Inicio
... Decid que queréis vernos esclavas y no compañeras vuestras; decid que de un ser que siente y piensa como vosotros queréis hacer unos juguetes vanos, unas máquinas [...] que, a medida de vuestro deseo, estén alegres...
Estamos traballando en...
Descubrindo o noso patrimonio...
Figueira da Casa de Rosalía
Esta figueira, xa histórica, leva resistindo heroicamente as inclemencias do tempo e a escasa lonxevidade da súa especie. O exemplar foi perdendo a galanura fisionómica que luciu nos seus mellores…
Relicario de Rosalía
En xullo de 2017 a Deputación da Coruña entregou un guecho de cabelo de Rosalía que ficaba en depósito da institución con orixe no legado da familia de Juan Naya,…
Novas
Inauguramos a reforma do Xardín de Rosalía
O novo xardín creouse seguindo unha concepción máis contemporánea, cos criterios do paisaxismo naturalista, que simula a natureza da contorna e é máis ecolóxico e sostible. A reforma incluíu tamén traballos de accesibilidade na entrada da Casa-Museo.
Convenio de colaboración coa Cátedra Rosalía da USC
A Fundación Rosalía de Castro e a recén creada Cátedra institucional Rosalía de Castro da USC xuntarán esforzos para desenvolver actividades de investigación e divulgación en torno á figura da autora e da súa obra. Así quedou materializado este mércores coa sinatura dun acordo na que participaron o reitor Antonio López e o presidente desta Fundación, Anxo Angueira.
Merca un libro en galego e leva unha escolma rosaliana
Con motivo do Día de Rosalía a Fundación Rosalía e a Fundación Xistral poñen en marcha, en colaboración coa Xunta, unha campaña de promoción do libro galego pola cal calquera que merque un libro en galego do 6 febreiro ao 3 de marzo recibirá como agasallo unha pequena escolma de textos rosalianos.
Rita Bugallo e Miguel Lois, novos membros da Fundación
O pasado 9 de novembro celebrouse un novo plenario da Fundación Rosalía de Castro no que tomaron posesión dous novos padroeiros: a profesora Rita Bugallo e o paisaxista Miguel Lois.
'Irmandiñas', de Aurora Marco, gaña o III Premio de Investigación Baltar Feijóo
O xurado do III Premio de Investigación e Ensaio Ramón Baltar Feijóo reuniuse na mañá de hoxe para deliberar e optou de forma unánime por galardoar ‘‘Irmandiñas’ (Laiovento, 2020) como…
O Día de Rosalía pasa a celebrarse o 23 de febreiro
A Fundación Rosalía de Castro reuniu a representantes de institucións culturais e educativas para tomaren a decisión de cambiar o Día de Rosalía ao 23 de febreiro logo do recente descubrimento que corrixe a data de nacemento da autora.