Apollo 11 40th anniversary.