iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: https://gl.wikipedia.org/wiki/A-7
A-7 - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

A-7

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A-7
Autovía do Mediterráneo
TipoloxíaAutovía
RedeRede de estradas do Estado
Ruta europea
Lonxitude1.329 km
Localización
InicioAlxeciras (Cádiz)
FinBarcelona

A Autovía do Mediterráneo ou A-7 é unha autovía española que comunica Alxeciras, na provincia de Cádiz, con Barcelona cun percorrido paralelo á costa mediterránea. É parte da E-15 da Rede de Estradas Europeas.

Cunha lonxitude de 1.329 km é a autovía máis longa de España. Inicia o seu percorrido en Alxeciras, pasa por localidades como Marbella, Málaga, Motril, Almería, Vera, Lorca, Murcia, Orihuela, Elx, Alacant, Valencia, Castelló de la Plana e Tarragona e finaliza en Abrera, onde se prolonga coa denominación de B-40. Gran parte da mesma está en servizo aínda que na parte comprendida entre Castelló e Barcelona faltan moitos tramos por construír. Nesa zona a única alternativa é a autoestrada de peaxe AP-7.

A autovía é competencia do Ministerio de Fomento, agás os tramos Alcoi-Canals e Sagunt-Vilanova d'Alcolea que dependen da Generalitat Valenciana, recibindo a denominación de CV-40 e CV-10, respectivamente.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]