iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: https://gl.wikipedia.org/wiki/Adolfo_Pérez_Esquivel
Adolfo Pérez Esquivel - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Adolfo Pérez Esquivel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAdolfo Pérez Esquivel

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de novembro de 1931 Editar o valor en Wikidata (93 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidad Nacional de La Plata Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónarquitecto, profesor universitario, pintor, escultor, escritor Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Buenos Aires Editar o valor en Wikidata
Membro de
Participou en
4 de xaneiro de 2021Dialogue for Catalonia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeAmanda Guerreño Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
1975-1978prisioneiro de conciencia Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1127183 BNE: XX1068284 Dialnet: 2657104 Editar o valor en Wikidata

Adolfo Pérez Esquivel, nado en Buenos Aires o 26 de novembro de 1931, é un arquitecto, escultor e activista de dereitos humanos arxentino a quen lle foi concedido o Nobel da Paz de 1980. Seu pai era natural da parroquia pontevedresa de Combarro (Poio).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

En 1974 na cidade de Medellín, en Colombia, Adolfo Pérez Esquivel coordinou a fundación do Servicio Paz y Justicia en América Latina (SERPAJ-AL), xunto con varios bispos, teólogos, militantes, líderes comunitarios e sindicalistas.

O SERPAJ-AL dedicouse a defender os Dereitos Humanos no continente e a difundir a Non-Violencia Activa como instrumento de transformación da realidade e de enfrontamento dos crimes de tortura e desaparición forzada de militantes políticos e axentes comunitarios e pastorais, practicados polas Ditaduras Militares que se instalaran por toda a América Latina, co apoio dos Estados Unidos que vivían entón o auxe da Guerra Fría coa Unión Soviética. Por esa actividade Adolfo Pérez Esquivel recibiu o Nobel da Paz de 1980.

Escultor, estudou arquitectura na Escola Nacional de Belas Artes da Universidade Nacional de La Plata. A partir de 1968, dedicou súa vida a propagar a non violencia e defender os dereitos humanos: fundou o Xornal Paz e Xustiza en 1973, e a partir de 1974 se tornou seu secretario. A publicación se tornou a voz do movemento pacifista en América Latina.

Entre 1977 e 1979, foi prendido por cuestións políticas. Durante esta reclusión recibiu o Premio Memorial de Paz Juan XXIII, entregada pola Organización Pax Christi Internacional.

Placa en Poio.

É membro do Comité da patrocinio da Coordinación internacional para o Decenio da cultura da non-violencia e da paz. Esquivel é tamén o Presidente da Academia de Ciencias Ambientais de Venecia en Italia, por iniciativa desta academia, xuntamente con outros Premios Nobel da Paz, entre eles: o Dalai Lama, Desmond Tutu, Shirin Ebadi, Rigoberta Menchú Tum, Mairead Corrigan, Betty Williams e outros está liderando unha campaña mundial pola creación dunha corte internacional para xulgar os crimes ambientais de grande monta. A campaña foi lanzada na cidade de Roma en xuño de 2009, oficializada en setembro en Venecia para o continente europeo, e o día 19/11/2009 no Memorial de América Latina en São Paulo, Brasil, para o continente latinoamericano.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]