iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.wikiquote.org/wiki/Werner_Heisenberg
Werner Heisenberg - Wikiquote Saltar ao contido

Werner Heisenberg

En Galicitas, o Wikiquote en galego.
Este artigo ou sección precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros de texto ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo.

Werner Heisenberg (Würzburg, Alemaña, 5 de decembro de 1901 - Munich, 1 de febreiro de 1976), matemático e físico alemán.

Werner Karl Heisenberg (1927)

Citas

[editar]
  • "Todo novo coñecemento esencialmente novo colócanos de novo na situación de Colón, que tivo o valor de abandonar toda a terra coñecida até entón."
  • "Todas as cualidades do átomo da física moderna, que só pode simbolizarse mediante unha ecuación en derivadas parciais nun espazo abstracto multidimensional, son inferidas; non se lle pode atribuír directamente propiedade material algunha. Así pois, calquera representación súa que poida crear a nosa imaxinación é intrinsecamente deficiente; a comprensión do mundo atómico dese modo primario e sensorial... é imposíbel"
  • "As ideas non son responsábeis do que os homes fan con elas."
  • “Se a harmonía da sociedade, detrás da multiplicidade dos fenómenos, depende da común integración na Unidade, logo a linguaxe dos poetas podería ser máis importante que a dos científicos". (Atenas 1964)