iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.wikipedia.org/wiki/Yves_Saint-Laurent
Yves Saint Laurent - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Yves Saint Laurent

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Yves Saint-Laurent»)
Modelo:BiografíaYves Saint Laurent

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinalYves Mathieu-Saint-Laurent
Biografía
Nacemento(fr) Yves Henri Donat Mathieu-Saint Laurent Editar o valor en Wikidata
1 de agosto de 1936 Editar o valor en Wikidata
Orán (Alxeria) Editar o valor en Wikidata
Morte1 de xuño de 2008 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de cerebro Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoDeseño de moda e jewelry design (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndeseñador de alta costura, Estilista, pintor, coleccionista de arte, diseñador de vestuario, empresario, deseñador de xoias Editar o valor en Wikidata
Período de actividadeChristian Dior, S. A., 1955 Editar o valor en Wikidata -
MovementoAlta-costura (pt) Traducir e prêt-à-porter (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
12 de novembro de 2018Jewelry: The Body Transformed (pt) Traducir
28 de novembro de 1973The Battle of Versailles Fashion Show (en) Traducir
All that Glitters (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
ParellaPierre Bergé (–1976)
Jacques de Bascher Editar o valor en Wikidata
IrmánsBrigitte Mathieu-Saint-Laurent Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
maio de 2008-1 de xuño de 2008PaCS (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,
hedendaagsesieraden.nl (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0756721 Allocine: 36013 Allmovie: p112412 IBDB: 25286
BNE: XX5147921 Musicbrainz: 83d46fa1-470a-4607-b8b7-80f40e342ce4 Discogs: 1112433 WikiTree: Mathieu-Saint-Laurent-1 Find a Grave: 27248675 Editar o valor en Wikidata
Tenda Yves Saint Laurent en Portugal por Christophe Moustier, 1996

Yves Mathieu-Saint-Laurent, nado en Orán (Alxeria) o 1 de agosto de 1936 e finado o 1 de xuño de 2008 en París, foi un deseñador de moda francés, fundador da marca de roupa de alta costura homónima.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Con 18 anos entrou a traballar na firma Christian Dior, onde substituíu o propio Dior á fronte da súa firma dous anos despois, converténdose no modisto máis mozo da alta costura francesa. A súa carreira na sinatura Dior concluíu no ano 1960 cando foi chamado para cumprir co servizo militar francés.

En 1962 finalizou as súas obrigas coa milicia, e ao volver a París descobre que a casa Dior substituíralle por Marc Bohan, deseñador que se achegaba máis ao estilo ladylike que se buscaba. Saint-Laurent demandou á empresa por danos morais coa axuda do seu amigo Pierre Bergé, e co diñeiro recibido, mailo do empresario estadounidense Mack Robinson, creou a súa propia casa de costura. A primeira colección, Ligne Trapéze, dese mesmo ano, convértese nun éxito instantáneo.

As súas coleccións nos anos 60 salientan pola incorporación do smóking ao vestiario actual e a innovación en prét-a-porter feminino. Deseña decorados e vestiario para filmes e obras como Cyrano de Bergerac e A Pantera Rosa, e converte a Catherine Deneuve en icona de estilo e musa persoal.

A súa afección á arte lévalle a homenaxear a mestres como Piet Mondrian, Picasso e Braque, con vestidos que reproducen os seus motivos. Unha exposición na Coruña (febreiro de 2008) ilustraba esta influencia no seu traballo, reunindo os seus deseños xunto con obras de arte que os inspiraron.

Saint Laurent e Bergé reuniron unha importante colección de arte, ata que en data recente declararon que «cos prezos actuais, xa non podemos seguir comprando».

Cabe destacar que a imaxe e o logotipo da empresa encargouse o deseñador gráfico francés Cassandre, en uso hoxe en día.

Pasou á historia como o primeiro deseñador de moda que expuxo nun museo, o Metropolitan Museum de Nova York. Anunciou a súa retirada do deseño en xaneiro de 2002.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]