iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.wikipedia.org/wiki/Xerusalén
Xerusalén - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Xerusalén

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:Xeografía políticaXerusalén
ירושלים (he)
القدس (ar) Editar o valor en Wikidata
Vista nocturna
Fotomontaxe
Imaxe

EpónimoShalim (pt) Traducir e Q12246332 Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 31°46′44″N 35°13′32″L / 31.7789, 35.2256
EstadoEstado de Palestina
Territorio ocupadoCisxordania
GobernaciónsJerusalém (província) (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación936.425 (2019) Editar o valor en Wikidata (7.466,31 hab./km²)
Lingua usadalingua árabe
lingua hebrea Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie125,42 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude754 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
CreaciónIV milenio a. C. Editar o valor en Wikidata
Evento clave
33Pentecoste
33Ascensão de Jesus (pt) Traducir
33Resurrección de Xesús
33Crucifixión de Xesús
febreiro de 70Cerco de Xerusalén do ano 70
abril de 614Cerco de Jerusalém (pt) Traducir
novembro de 636Siege of Jerusalem (en) Traducir
15 de xullo de 1099Cerco de Jerusalém (pt) Traducir
20 de setembro de 1187Cerco de Jerusalém (1187) (pt) Traducir
15 de xullo de 1244 (Gregoriano)Siege of Jerusalem (1244) (en) Traducir
21 de maio de 1834Siege of Jerusalem (en) Traducir
xuño de 1967Reunificação de Jerusalém (pt) Traducir
37 a. C.Cerco de Jerusalém (pt) Traducir
63 a. C.Cerco de Jerusalém (pt) Traducir
589 a. C.Cerco de Jerusalém (587 a.C.) (pt) Traducir
597 a. C.Siege of Jerusalem (en) Traducir
701 a. C.Cerco de Jerusalém (pt) Traducir
1010 a. C.Siege of Jebus (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcalde, Alcalde, Alcalde e Alderman (en) Traducir Editar o valor en WikidataMoshe Lion (pt) Traducir (2018–sen valor) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativocité municipale de Jérusalem (pt) Traducir , Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal91000–91999 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico2 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Praga
Ayabe
Río de Xaneiro
Fez (1982–)
Nova York (1993–)
Bratislava (1995–)
Cuzco (1996–)
Tbilisi (1998–)
Kíiv (2000–) Editar o valor en Wikidata

Páxina webjerusalem.muni.il Editar o valor en Wikidata
BNE: XX451223

Xerusalén[1] (hebreo: ירושלים, Yerushaláyim; árabe: القدس, al-Quds; grego: Ιεροσόλυμα, Ierossólyma), é unha cidade do Medio Oriente reivindicada como capital tanto por Israel (actual administrador) coma polo Estado de Palestina. Localizada nunha meseta nas montañas da Xudea entre o mar Mediterráneo e o mar Morto, é unha das cidades máis antigas do mundo. Considerada sagrada polas tres principais relixións abrahámicasxudaísmo, cristianismo e islamismo.

Xerusalén: Muro das Lamentacións e a Cúpula da Rocha

Durante a súa longa historia, Xerusalén foi destruída polo menos en dúas ocasións, asediada 23 veces, 52 veces atacada, e capturada e recuperada en 44 ocasións.[2] A parte de Xerusalén coñecida como Cidade de David foi establecida no cuarto milenio antes de Cristo.[3] A cidade foi coñecida como "Urusalima" nas antigas táboas cuneiformes mesopotámicas, probablemente significando Cidade de Shalem, en honra a unha divindade caanita, durante os primeiros anos do dominio dese pobo. Durante o período israelita, comezouse unha significante actividade construtora que comezou cara o século IX a. C., e durante o século VIII a. C. a cidade desenvolveuse ata converterse no centro relixioso e administrativo do Reino de Xudá.[4] En 1538, reconstruíronse as murallas da cidade, durante o reinado de Solimán o Magnífico. Hoxe en día estas murallas definen o perímetro da Cidade vella, que tradicionalmente está dividida en catro cuartos desde o século XIX.[5] A Cidade vella foi nomeada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1981, e está incluída na lista de patrimonio mundial en perigo.[6] Desde 1860 Xerusalén creceu máis aló das antigas murallas. En 2015, a cidade tiña unha poboación de 850 000 residentes, dos cales 200 000 eran xudeus israelís seculares, 350 000 xudeus ultraortodoxos e 300 000 palestinos.[7]

Reconstrución do templo de Salomón

O status da parte oriental da cidade, conquistada en 1967 por Israel, está disputado, xa que neste sector —referido habitualmente como Xerusalén Leste ou Xerusalén Oriental, que inclúe a Cidade vella— é onde o Estado de Palestina pretende establecer a súa capital. Israel discute as reclamacións palestinas e, trala Guerra dos Seis Días, considera a cidade como un todo unificado e un mesmo municipio, declarándoa como a súa capital "eterna e indivisible" mediante a Lei de Xerusalén en 1980. Esta anexión provocou un amplo rexeitamento na comunidade internacional, materializado na resolución 478 do Consello de Seguridade da ONU, que a considerou contraria ao Dereito internacional,[8] e en sinal de protesta por este acto unilateral os Estados membros das Nacións Unidas acabaron por trasladar as súas embaixadas a Tel Aviv, tal como pedía a resolución.

Toponimia

[editar | editar a fonte]

Nuns textos de execración da época do Imperio Medio de Exipto, cara o século XIX a. C. aparece mencionada unha cidade chamada Rušalim que é amplamente, máis non de xeito unánime, identificada con Xerusalén.[9][10] A cidade aparece recollida como Urušalim nas cartas de Amarna de Abdi-Heba (cara o 1300 a. C.).[11]

O nome Xerusalén enténdese etimolóxicamente como "fundación (do sumerio yeru, 'asentamento'/semítico yry' 'fundar, deitarse') do deus Shalem"[12][13]. Este deus foi a deidade orixinal durante a idade de Bronce na cidade.[14]

A forma hebrea Yerushalem ou Yerushalayim (Xerusalén) aparece por primeira vez na Biblia, no libro de Xosué. Segundo un Midrash, o nome é unha combinación de "Yireh" ("a morada", o nome dado por Abraham ao lugar onde tiña que sacrificar ao seu fillo) e "Salem" ("Lugar de Paz", dado polo Sumo Sacerdote Sem) polo que ambos nomes estaban unidos por Deus.[15][16]

En árabe, Xerusalén coñécese habitualmente como القُدس, transliterado como al-Quds e significa "A Santa" ou "O Santo Santuario".[17][18] A política oficial do goberno de Israel prefire o uso da forma أُورُشَلِيمَ, transliterada como Ūršalīm, máis afín ao nome hebreo, para que sexa utilizada en árabe como nome para a cidade xunto ao de al-Quds أُورُشَلِيمَ-القُدس (Ūršalīm al-Quds).[19] As familias árabes palestinas orixinarias da cidade refírense a miúdo a ela como "Qudsi" ou "Maqdisi", mentres que os xerosolimitanos palestinos musulmáns usan estes termos como o xentilicio.[20]

Demografía

[editar | editar a fonte]

No 2012, tiña unha poboación de 933 113 habitantes. A súa aglomeración urbana terá preto de 1088 mil habitantes. É unha cidade moi heteroxénea onde están representados grupos dunha vasta diversidade relixiosa, nacional e sócio-económica. A chamada "cidade vella" está rodeada de murallas e está dividida en catro partes: a xudaica, a cristá, a armenia e a musulmá.

Evolución da poboación

[editar | editar a fonte]
Ano Xudeus Musulmáns Cristiáns Total
1525 1000 3700 ? 4700
1538 1150 6750 ? 7900
1553 1634 11,750 ? 12,384
1562 1200 11,450 ? 12,650
1844 7120 5000 3390 15,510
1876 12,000 7560 5470 25,030
1896 28,110 8560 8750 45,420
1922 34,000 13,400 14,700 62,600
1931 51,200 19,900 19,300 90,500
1944 97,000 30,600 29,400 157,000
1948 100,000 40,000 25,000 165,000
1967 195,700 54,963 12,646 263,307
1980 292,300 ? ? 407,100
1985 327,700 ? ? 457,700
1987 340,000 121,000 14,000 475,000
1990 378,200 131,800 14,400 524,400
1995 482,000 164,300 16,300 662,600
1996 421,200 ? ? 602,100
2000 448,800 208,700 ? 657,500
2004 464,000 ? ? 692,000
2012 933 113
Véxase tamén: Cidade vella de Xerusalén.

Xerusalén atópase a só vinte quilómetros de Xericó, que se considera o primeiro asentamento protourbano da historia (c. 8000 a.C.), e na ruta dende este primixenio enclave ao Mediterráneo (50 km). Non é por conseguinte estraño que os outeiros polos que se estende a cidade fosen dende tempos moi remotos lugar de actividade humana.

A cidade en 1900 dende o Monte dos Olivos

En concreto xa antes do 3000 a.C., no contorno do manancial Gihon nas abas do monte Ophel (un esporón ao sur da actual explanada das mesquitas [21]), aparecen achados dun primitivo poboamento que, a partir daquela data, indican un reasentamento permanente (olaría, casas rectangulares, sepulcros escavados na rocha). Ese vai ser o lugar da primeira Xerusalén.

Será ao redor do 2000 a.C. cando, despois de que na segunda metade do terceiro milenio non haxa apenas restos de actividade no enclave (posible destrución por conquistadores), reaparece reconstruída unha cidade-estado cananea co nome, segundo textos exipcios, de Rushalimum ou Urusilimu. Ao principio coma unión de varias tribos cada cal co seu líder, e unha centuria máis tarde cun rei.

É xa a cidade que en hebreo na Biblia se denomina Yerushalem (fundada por Shalem, divindade amorrea, ascendencia dos cananeos), onde Abraham tivo un encontro co seu rei Melquisedec.

No monte ao norte da cidade, chamado Moria, Abraham sacrificou un carneiro no canto do seu fillo Isaac. Andando o tempo será un dos lugares tidos por máis sagrados.

A cidade cananea era un centro importante cun recinto ben fortificado que abrigaba tamén o manancial Gihon (onde se erixía unha forte torre defensiva

Manancial Gihon

. Fóra de murallas existían dous lugares sagrados: un ao norte, no monte Moria, dedicado a Shalem; e o outro na situación do actual Santo Sepulcro.

Ata o século XIII a.C. parece que houbo un estancamento e progresivo declive, coincidente coa posible chegada dos Pobos do mar e incendio da cidade. Para cando chegaron as tribos xudías á rexión, volvía a ser unha praza forte en mans dos xebuseos (pobo amorreo tamén). A cidade era pequena pero ben protexida cunha cidadela no norte[22]. Os xudeus asentáronse nas inmediacións sen atacala.

Cidade de David e Templo de Salomón

[editar | editar a fonte]

Con todo, cara ao 1000 a.C., o rei David da tribo de Xudá conquista a cidade e faina capital das doce tribos de Israel, nun principio como lugar neutral de compromiso para o resto.

Unha segunda decisión transcendental para a historia da cidade foi elixila tamén capital relixiosa, trasladando ao monte Moria o Tabernáculo coa Arca da Alianza. A súa idea era construír alí un templo para albergala, pero a tarefa recaerá no seu fillo Salomón. O que si fixo David foi levantar un pazo onde se situaba a cidadela xebusita (o lugar chamado Millo)[23].

O rei Salomón estende a cidade dobrando o seu tamaño. Constrúe un complexo pacego no Ophel, entre a vella cidade amurallada e a nova explanada ao norte, onde inicia a erección do primeiro Templo de Xerusalén (960 a.C.)[24][25][26]. A descrición bíblica, da que non quedan restos, fala da gran suntuosidade dos materiais empregados na construción do conxunto (artesáns e materiais de Tiro, cedros do Líbano), separado do resto da cidade por unha muralla [27].

En 922 a.C., as disensións internas deixan a Xerusalén coma capital só do reino de Xudá. Porén, comeza un período de máis de tres séculos de expansión urbana e crecemento da poboación (refuxiados do reino escindido de Israel ao norte) no que se converte nunha verdadeira cidade, centro relixioso de primeira orde. O desenvolvemento realízase cara ao oeste salvando o val do Tyropoeon, e baixo o reinado de Ezequías (727 a.C.-698 a.C.) arrodéase dunha forte e ancha muralla [28][29]. A outra grande infraestrutura desta época pretende garantir o abastecemento de auga dende o manancial Gihon, para o cal escávase un canal subterráneo ata a punta sur da cidade, onde se acumula nunha cisterna (a piscina de Shiloé) [30].

Conquista Babilonica

[editar | editar a fonte]

No 586 a.C. os babilonios toman e arrasan a cidade queimando o Templo de Salomón. Amnistiados polo rei Ciro II de Persia no 538 a.C., os xudeus regresan e reconstrúen Xerusalén, erixindo un novo Templo (516 a.C.) no mesmo lugar e coas mesmas dimensións [31] pero sen o complexo palacial que o separaba do pobo [32][33]. Convértese nun lugar de peregrinación.

De calquera maneira, a agora capital de provincia persa permanece pequena en comparanza co que foi. Aínda cando Nehemías reconstrúe as vellas murallas do oeste (435 a.C. [34]). Nesta época constrúese tamén unha fortaleza (HaBirah) na vulnerable esquina noroeste do monte do Templo.

No período helenístico Xerusalén continúa coma unha pequena cidade. Tras gozar dunha grande autonomía, os intentos helenizadores (un ximnasio xunto a HaBirah, vilas dos ricos en estilo clásico na chamada cidade superior) rematan na revolta dos macabeos en 168 a.C. ao entendelo como unha agresión aos ritos xudeus. Os ocupantes erixen unha nova fortaleza (Acra) no Ophel, onde estaba o pazo de Salomón. Tras anos de guerra, os macabeos conquistan a cidade e fana de novo capital, instaurando a Dinastía Hasmonea. O crecemento subseguinte volta a ser dramático. Os reis hasmoneos refán novamente as murallas e constrúen un pazo preto da ponte que, atravesando o val Tyropoeon, levaba do monte do Templo á parte oeste (cidade superior)[35]. Asemade amplían a explanada do Templo cara ao sur recheando o val e derrubando o Acra, símbolo da ocupación helena.

No 63 a.C., os romanos ao mando de Cneo Pompeio Magno conquistan a cidade.

Herodes e o cénit de Xerusalén

[editar | editar a fonte]

Proclamado por Roma rei de Xudea no 37 a.C., Herodes o Grande vai emprender unha actividade construtora que levará a cidade ao seu apoxeo [36]: empeza restaurando e ampliando o Templo[37]; para a inxente cantidade de peregrinos duplica a superficie da explanada (o actual Muro das Lamentacións é un resto do gran muro de contención occidental [38]) e deféndea cunha nova fortaleza no canto da HaBirah, a impoñente Antonia[39]. Pechando o sur do recinto eleva unha gran Basílica Real, sempre no prevalecente estilo helenístico[40].

Para si erixe un pazo no extremo oeste da cidade superior, xunto a primeira muralla[41], protexido por tres magníficas torres [42] (cidadela que andando o tempo chamarase Torre de David). Baixando cara o Tyropoeon, a cidade superior é o barrio de luxosas vilas das altas dignidades da corte, e no seu límite leste eríxense o hipódromo e o teatro[43].

Como o gran crecemento da capital tiña superado o antigo recinto polo norte, manda facer unha segunda muralla que cerque os novos barrios [44]. A máis, amplía o sistema de abastecemento de augas para a pequena metrópole con novos encoros, reservorios, cisternas e acuedutos.

Esta vai ser a cidade onde morrerá Xesús de Nazaret, versión revisada co estudo do Evanxeo de Bernabé, excluído no seu momento da Biblia.

Tras Herodes, cara o 44 d.C. unha terceira muralla foi levantada máis ao norte[45]. Despois os conflitos entre xudeus e romanos foron en ascenso ata que unha gran revolta foi finalmente, no ano 70 d.C., esmagada polo futuro emperador Tito Flavio Sabino Vespasiano, Xerusalén arrasada e o Templo destruído.

Aelia Capitolina

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Aelia Capitolina.

Nos anos que seguiron, a Lexión X asentouse no que fora a cidade superior. A poboación xudía foi substituída por romanos e helenísticos. Os xudeus convertidos a nova relixión cristiá foron tolerados, e deron orixe a unha pequena comunidade asentada arredor da lexión, e que vivía proporcionándolle diversos servizos.

Mapa Madaba: mosaico do s. VI no que se aprecia o Cardo Maximus (N-S de 22m ancho), porticado, concentrando a actividade comercial.

A resposta a revolta foi severa e exemplar. Así, unha nova cidade, urbe ou polis, consagrada aos novos deuses dunha nova cidade, co nome de Aelia Capitolina, no 130 foi fundada polo emperador Adriano sobre as ruínas de Xerusalén[46]. Sen murallas (engadidas cara o fin do século III ou en época bizantina), e coa disposición clásica do urbanismo romano (catro portas [47], cardo, decumanus, foros). Basicamente configurou a estrutura da cidade vella actual: catro barrios e límites das murallas otomás.

Na explanada do Templo Adriano erixiu un novo, dedicado a Xúpiter.

Cristiana e bizantina

[editar | editar a fonte]
Santo Sepulcro no século IV.

Ao comezo do século IV, coa asunción do cristianismo coma relixión do Imperio e a división do mesmo, coa conseguinte proclamación de Constantinopla a súa nova capital do Imperio Romano de Oriente, Xerusalén vai se converter no foco de peregrinación da emerxente nova fe, Terra Santa. Da man da nai do emperador Constantino I o Grande, Santa Helena, eríxense igrexas conmemorativas nos chamados santos lugares, onde se pensaba que Xesús Cristo pasara as súas derradeiras horas. A máis importante, no centro urbano, a do Santo Sepulcro (326/35 [48]). Levantada no lugar da morte e sepultura de Xesús (Gólgota), derrubando o templo a Venus que levantara o emperador Adriano no lugar, o templo de Xúpiter tamén sufriu a mesma sorte ca chegada do cristianismo. Ao outro lado do val de Kidron, no Monte das Oliveiras, erixiuse outra igrexa importante, a Eleona (325-35). Despois de languidecer coma pequena colonia de provincias, a economía local vai reverdecer co impulso das peregrinacións.

É de destacar que a décima lexión abandonará a cidade a fins do século III, deixando un baleiro urbano propicio para a construción de igrexas, mosteiros e hostalerías monásticas,actual barrio armenio.

Durante o Imperio Bizantino, cara a metade do século V, a emperatriz Eudoxia construíu varias igrexas, unha preto da cisterna de Siloé, o que tivo por consecuencia estender as murallas e por ende a cidade ata o sur, aos vellos límites da primeira muralla. Foi o emperador Xustiniano quen deu corpo a esta extensión ampliando ata alí o Cardo Máximus, dándolle esplendor e construíndo a Nea Igrexa (540), a maior basílica bizantina en Xerusalén[49].

A cidade foi tomada polos persas sasánidas no 614 e conquistado pouco despois polo califa Omar.

Xerusalén musulmá

[editar | editar a fonte]
planta da Cúpula da Rocha
A Cúpula da Rocha vista desde o terrado da Igrexa da Última Cea. Ao fondo pode verse o Monte das Oliveiras.

A cidade foi conquistada polo califato omeia no ano 638, e de seguido planeouse erixir unha mesquita na explanada baleira do Templo.

A rivalidade entre o califato omeia de Damasco (dende o 661) e as cidades santas da península arábiga, A Meca e Medina, levaron ao califa Abd al-Malik a promover a Xerusalén coma centro de peregrinación erixindo a Cúpula da Rocha (685-92) no centro da explanada, atribuíndo ao lugar a pasaxe do Corán onde se relata unha viaxe nocturna de Mahoma e posterior ascensión, dende a suposta rocha do sacrificio de Abraham, aos ceos. A máis, na esquina suroeste, construíu un complexo pacego e hospital de peregrinos.

O seu fillo e sucesor, o califa Al-Walid I, completa o conxunto reconstruíndo a mesquita Al-Aqsa en pedra a comezos do século VIII[50].

Ambas obras de primeira orde, fundacionais da arte islámica, van conformar un conxunto (explanada das mesquitas, Haram Esh Sharif[51]) que ata hoxe identifica o perfil da cidade[52].

No 750, os abásidas fanse co poder e desprazan o centro de gravidade do califato a Bagdad. Xerusalén resulta completamente esquecida excepto para as reconstrucións de Al Aqsa tras varios terremotos (que destrúen os pazos omeias).

Por contra, recibe unha crecente atención dos emerxentes poderes do occidente cristián. Sinaladamente do emperador Carlomagno que manda construír mosteiros, hospedería, mercado e biblioteca.

O campo de batalla no que se converteu a rexión no século XI fixo que Xerusalén cambiara constantemente de mans (tulúnidas, fatimitas, turcos seleúcidas). Repregáronse as murallas do sur ata os límites de Aelia Capitolina e comezou a segregación de barrios por relixións[53].

Época das Cruzadas

[editar | editar a fonte]

En 1099 os cruzados toman a cidade, masacran a poboación musulmá e xudía e instauran o Reino de Xerusalén.

A nova capital cristiá organízase segundo as diferentes orixes dos cruzados, dentro das murallas cuxo perímetro subsiste en grandes liñas ata hoxe, cunha reforzada cidadela (Torre de David) a carón da que se dispúña o pazo real[54].

Eríxense novas igrexas (Santa Ana) e reconstrúense outras, significativamente a do Santo Sepulcro en estilo románico. A Cúpula da Rocha cristianízase coma Templo do Señor. As ordes militares asentan os seus cuarteis en diferentes puntos da cidade (os Templarios segundo o seu nome, na explanada do Templo, ocupando Al Aqsa; os Hospitalarios de Malta preto do Santo Sepulcro; os Teutónicos no sur).

Imperio otomán

[editar | editar a fonte]

No 1187 Saladino conquista a cidade (Al-Quds, como xa comezaba a coñecerse no mundo árabe. Un sucesor seu, sultán ayubí de Damasco manda demoler as murallas en 1219, e así vai permanecer Xerusalén por vez primeira na súa historia, desgornecida (só a cidadela foi reparada en 1310) ata que o sultán otomán Suleimán o Magnífico levante as definitivas murallas cara a 1550[55][56].

Non é máis que un sinal da súa definitiva perda de importancia coma centro de poder político en beneficio do Cairo ayubí e mameluco ou o Istambul otomán, a finais do século XVIII tiña menos de 10.000 habitantes[57].

A Cúpula da Rocha está situada sobre a Explanada das Mesquitas no lugar onde se encontraba o antigo Templo dos xudeus.

Nesta época a cidade non era tan sequera capital provincial, porén continúa a construción de madrasas (escolas coránicas), zawiyas (mosteiros) e ribats (hospederías de peregrinos). Situadas sobor de todo ao redor do Haram (ao norte e oeste, futuro barrio musulmán)[58][59]. Naquel, os sultáns mamelucos (1250-1517) e otománs si que se ocuparon de embelecer a Cúpula da Rocha e a mesquita Al Aqsa, asemade de fornecer o complexo con novos aditamentos (El Kas, fonte para ablucións).

Foi o tempo no que a poucos, unha pequena comunidade xudía foi tolerada no sueste da cidade, cunha primeira sinagoga (Ramban); comunidade ampliada despois cos refuxiados sefardís da expulsión de España (século XVI). Así foise configurando o barrio xudeu.

Século XIX

[editar | editar a fonte]

A partir de 1831 levouse a cabo algún cambio administrativo que mellorou a situación da cidade: primeiro, estendéronse os dereitos aos non musulmáns (forte inmigración xudía); reorganizouse a administración e concedéuselle o estatuto de municipalidade en 1863; en terceiro lugar, incrementouse a seguridade de camiños e urbana (peregrinacións).

O resultado inmediato foi o incremento de poboación; o establecemento de consulados das potencias occidentais do momento que á súa vez protexían os connacionais das fundacións relixiosas asentadas; as expedicións de estudosos historiadores e arqueólogos; en definitiva, unha mellora radical da economía da cidade.

Un dos efectos da forte inmigración de xudeus da diáspora foi o amoreamento no seu barrio na cidade vella[60], o que provocou por vez primeira a expansión fóra de murallas a partir de 1860 [61], especialmente no oeste e noroeste (estrada de Xafa) [62].

Protectorado británico

[editar | editar a fonte]

O período de entreguerras baixo mandato británico foi o do desenvolvemento de Xerusalén coma cidade moderna. Capital de Palestina, experimenta un enorme crecemento ordenado segundo plans urbanísticos (1918 por W.McLean; 1919, P.Geddes). Constrúese o centro actual cos grandes hoteis (King David) e barrios residenciais segundo a moda dos ocupantes (cidade xardín inglesa) e os novos inmigrantes, arquitectos alemáns que traen o estilo internacional da Bauhaus[63].

En 1918 fundouse no Monte Scopus a que sería a primeira universidade xudía, a Universidade Hebrea de Xerusalén.

Capital dun conflito sen rematar

[editar | editar a fonte]

Trala progresiva colonización xudea, a guerra de 1948 e a independencia de Israel, o armisticio deixou unha liña verde entre a parte occidental (israelí) e o leste xunto a cidade vella (árabe)[64]. Porén a raíz da Guerra dos Seis Días de 1967 Israel anexionou unilateralmente os barrios orientais [65].

Dende entón, séguese a producir o desenvolvemento de novas áreas na zona ocupada [66][67], configurando unha metrópole entre dúas beiras, dous mundos enfrontados (Israel e Autoridade Nacional Palestina en Cisxordania dende 1994).

Cidades irmandadas

[editar | editar a fonte]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xerosolimitano.
  2. "Do We Divide the Holiest Holy City?". Moment Magazine. Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2008. Consultado o 5 de marzo de 2008.  Segundo Eric H. Cline en Jerusalem Besieged.
  3. "Timeline for the History of Jerusalem". Jewish Virtual Library. American-Israeli Cooperative Enterprise. Consultado o 16 April 2007. 
  4. Moore, Megan Bishop; Kelle, Brad E. (17 de maio de 2011). "Biblical History and Israel's Past: The Changing Study of the Bible and History". Wm. B. Eerdmans Publishing – vía Google Books. 
  5. Ben-Arieh, Yehoshua (1984). Jerusalem in the 19th Century, The Old City. Yad Izhak Ben Zvi & St. Martin's Press. p. 14. ISBN 0-312-44187-8. 
  6. "Old City of Jerusalem and its Walls". UNESCO World Heritage Convention. Consultado o 11 setembro 2010. 
  7. Tom Teicholz (20 de xullo de 2015). "Mr. Jerusalem: Nir Hasson of Haaretz's 'The Jerusalem Blog'". Forbes Israel. Consultado o 4 de agosto de 2017. 
  8. El Estatuto jurídico-internacional de Jerusalén, por Alfonso J. Iglesias Velasco, profesor asociado de Derecho Internacional Público Universidad Autónoma de Madrid.
  9. David Noel Freedman; Allen C. Myers; Astrid B. Beck (2000). Eerdmans dictionary of the Bible. Wm. B. Eerdmans Publishing. pp. 694–695. ISBN 978-0-8028-2400-4. Consultado o 19 de agosto de 2010.  Nadav Na'aman, Canaan in the 2nd Millennium B.C.E., Eisenbrauns, 2005 pp.177ff. ofrece unha opinión diferente, argumentando que para a transcrición Rôsh-ramen, etimoloxilazada a r'š (cabeza) e rmm (exaltación), para significar a Cabeza exaltada e non se refire a Xerusalén.
  10. G. Johannes Botterweck, Helmer Ringgren (eds.) Theological Dictionary of the Old Testament, (tr. David E. Green) William B. Eerdmann, Grand Rapids Michigan, Cambridge, UK 1990, Vol. VI, p. 348
  11. "The El Amarna Letters from Canaan". Tau.ac.il. Consultado o 11 de setembro de 2010. 
  12. Meir Ben-Dov, Historical Atlas of Jerusalem, Continuum International Publishing Group, 2002, p. 23.
  13. Binz, Stephen J. (2005). Jerusalem, the holy city. Mystic, CT.: Twenty-Third Publications. p. 2. ISBN 9781585953653. OCLC 59227061. 
  14. G. Johannes Bottereck, Helmer Ringgren, Heinz-Josef Fabry, (eds.) Theological Dictionary of the Old Testament, tr. David E. Green, vol. XV, pp. 48–49 William B. Eeerdmanns Co. Grand Rapids, Michigan/Cambridge UK 2006, pp. 45–6
  15. Ginzberg, Louis (1909). The Legends of the Jews Volume I: The Akedah (Translated by Henrietta Szold) Philadelphia: Jewish Publication Society.
  16. Xenese "11-15". A Biblia Galega. 
  17. Denise DeGarmo (9 de setembro de 2011). "Abode of Peace?". Wandering Thoughts. Center for Conflict Studies. Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2012. Consultado o 17 de decembro de 2011. 
  18. Bosworth, Clifford Edmund (2007). Historic cities of the Islamic world. Leiden: Brill. pp. 225–226. ISBN 9789047423836. OCLC 308130674. 
  19. "The Official Website of Jerusalem". Municipality of Jerusalem. 19 September 2011. Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2007. 
  20. Sonbol, Amira (1996). Women, the Family, and Divorce Laws in Islamic History. p. 133. 
  21. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2007. Consultado o 16 de xuño de 2012. 
  22. http://www.bu.edu/mzank/Jerusalem/mp/periodic/jebusite.gif
  23. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2013. Consultado o 20 de agosto de 2013. 
  24. "solomons_temple.gif (500x750 pixels)". archive.is. 2012-12-12. Archived from the original on 12 de decembro de 2012. Consultado o 2019-07-26. 
  25. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2014. Consultado o 16 de xuño de 2012. 
  26. "Xerusalén". Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2003. Consultado o 22 de marzo de 2003. 
  27. "Templo de Salomón". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 20 de agosto de 2013. 
  28. http://www.bu.edu/mzank/Jerusalem/mp/periodic/1st_temple.jpg
  29. http://212.179.31.105/images/Uploaded/ariel%20center-model%20of%20Jerusalem.jpg[Ligazón morta]
  30. http://hitch.south.cx/HezekiahsTunnel-Plan.gif Arquivado 17 de abril de 2013 en Wayback Machine.][https://web.archive.org/web/20130417204653/http://hitch.south.cx/ba8.jpg Arquivado 17 de abril de 2013 en Wayback Machine.
  31. "Primeiro e segundo templo". Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2007. Consultado o 10 de xullo de 2007. 
  32. http://www.bu.edu/mzank/Jerusalem/mp/periodic/nehemiah.jpg
  33. http://ecx.images-amazon.com/images/I/61G6BPENFBL._SL500_AA240_.jpg
  34. "Xerusalén nos tempos de Nehemías". Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2010. Consultado o 21 de decembro de 2010. 
  35. http://www.templemount.org/sagiv2/drawing8.jpg
  36. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 25 de maio de 2013. Consultado o 20 de agosto de 2013. 
  37. http://www.intercontinentalcog.org/images-galleries%203/Temple_at_time_of_Jesus-099.jpg
  38. http://www.intercontinentalcog.org/images-galleries%203/Temple_at_time_of_Jesus-098.jpg
  39. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2013. Consultado o 14 de setembro de 2008. 
  40. http://www.intercontinentalcog.org/images-galleries%203/Temple_Mount-05477.jpg
  41. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2007. Consultado o 03 de setembro de 2008. 
  42. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2006. Consultado o 03 de setembro de 2008. 
  43. http://www.ebibleteacher.com/images/jerumod.jpg
  44. http://www.templemount.org/graphics4/Fig15-4.gif
  45. http://www.bu.edu/mzank/Jerusalem/mp/periodic/herodian.jpg
  46. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de maio de 2012. Consultado o 16 de xuño de 2012. 
  47. "Porta antiga de Damasco". archive.is. 2013-01-08. Archived from the original on 08 de xaneiro de 2013. Consultado o 2019-07-26. 
  48. "Igrexa do Santo Sepulcro". Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2013. Consultado o 20 de agosto de 2013. 
  49. "Xerusalén bizantino". Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2014. Consultado o 20 de agosto de 2013. 
  50. http://www.bu.edu/mzank/Jerusalem/mp/periodic/al-quds(-1099).jpg
  51. http://www.planetware.com/i/map/ISR/jerusalem-temple-mount-map.jpg
  52. http://www.atlastours.net/holyland/al_aqsa_mosque.jpg
  53. http://www.bu.edu/mzank/Jerusalem/mp/periodic/al-quds(-1099)2.jpg
  54. http://www.bu.edu/mzank/Jerusalem/mp/periodic/hierosolyma.jpg
  55. http://www.bu.edu/mzank/Jerusalem/mp/periodic/ottoman.jpg
  56. Copia arquivada
  57. Copia arquivada
  58. http://www.bu.edu/mzank/Jerusalem/mp/periodic/mamluk.jpg
  59. Copia arquivada
  60. http://www.bu.edu/mzank/Jerusalem/mp/historical/1864Romantic.jpg
  61. http://www.bu.edu/mzank/Jerusalem/mp/periodic/1860-1870.jpg
  62. Copia arquivada
  63. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 20 de agosto de 2013. 
  64. "Jerusalem". archive.is. 2013-07-05. Archived from the original on 05 de xullo de 2013. Consultado o 2019-07-26. 
  65. http://www.lib.utexas.edu/maps/middle_east_and_asia/jerusalem_1973.jpg
  66. http://www.lib.utexas.edu/maps/middle_east_and_asia/jerusalem_84.jpg
  67. http://www.lib.utexas.edu/maps/world_cities/jerusalem_93.jpg

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]