Xosé Benito Reza
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de abril de 1956 (68 anos) Celanova, España |
Actividade | |
Ocupación | enxeñeiro, escritor |
Premios | |
Xosé Benito Reza Rodríguez, nado en Celanova o 16 de abril de 1956, é un enxeñeiro de montes e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Enxeñeiro de montes pola Universidade Politécnica de Madrid (1980). Foi Director dos Parques Naturais Baixa Limia-Serra do Xurés e Invernadoiro (1995-1999) e Director Xeral de Conservación da Natureza (2005-2009) e como tal promoveu a Lei de Protección da Paisaxe de Galicia (2008), e declarou as primeiras paisaxes protexidas de Galicia. Promoveu a creación dos parques naturais da Baixa Limia-Serra do Xurés e do Invernadoiro, así como as reservas da biosfera “Río Eo, Oscos e Terras de Burón” e a do “Gerés-Xurés”. Impulsou e redactou a Lei de Protección da Paisaxe de Galicia, puxo en marcha o Comité de Árbores Monumentais de Galicia e o Observatorio Galego de la Biodiversidade.[1]
Foi presidente do Seminario de Estudos Celanovenses, membro da Fundación Curros Enríquez e do Grupo histórico arqueolóxico Larouco e secretario e xuíz honorario da Asociación de Amigos do Couto Mixto.[2]
Obras
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- Memorias do pedal. O Camiño portugués a Santiago (1999).
- Celanova e o vento, con Xosé Luís Méndez Ferrín (1999).
- Manuel Curros Enríquez (2001).
- Vivir en Ancares (2002). Consellería de Medio Ambiente.
- Arturo Noguerol Buján (2003).
- O Macizo Central Ourensán (2009). Caixa Galicia.
- Arnoia. Biografía de un río y una ribera (2012). CHMS.
- Os ríos da raia seca (2013). CHMS.
Narrativa
[editar | editar a fonte]- Terradentro, 2017.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Galicia 2020 (2001). Ir Indo.
- La Ribeira Sacra (2001). Caixanova.
- Ribeira Sacra. Biodiversidade e Historia (2009). Fundación Xermán Estévez.
- Natureza e paisaxe do Courel no Congreso sobre Uxío Novoneyra (2011). RAG.
Premios
[editar | editar a fonte]- Xuíz Honorario do Couto Mixto no 2004.
- Arraiano Maior no 2016.[3]
- Premio Antón Losada Diéguez de creación literaria 2018 por Terradentro.
- Premio Alecrín 2024 da la Federación de Entidades Galegas en Catalunya (Fegalcat).[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Región, La (2024-08-04). "Xosé Benito Reza, escritor e ingeniero de montes celanovés, recibirá el premio Alecrín 2024". La Región (en castelán). Consultado o 2024-08-06.
- ↑ "Centro de Documentación da AELG". aelg. Consultado o 6 de agosto de 2024.
- ↑ "Xosé Benito Reza recibió el premio de Arraiano Maior". La Región. Consultado o 05/03/2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha en galegos.info
- Ficha do autor en Xerais Arquivado 27 de abril de 2018 en Wayback Machine.