iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.wikipedia.org/wiki/Xaquín_Lorenzo_Fernández
Xaquín Lorenzo - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Xaquín Lorenzo

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Xaquín Lorenzo Fernández»)

Modelo:BiografíaXaquín Lorenzo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(gl) Xaquín María Perfecto Lorenzo Fernández Editar o valor en Wikidata
26 de xuño de 1907 Editar o valor en Wikidata
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Morte18 de xullo de 1989 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Lobeira, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de San Francisco de Ourense Editar o valor en Wikidata
Director de museo
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, antropólogo Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoensaio
Pseudónimo literarioXocas Editar o valor en Wikidata
Familia
PaisJosé Lorenzo Álvarez Editar o valor en Wikidata  e Joaquina Fernández Barcia Editar o valor en Wikidata
IrmánsXurxo Lorenzo Fernández Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1017448 BUSC: lorenzo-fernandez-xaquin-1907-1989

Xaquín Lorenzo Fernández, Xocas,[a] nado en Ourense o 23 de xuño de 1907 e finado en Facós (Lobeira) o 18 de xullo de 1989,[1] foi unha personalidade senlleira da cultura e da etnografía galegas, membro do Seminario de Estudos Galegos e da Real Academia Galega e principal impulsor da creación do Museo do Pobo Galego. En anos consecutivos recibiu o Premio Otero Pedrayo (1982), o Premio Trasalba (1983) e a Medalla Castelao (1984). Postumamente a RAG dedicoulle o Día das Letras Galegas, no ano 2004, homenaxe que a Xunta de Galicia asumiu declarando o 2004 como Ano Xaquín Lorenzo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi o primeiro fillo do escritor e caricaturista José Laurentino Lorenzo Álvarez, ourensán, e de Joaquina Fernández Barcia, de Vigo. Cómpre lembra-la presenza e influencia do seu único irmán, Xurxo, tres anos máis novo ca Xaquín, quen colaborou con el en numerosas ocasións ata morrer prematuramente o 2 de abril de 1934, vítima dunha septicemia, con 24 anos de idade. Ramón Otero Pedrayo dixo de Xurxo que "de ter vivido máis anos sería o mestre e o poeta da súa xeración".

A morte do pai a finais de 1923 obrigou a que a nai tivese que marchar á Arxentina, a solucionar certos problemas coa herdanza familiar, polo que os irmáns foron vivir coa avoa paterna en Facós, Lobeira, no caso de Xocas, e coa familia do avó materno, en Vigo, no do seu irmán Xurxo.

Os dous irmáns, Xaquín e Xurxo Lorenzo Fernández, en 1912.

Entre 1917 e 1923 estudou a educación primaria e o bacharelato na súa cidade natal, no que hoxe é o Instituto Posío, e onde máis tarde el mesmo sería profesor, tendo como mestre a Ramón Otero Pedrayo, quen tomara posesión da cátedra de Xeografía e Historia nese instituto en 1921.[b] Ó residir longas tempadas, especialmente os veráns, na casa da avoa materna en Facós, entra en contacto coa cultura rural e comprende a necesidade do seu estudo e promoción:

Así funme pondo en contacto co campo de Galicia. E vía que ó chegar a Ourense para retomar os estudos, os rapaces da cidade descoñecían completamente o que era o campo; isto facíame reaccionar.
Solicitude de ingreso na USC en 1923, con quince anos de idade.

En 1923 comeza a estudar, por libre, Filosofía e Letras (Sección Historia) na Universidade de Santiago de Compostela, pero non aproba ningunha materia nin nese ano nin no seguinte. A morte do pai obrígalle a suspende-los estudos, pero en 1925 matricúlase no acceso á carreira de Dereito, tamén por libre. Neste caso, nin se presenta ós exames e remata abandonando os estudos. Por fin, en 1931 volve a matricularse en Filosofía e Letras, en Santiago, co seu irmán Xurxo, á vez que seguen traballando para o Seminario de Estudos Galegos, pero teñen que pedi-lo traslado a Zaragoza en 1934 polos seus enfrontamentos cos profesores, a causa da súa participación no movemento galeguista co que simpatizaban desde moito antes: sendo membro da Irmandade Galeguista de Ourense subscribiu o manifesto fundacional do Partido Nazonalista Republicán de Ourense e, posteriormente, ingresou no Partido Galeguista. Xaquín remata a carreira en Zaragoza.

Desde moi cedo comezou a colaborar co Grupo Nós, aprendendo e facendo amizade con Vicente Risco, Florentino López Cuevillas e Ramón Otero Pedrayo e, con 18 anos (1926), ingresou como membro activo no Seminario de Estudos Galegos cun traballo sobre o carro galego. Desde ese momento, e ata a súa disolución trala guerra civil, Xocas colaborou intensamente coas seccións de Etnografía e Folclore do Seminario e participou nas campañas que este organizou, ademais doutros traballos de investigación propios. En 1932 foi nomeado membro da Comisión Directora e Conservador do Museo; e en 1934, conselleiro permanente do Seminario.

Canto á súa actividade política nesa época, lémbrese a súa participación na Irmandade Galeguista de Ourense, no Partido Nazonalista Repubricán e no Partido Galeguista do 36, así como a súa intervención activa no nacemento do frustrado Estatuto de Autonomía.

Xaquín e Xurxo Lorenzo con súa nai Joaquina Fernández Barcia, c. 1930.

Aínda con estes precedentes, Xaquín Lorenzo vese obrigado a loitar cos sublevados na guerra civil. Foi recrutado xa o 1º de agosto de 1936 pero, ó resultar ferido no ombreiro esquerdo en Villablino (León), nada máis incorporarse á fronte, o día 12 dese mesmo mes, é declarado inútil para o exército. Por fin, o 29 de decembro de 1937 pode regresar á súa casa de Lobeira, desde onde cultiva un fecundo faladoiro con Risco, Cuevillas e Pedrayo.

Fun ferido en Villablino, no norte de León. Foi unha das moitas cousas que eu lle debo á boa sorte que tiven na vida. Eu incorporeime aquí, en Ourense, incorporámonos todos os que chamaron, non quedaba máis remedio que botarse ao monte ou incorporarse... Teño a grande sorte de poder dicir que non vin un morto. O primeiro ferido que vin fun eu.

Trala guerra civil, foi nomeado profesor de Xeografía e Historia no Instituto Posío, de Ourense. Os seus antecedentes políticos terminan pasándolle factura e en 1942 pasou a exercer no colexio privado Cardenal Cisneros, da mesma cidade, e do que chegou a ser copropietario e director ata a súa xubilación en 1981.

Xoaquín Lourenzo foi nomeado socio aitivo o 1º de Maio do 1926, Sant-Iago, 14 de Xaneiro de 1932.

Durante os anos 1940 a 1950 dedicouse principalmente a realizar e dirixir numerosos estudos sobre etnografía material e cultural galega, entre os que destacan os seus estudos sobre o carro, as construcións tradicionais, os oficios, a dorna etc., así como sobre as festas e romarías, o cancioneiro e o refraneiro popular galego.

Compaxinou estes estudos etnográficos con outros traballos sobre arte, historiografía e arqueoloxía, co estudo e catalogación de diferentes castros, como os de Terra de Lobeira (1931, onde coñece o profesor Fritz Krüger), Cameixa (Boborás, en 1944), Cabanca (Castrelo do Val, 1944) ou o de Castromao (Celanova). Este labor desenvolveuno dentro do seu traballo co grupo Nós, coa Comisión de Monumentos de Ourense e co Grupo Marcelo Macías, e transcribiuno en diferentes artigos que foi publicando en revistas como Nós, no Arquivo do Seminario de Estudos Galegos, no Caderno de Estudos Galegos, no Boletín da Real Academia Galega, no Boletín Avriense etc. Colaborou tamén en diferentes ocasións en publicacións equivalentes de España, Portugal e Alemaña.

Cómpre destaca-lo feito de que os seus traballos etnográficos e técnicos ían adoito enriquecidos cos seus propios debuxos (ou do seu irmán Xurxo) e fotografías, co que consegue reflecti-las variedades locais dos obxectos que describía. Tamén recorreu ó cine para recoller mellor as actividades que estudaba, e neste eido destaca sobre todo unha curtametraxe sobre O carro e o home (1940),[2] de inestimable valor etnográfico. Este documental, baixo idea e guión del mesmo, dirixido por Antonio Román e producido por Carlos Serrano, recibiu o premio do Sindicato Nacional do Espectáculo e foi reeditado en 1980 por Eloy Lozano.

O carro ocupou un importante lugar na preocupación de Xaquín Lorenzo pola etnografía galega. De feito, foi un carriño de vacas que fixo con 16 anos idade, cos nomes de tódalas pezas, o que lle abriu as portas ante Cuevillas e a xeración Nós. Sempre tivo unha especial habilidade nas actividades manuais, realizando diversas maquetas de carros, xugos, ferramentas labregas e casas, a pesar de que con 5-6 anos perdera parte dos dedos anular e maior da man dereita nun accidente cun forno.

“Un vran, na aldeia, tendo eu dezaséis anos, fixen, por enredo, un carriño de bois aporveitando uns anacos de táboas vellas; logo, sen un fito determinado, anotéi nun papel os nomes que alí daban ás pezas que o forman. Ó comezalo curso tornéi a Ourense e un meu parente faloulle a Cuevillas, non sei con que motivo, do carriño que eu figuera. Cuevillas quíxome coñecer e unha noite fun ó Club, onde il ía á serán, co meu enredo na bulsa. Mostreillo, ollouno de vagar, leu as notas que eu esquirbira e mandóu procurar uns libros que tiña no gabán. Cando llos trougueron, deumos e díxome: "-Tome. Co que vostede tén e co istes libros, faga un estudo encol do carro”.
No Porto en 1935, con Castelao, Ramón Sobrino e Filgueira Valverde.

A partir de 1942 comezou a colaborar co Museo Arqueolóxico de Ourense e coa Comisión de Monumentos, chegando a ser académico correspondente da Real Academia da Historia. Tamén foi membro da Sociedade Portuguesa de Antropologia e Etnografia, da Associação dos Arqueólogos Portugueses, da Real Academia de Belas Artes de San Fernando e do Patronato do Museo del Pueblo Español, de Madrid.

En 1951 foi nomeado membro da Real Academia Galega a proposta dos seus eternos compañeiros Cuevillas, Risco e Otero Pedrayo, nun acto celebrado o 16 de setembro en Celanova,[3] pronunciando no seu ingreso o discurso La casa gallega. Outros candidatos a esta distinción foron Plácido Castro e Ramón Varela Núñez. O novo académico foi acollido polo propio Otero Pedrayo, que leu o discurso de resposta.[4]

En 1964 mórrelle a nai, Joaquina, e Xaquín comeza unha fase de progresivo illamento, reducindo os seus contactos a un pequeno número de amigos. A morte en 1975 dun deles, Xesús Ferro Couselo, con quen colaborara estreitamente, contribúe a afonda-la súa introversión. Todo isto, xunto á precaria saúde (padecía reuma e unha perda progresiva da vista), levárono a recluírse na súa casa e dedicarse case exclusivamente á lectura.

Sae desta situación, por fin, cando en 1976 comeza a creación do Museo do Pobo Galego, coa súa designación como director e presidente do padroado do museo. O proxecto de creación dun Museo de Galicia xa nacera nos anos trinta como un dos obxectivos do Seminario de Estudos Galegos, pero foi truncado pola guerra civil e a desaparición do Seminario. Xaquín Lorenzo doará ós fondos do museo, inaugurado en 1977, a súa biblioteca e a súa ampla colección de maquetas que fixera el mesmo ó longo da súa vida, do carro, de trebellos agrícolas e de casas tradicionais de diferentes tipoloxías.

En 1978, co rexurdir das actividades galeguistas trala morte de Francisco Franco e a reinstauración da democracia en España, participa máis ou menos activamente no renacemento do Partido Galeguista de Avelino Pousa Antelo, se ben remata identificándose máis co colectivo apartidista Realidade Galega e expresa o seu apoio público ó voto afirmativo no referendo do Estatuto de autonomía, xunto a outros intelectuais galegos.

O 19 de xullo de 1989 morreu na súa casa de Facós (Lobeira, Ourense), sendo enterrado no cemiterio de San Francisco, da capital.

Ó longo da súa vida recibiu numerosas distincións, medallas e nomeamentos, como a Encomenda de Afonso X o Sabio (Ministerio de Educación, 1961), o Premio Otero Pedrayo (concedido polas deputacións galegas, en 1982), conselleiro do novo Seminario de Estudos Galegos, presidente de honra do Padroado do Pedrón de Ouro (1983), fillo predilecto da provincia de Ourense (1983), premio Trasalba (1983) ou a primeira Medalla Castelao (Xunta de Galicia, 1984). Cómpre destaca-la súa presidencia do Padroado do Museo do Pobo Galego.

Xaquín Lorenzo está considerado como o mestre da etnografía galega.

Trala súa morte segue recibindo homenaxes de diversa índole, como a publicación dun número extraordinario na súa memoria do Boletín Auriense, en 1990; a dedicatoria do Día das Letras Galegas en 2004; ou o monográfico que sobre a súa vida e obra dedicoulle o Boletín da Real Academia Galega, tamén en 2004.

Etnografía. Cultura material

[editar | editar a fonte]

Do interese de Xaquín Lorenzo na etnografía galega dá idea o feito de que, dos 125 traballos que publicou -só ou en colaboración con outros autores-, a metade estuda e describe diversos aspectos da cultura popular, material ou inmaterial. O traballo máis completo é o que constitúe o segundo volume da magna obra que sobre a Historia de Galiza dirixiu Ramón Otero Pedrayo e da que só chegaron a publicarse tres tomos.

Para a redacción desta Etnografía, Xocas percorre Galicia ó longo de máis de vinte anos, moitas veces acompañado do seu irmán ou de Risco, e recolle información local de numerosos elementos da arquitectura popular, obxectos de uso cotián e actividades tradicionais, que describe polo miúdo e retrata mediante abondosos debuxos e fotografías.

Tivemos que pelerinar por todolos camiños da Galiza. Percorrimos a montaña, andivemos polos vales e polas terras chás, visitamo-los lugares e andivemos pola beiramar. Fomos informados por homes, por mulleres e por nenos, entramos nas súas casas, visitamo-los seus barcos, os seus obradoiros...

Para expresa-la valoración que esta obra mereceu nos etnógrafos que lle continuaron abonda recoller un par de opinións de Xosé Manuel González Reboredo e Clodio González Pérez:

Xigantesco esforzo de síntese descritiva... permite ter unha visión completa do que era a vida material dos nosos labregos, mariñeiros e artesáns, sendo un esforzo pioneiro non só en Galicia, senón en toda a Península.
Constitúe unha fonte impresionante de información etnográfica... imposible de repetir, xa que daquela a maioría dos datos aínda os tomou directamente da realidade, e non como agora nos nosos días que xa cómpre acodir a persoas maiores ou a información doutros autores.

Outros traballos etnográficos

[editar | editar a fonte]
A casa é o vencello que xungue ó home coa xeografía dun xeito íntimo.[5]

A casa tradicional labrega, xunto a outras formas da arquitectura popular, foron sempre do interese de Xaquín Lorenzo, xa desde os seus primeiros estudos publicados sobre Calvos de Randín (1930, con Cuevillas), Velle (1936, tamén con Cuevillas e mais Vicente Fernández Hermida) ou Borneiro (1936). Outro interesante estudo neste eido foi o publicado en 1943 baixo o título A casa rural na Limia Baixa na revista alemá Volkstum und Kultur der Romanen.

De feito, o seu discurso de ingreso na Real Academia Galega, en 1951, versou sobre La casa gallega.

Velaí unha mostra do concepto que Xaquín Lorenzo tiña da casa na vida dos galegos, moito máis aló do edificio no que se acollen e protexen persoas e animais:

O elemento máis intresante de toda a producción popular é, sen dúbida, a casa. Non enche somentes o papel de refuxio contra os ataques do meio ambente senón que é tamén o aglutinante que xungue entre sí ós membros dunha mesma familia... O home lígase directamente á casa do mesmo xeito que a casa se xungue á terra, sendo así a vivenda o vencello que xungue ó home coa xeografía dun xeito íntimo.[5]
Cantigueiro popular. 1973.
N.º 13 da BBdCG: O mar e os ríos.
N.º 14 da BBdCG: Os oficios.
A Nosa Señora do Viso. Edicións do Patronato, 1983.
Casa natal, na rúa da Paz, Ourense.
  • "A fala galega", en El Pueblo Gallego, Santiago 8 de setembro de 1926.
  • "Contos: Os tres irmaus; Os labregos e o xuez" (Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza), en Nós 42, 1927, 13-14.
  • "Mediciña rústica (O tangaraño, O tirizó, Doores de costas). Contos (Bodas no ceo, O home e a cobra)" (Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza), en Nós 44, 1927, 12-13.
  • "Un casamento en Lobeira" (Arquivo filolóxico e etnográfico de Galiza) (en colaboración con Xurxo Lorenzo), en Nós 58, 1928, 186-188.
  • "Apuntes de Geografía lexigráfica galega. Algunhas verbas d'usanza corrente en Lovios (Ourense)" (Arquivo filolóxico e etnográfico de Galiza), en Nós 71, 1929, 205-206.
  • Vila de Calvos de Randín. Notas etnográficas e folkóricas (en colaboración con Florentino López Cuevillas), en Seminario de Estudos Galegos, 1930.
  • "O tío galego", en La zarpa, Ourense 29 de agosto de 1930.
  • "A muller no cancioneiro galego", en Nós 98, 1932, 26-30; Nós 99, 1932, 43-48.
  • "A lenda da hermida de Aranga" (Arquivo filolóxico e etnográfico de Galiza), en Nós 99, 1932, 49.
  • "Do cancioneiro de Borneiro (Cabana)" (Arquivo filolóxico e etnográfico de Galiza), en Nós 108, 1932, 229-230.
  • "Notas etnográficas da Terra de Lobeira. O liño e a lá", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos VI, 1933, 24-84. "O liño e a lá", en Imprenta Paredes, Santiago, 1933.
  • "Notas para un cuestionario de etnografía. Embarcacións", en Nós 111, 1933, 49-52.
  • "Sant Jordi e Sant-Yago", en El Eco de Santiago, 22 de abril de 1933.
  • "Papeletas pra un diccionario" (Arquivo filolóxico e etnográfico de Galiza), en Nós 121, 1934, 14-16.
  • "O tardo (Notas de mitología popular galega)", en Trabalhos da Sociedade Portuguesa de Antropología e Etnología. Porto VI, 4, 1934, 2-8. Edicións A Nosa Terra - Promocións Culturais Galegas, Vigo 2004.
  • "Notas encol do Antroido en Lobeira" (Arquivo filolóxico e etnográfico de Galiza), en Nós 124-125, 1934, 91-92
  • "As dornas do Porto do Són", en Nós 126-127, 1934, 109-116.
  • "Miscelánea: nobles que defenderon a raia portuguesa antre o Limia e o Miño no ano de 1762", en Nós 131-132, 1934, 186-187.
  • "Recensión a MittelEuropa (Impresiós d'unha viaxe)", en El Pueblo Gallego, Santiago, 1 de xaneiro de 1935.
  • "Outra vez en col do noso idioma", en Heraldo de Galicia, Ourense 3 de xuño de 1935.
  • "De Re Geographica. Os mapas, o nomenclátor e a realidade", en Heraldo de Galicia, Ourense 2 de decembro de 1935.
  • "A arte popular nos xugos da Galiza", en Trabalhos da Sociedade portuguesa de Antropologia e Etnologia, VII, Porto, 1935, 209-230.
  • "Notas etnográficas da parroquia de Borneiro", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos VII, 1936, 17-39.[6]
  • "As festas populares do 3 de Maio en Laza" (con Vicente Risco), en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos, VII, 1936, 57-82.
  • Galicia. Parroquia de Velle (con Cuevillas e Vicente Fernández Hermida). Seminario de Estudos Galegos, 1936.
  • "Sôbre arqueología do território dos Querquernos", en Revista de Guimarães 48, 1938, 85-106.
  • "Censo del Coto de Celme en 1737", en Boletín de la Comisión de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense XII, 1939, 244, 53-65; 1940, 245, 5-12.
  • "Die Bremse am galizischen Wagen", en Volkstum und Kultur der Romanem. Hamburgo, XI, 1939, 3-4.
  • "El símbolo solar en el NW. de la Península", en Actas do Congresso Nacional de Ciências da População, II, Porto, 1940, 1-10.
  • "Lápidas sepulcrais galegas de arte popula", 1940.
  • "La vivienda popular en la Limia Baja" ("Das Bauerhaus im unterem limiabecken (Prov. Orense, Spanien)"), en Volkstum und Kultur der Romanem. Hamburgo, XV, 1943, 276-308. A USC publicouno en galego no 2004.
  • "La capilla y santuario del Santísimo Cristo de la Catedral de Orense" (con X. Ferro Couselo), en Boletín del Museo Arqueológico Provincial de Orense I, 1943, 5-68. Reeditado como libro na serie Anexos do Boletín Auriense 12, Ourense, 1988.
  • "La arracada posthallstática de Irixo", en Boletín de la Comisión de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense XIV, 1944, 127-136.
  • "Un petroglifo inédito de Troña", en Boletín de la Comisión de los Monumentos Históricos y Artísticos de Orense XV, 1945, 22-24.
  • "Las habitaciones de los castros" (con Florentino. López Cuevillas), en Cuadernos de Estudios Gallegos II, 1947, 7-74.
  • "Antiguas habitaciones de pastores en la Sierra de Leboreiro", en Cuadernos de Estudios Gallegos II, 1947, 341-361.
  • "Notas arqueolóxicas do castro de Cameixa" (con Florentino López Cuevillas), en Revista de Guimarães LVIII, 1948, 288-305.
  • "Notas lingüísticas gallegas", en Revista de Dialectología y Tradiciones Populares IV, 1948, 79-93.
  • "El monumento funerario protohistórico de Santa Mariña de Augas Santas y los ritos funerarios en los castros", en Cuadernos de Estudios Gallegos III, 1948, 157-211.
  • "Los silos de Villacañas (Toledo)", en Revista de Dialectología y Tradiciones Populares V, Madrid, 1949, 420- 434.
  • "Un romance impreso en León en 1548", en Boletín de la Comisión de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense XVII, 1949-1951, 119-130.
  • "San Ginés de Francelos" (con M. Rubén García Álvarez), en Cuadernos de Estudios Gallegos V, 1950, 345-391.
  • "Una lápida de la época sueva en Baños de Bande", en El Museo de Pontevedra VI, 1951, 27-32.
  • La casa gallega. Discurso de ingreso na Real Academia Galega, respondido por Otero Pedrayo. 16 de setembro de 1951 (inédito).
  • "Cuatro peñas con pilas, en el sur de Galicia" (en colaboración con López Cuevillas), en Cuadernos de Estudios Gallegos VII, 1952, 5-54.
  • "Cierres de fincas en el SE. de Orense (Galicia)", en Homenaje a Fritz Krüger, Universidade Nacional de Cuyo, Facultad de Filosofía y Letras, Mendoza (Arxentina), 1952, 175-185.
  • "La capilla visigótica de Amiadoso", en Archivo Español de Arqueología XXVI, 88, Madrid, 1953, 424-433.
  • "Muestras de religiosidad popular. Los ex-votos como testimonio de una devoción", en La Región, número extraordinario Festas do Corpus Ourense, 9 de xuño de 1955.
  • "Distribución dos xugos na Galiza", en Asamblea Lusitano-Gallega, Braga, 1955. 1ª e 2ª Asambleas lusitano-gallega: Actas y Comunicaciones, Editorial Nacional, Madrid 1967, 61-63.
  • "As xoias de Regodeigón" (en colaboración con M. Rubén García Álvarez), en Revista de Guimarães LXVI, 1956, 90-96.
  • "A Xuno de Freixido" en Boletín da Real Academia Galega 309-320, 27, 1956, 288-290.
  • "Nomenclatura del carro gallego", en Revista de Dialectología y Tradiciones Populares XII, 1956, 54-113.
  • "A Nosa Señora do Viso", en Boletín da Comisión de Monumentos de Ourense XVIII, 1956, 203-247. Reeditado en 1983 polos seus compañeiros do Padroado Ramón Otero Pedrayo a través da editorial Galaxia.
  • "Cerâmicas castrexas pintadas", en Revista de Guimarães LXVI, 1956, 125-140.
  • "Unha nova inscultura serpentiforme da citania de Troña" (con F. López Cuevillas), en Boletín da Real Academia Galega, 321-322, 1957, 217-222.
  • "Cuevillas, etnógrafo", en Homaxe a Florentino López Cuevillas, Editorial Galaxia, Vigo, 1957, 135-138.
  • "El carro en el folklore gallego", en Anales del Instituto de Lingüística VI. Universidade Nacional de Cuyo, Mendoza (Arxentina), 1957, 311-324.
  • "El Museo de la Catedral de Orense" (con J. L. López Cid), en Vida Gallega 728, 1957.
  • "Fray Aureliano Pardo Villar, O.P. (1882-1957)" (con Camilo Agrasar), en Boletín de la Comisión de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense XIX, 1958, 2-7.
  • "Bibliografía" [de Fr. Aureliano Pardo Villar], en Boletín de la Comisión de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense XIX, 1957-1958, 9-13
  • "Florentino López Cuevillas", en Zephyrus, Universidade de Salamanca, IX, 1958, 246
  • "O Varapau", en O Comercio de Porto, 1958; en O Correo do Porto, 10 de marzo de 1959.
  • "Estela funerária de Flor de Rei Vello", en Arqueologia e História VIII, Lisboa, 1958, 27-29 (¿59?).
  • "Dos necrópolis dolménicas" (con F. López Cuevillas), en Cuadernos de Estudios Gallegos XIII, 1958, 284-291.
  • "Enredos", en Revista de Dialectología y Tradiciones Populares XIV, 1958, 268-293. Reeditado por Museo do Pobo Galego, Santiago de Compostela, 1992 e A Nosa Terra, Vigo, 2004.
  • "Nuevo material de mámoas del Valle Alto del Barbantiño" (con F. López Cuevillas), en Boletín de la Comisión de Monumentos Histórico Artísticos de Ourense XX, 1959-1960, 63-70.
  • "Deidades marinas en el Orense romano", en Boletín de la Comisión de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense, XX. 1959-1960.
  • "O pastoreio na serra do Leboreiro", en Sep. Actas do Colóquio de Estudos Etnográficos, Dr.J osé Leite de Vasconcelos, Porto, I, 1959, 245-249.
  • "Muiños de maré", en Trabalhos da Sociedade Portuguesa de Antropologia e Etnografia. Homenagem ao Dr. Mendes Correa, XVII, 1959, 249-255.
  • "O mar terra adentro", en Revista de Etnografia XIII, I, 1959, 284-296, Porto. Reeditado polo Consello da Cultura Galega (con gravuras de Xosé Conde Corbal), Santiago de Compostela, 2004.
  • "Unha pedra amuleto", en Boletín da Real Academia Galega 333-338, XIX, 1959, 24-27. Rectificación, 339-344, XIX, 1961, 294-295.
  • "Bibliografía" [de Florentino López Cuevillas], en Boletín de la Comisión de Monumentos Histórico Artísticos de Ourense XX, 1960, 49-59.
  • "Etnografía. Cultura Material". Volume II de Historia de Galiza dirixida por Otero Pedrayo. Ed. Nós, Bos Aires 1962.[7]
  • "O mazo, a trompa e a moa", en Actas do I Congreso de Etnografia e Folclore, Braga, xuño 1956. Junta da Acção Social II, Lisboa 1963, 175-181.
  • "Excavaciones arqueológicas en el castro de Cabanca (Campaña de 1961)" (con Xesús Taboada Chivite), en Noticiario Arqueológico Hispánico VI, 1-3, Madrid, 1964, 129-134.
  • "Dos necrópolis posiblemente suévicas" (con Xesús Taboada Chivite), en Noticiario Arqueológico Hispánico, VI, 1-3, Madrid, 1964, 200-201.
  • "Inscripciones romanas de la provincia de Orense" (con F. Bouza Brey), en Cuadernos de Estudios Gallegos XIX, 1964, 59, 267-304; XX, 61,1965,128-179.
  • "La iglesia prerrománica de San Martiño de Pazó", en Cuadernos de Estudios Gallegos XX, 61,1965, 180-192.
  • Resposta do académico numerario X. Lorenzo ao discurso lido en recepción pública de Xesús Taboada Chivite o 20 de novembro de 1965. Real Academia Galega, A Coruña 1965, 47-48.
  • "As casas dos mortos", en Actas do Congresso Internacional de Etnografia, Junta de Investigações do Ultramar, San Tirso 1963 - Lisboa 1965, 1-5.
  • "Inscripciones romanas votivas de la provincia de Orense", en Cuadernos de Estudios Gallegos XX, 61, 1965, 127-179.
  • "Inscripciones romanas funerarias, varias no clasificadas, falsas e inexistentes de la provincia de Orense", en Cuadernos de Estudios Gallegos XX, 1965, 261-291.
  • "La escultura céltica en Galicia", apéndice do libro 7 Artistas gallegos, Festivales de España. Cuadernos de arte-Publicaciones Españolas, nº 29 da serie "Divulgación", Madrid 1965.
  • "La iglesia de San Martiño de Pazó", en Cuadernos de Estudios Gallegos XX, 61, 1965, 180-192.
  • O culto das pedras no noroeste peninsular, Real Academia Galega, A Coruña, 1965.
  • "Distribución dos xugos en Galicia". Primeira e segunda asambleas luso-galegas, organizadas pola Real Academia Gallega. Actas y comunicaciones. Madrid 1967, 61-63.
  • "Vellas artes de pesca no río Miño", en Revista de Etnografía, Porto 1966, 289-295 (reeditado no Boletín da Biblioteca Pública de Matosinhos 23, 1979).
  • "A eirexa de Santa María de Mixós, encrucillada de tres estilos", en Congresso luso-espanhol de Estudos Medievais, Porto 1968, 298.
  • "Inscripciones romanas de Galicia (IRG). IV Provincia de Orense" (coa colaboración de A. D’Ors e F. Bouza Brey), en Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos 1968.
  • "Don Vicente Martínez Risco y Agüero", en Boletín de la Real Academia Gallega XXX, 1969, 261-265.
  • "Dos obras de Ventura Álvarez Sala", en Boletín del Instituto de estudios Asturianos 67, Oviedo, 1969, 305-308
  • "O mar terra adentro", en Revista de Etnografía XXV, Porto 1969, 105-112.
  • "Una rueda fósil en Catoira (Galicia)", en Boletín Auriense I, Ourense, 1971, 19-30.
  • "La tessera hospitalis del Castromao" (con X. Ferro Couselo), en Boletín Auriense I, Ourense, 1971, 9-18.
  • "Excavaciones en el Castromao (Celanova-Ourense)" (con X. Ferro Couselo), en Noticiario Arqueológico Hispánico da Prehistoria, 1976, 347-359.
  • "Tesorillo protohistórico de Calvos de Randín", en Archivo Español de Arqueología 43, 1970, 228-232.
  • "La iglesia prerrománica de Santa María de Mixós", en Boletín Auriense II, 1972, 75-110,
  • Lamas Carvajal e o pobo. Discurso do Día das Letras Galegas. Rivadavia. Agrupación Cultural Abrente, 1972.
  • "Metamorfosis dunha casa castrexa", en Trabalhos de Antropologia e Etnologia. Coloquio luso-espanhol de cultura castreja XXII, Porto 1973, 225-229.
  • "Sobre la rueda de Catoira", en Boletín Auriense, Ourense, 1973, 173-175.
  • "O esprito da mes en Lobeira (Ourense)", en Cuadernos de Estudios Gallegos XXVIII, 86, 1973, 345-351.
  • "Nuevo cancioneiro galego", en Boletín Auriense III, 1973, 187-188.
  • "Dibujos de casas y conjuntos urbanos de Galicia", en Boletín Auriense III, 1973, 189-190.
  • "Galicia en un estudio de arquitectura popular", en Boletín Auriense III, 1973, 191-192.
  • Cantigueiro popular da Limia Baixa. Fundación Penzol, Galaxia, Vigo 1973.
  • "El carro en el floklore de Galicia", en Revista de Dialectología y Tradiciones Populares XXX, 1-2, 1974, 43-76.
  • "El carreto en la Limia Baixa", en Boletín Auriense IV, Ourense, 1974, 159-166.
  • "Un miragre de San Rosendo", en La Región, especial Festas de Celanova, agosto de 1974.
  • "Tornos de Galicia", en Boletín Auriense V, Ourense, 1975, 87-90.
  • "Excavaciones en el Castromao. Celanova (Orense)" (con X. Ferro Couselo), en Noticiario Arqueológico Hispánico, Madrid 1976, 348-354 .
  • "Xesús Taboada Chivite. Bibliografía", en Boletín Auriense VI, Homenaje a Xesús Taboada Chivite, Ourense 1976, 11-16.
  • "Un propulsor de tipo popular", en Gallaecia 2, Ediciós do Castro, A Coruña, 1976, 281-282.
  • "Sobre algunos saludos en gallego", en Revista de Dialectología y Tradiciones populares. Homenaje a Vicente García de Diego, XXXII, Madrid 1976, 274-280.
  • "El sobrado", en Boletín Auriense VI, 1976, 305-318.
  • "O combarrizo", en Boletín del Colegio Oficial de Arquitectos de Galicia, Santiago de Compostela, 1977, 3-9.
  • "Paganismo e cristianismo na relixiosidade popular", en Encrucillada 9, 1978, 44-47.
  • "Florentino L. Cuevillas no vinte cabodano do seu pensamento", en La Región 25 de agosto de 1978.
  • "A Seición de Etnografía do Seminario de Estudos Galegos", en Testemuñas e perspectivas en homenaxe ao Seminario de Estudos Galegos, Cuadernos do Laboratorio de Formas de Galicia, 5, Ediciós do Castro, A Coruña , 1978, 48-52.
  • "Unha casa do Castromao (Celanova)", en Boletín Auriense X, 1980, 203-210.
  • "Xesús Ferro Couselo", en Boletín da Real Academia Galega LXXIII, 360, 1980, 477-481.
  • "Arqueología prehistórica y romana de Orense", en La Región, Ourense 29 de xuño de 1980.
  • "Limiar de Arquitectura Popular en Galicia", en Publicacións do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, 1981-1983.
  • "Unha corna decorada", en Boletín Auriense, XI, 1981, 129-133.
  • "Os enredos dos rapaces", en O Ensino 1, Ourense 1981.
  • "Do noso antroido: os escabicheiros", en Brigantium 3, 1982, 265-269.
  • "Lembranza de Otero en Ourense", en Dorna 4, 1982, 13-14.
  • "Vida espiritual", en Galicia. R. Rodríguez e R. Yzquierdo eds., Anaya, Madrid 1982, 407-443.
  • "A ramboia", en Boletín Auriense XII, Ourense, 1982, 229-233. En Gallaecia 7-8, Departamento de Prehistoria e Historia Antiga da Facultade de Xeografía e Historia, Santiago de Compostela, 1982, 275-278.
  • "El Papa Mariano", en “Religión. Mañana es domingo”, en La Región 30 de outubro de 1982.
  • A casa, n.º 11 da Biblioteca Básica da Cultura Galega, Galaxia, 1983.
  • A terra, n.º 12 da Biblioteca Básica da Cultura Galega, Galaxia, 1983.
  • O mar e os ríos, n.º 13 da Biblioteca Básica da Cultura Galega, Galaxia, 1983.
  • Os oficios, n.º 14 da Biblioteca Básica da Cultura Galega, Galaxia, 1983.[8]
  • A Nosa Señora do Viso, Fundación Otero Pedrayo, Trasalba (Ourense), 1983.
  • "Risco vinte anos despois", en La Región, 29 de abril de 1983.
  • Refraneiro galego. Ed. Castrelos. Col. O Moucho 63, Vigo 1983.
  • "Limiar", en Blas, B.: As construccións populares: un tema de etnografía, 1983.
  • "D. Vicente Martínez-Risco y Agüero", en Bisbarra: revista cultural dos concellos de Amoeiro, A Peroxa, Cea, Coles, Piñor e Vilamarín nº 1, Ourense 1984, 19-20.
  • "As ruadas", en Rubillón 84. Festa grande no honor da Virxe do Libramento, Rubillón-Avión, 1984.
  • "Los muebles en la casa campesina gallega: utilidad y comodidad", en La Región 28 de outubro de 1984
  • "Encol de San Rosendo"”, en La Región 27 de novembro de 1984.
  • "Cando estiña unha fonte", en Ánfora: Literatura, arte, pensamento 3-4, Verín 1985, 11.
  • "Dende o ceo de Monterrei. Páxinas verinenses", en Ánfora: Literatura, arte, pensamento, Verín 1985.
  • "O noso maio", en La Región 15 de maio de 1985.
  • "Encol da toponimia", en La Región 18 de agosto de 1985.
  • "Limiar", en Fraguas, A.: Aportacións ó cancioneiro de Cotobade, 1985.
  • "As bandas de música volven", en Homenaxe ás bandas de música galegas, Compostela 1986.
  • "A Nosa Señora do Viso. Unha romaxe antre outras moitas", en Outeiro, A Coruña 1986.
  • "A prosa de Cuevillas", en Outeiro, A Coruña 1986.
  • "O amor á terra na irmandade dos 'bos e xenerosos'", en Anduriña, Compostela 1986.
  • "Castelao" en A Nosa Terra. Extra nº 5/6, 11, Vigo 1986 .
  • "Cen anos de Cuevillas", en La Voz de Galicia, A Coruña 1986.
  • Castro de Cameixa: campañas 1944-46. Dirección Xeral de Cultura e do Patrimonio Histórico- Artístico, Santiago de Compostela 1986.
  • "Cuevillas, o home", en La Región, especial centenario de F. Cuevillas, 14 de novembro de 1986.
  • "Pequenas grandes cousas", en La Región, 19 de febreiro de 1987.
  • "Encol do Antroido", en La Región, 8 de marzo de 1987.
  • Limiar de Ribadavia en el recuerdo, Servizo de Publicacións da Deputación Provincial de Ourense, 1987.
  • "Os tempos son chegados", en Follas secas: información, creación e humor 13, Ourense, 1987.
  • "¿Deporte?", en La Voz de Galicia, suplemento deportes, 25 de xaneiro de 1988.
  • "A vivenda e a terra", en Alternativas estruturais e producións agrícola-gandeira, A gandeiría, a pataca, o viño, Cuadernos da área de Ciencias Agrarias 8, Seminario de Estudos Galegos, A Coruña 1988, 6-9.
  • "O Ourense da xuventude de Otero Pedrayo", en Citania, número extraordinario dedicado a Ramón Otero Pedrayo, Instituto Ramón Otero Pedrayo, Ourense 1988, 13.
Sepultura no Cemiterio de S. Francisco de Ourense [c]
  • "Un intre de D. Ramón", en Outeiro 28, A Coruña 1988, 57.
  • O outro mundo na tradición popular galega", en Lumieira III, 1988, 119-122
  • "Algunhas notas de rectificación e gratitude", en La Región 5 de novembro de 1988.
  • "As pontes na tradición popular galega", en A inxeniería histórica como patrimonio monumental: as pontes, Actas do I Seminario Santiago de Compostela, outubro 1985. Xunta de Galicia, Santiago, 1989, 101-103.
  • "María, nai e señora", en Encrucillada 67, vol.14, marzo-abril 1990, 142-144
  • "Otero Pedrayo e a antropoloxía", en Actas do Simposio Internacional de Antropoloxía. Identidade e Territorio. Centenario de Otero Pedrayo 1888-1988, Santiago de Compostela, novembro 1988. CCG, Santiago de Compostela 1990, 253-256.
  • "Introducción ó estudio dos hórreos en Galicia", en Actas do I Congreso Europeo del Hórreo. Santiago 1990, 291-293.
  • Os oficios, Editorial CRTVG-Galaxia, Vigo 1995; La Voz de Galicia, Biblioteca Galega 120, 2002; Editorial Galaxia, Vigo, 2003.
  • "O viño" en Gaiteiro de Lugo, outono 1997-1998, 61.
  1. De nome completo, Xaquín María Perfecto Lorenzo Fernández. Usou o hipocorístico Xocas desde rapaz e como tal era coñecido en tódolos ámbitos, chegando a asinar algún traballo con este apelativo.
  2. De feito, Otero Pedrayo, Vicente Risco e Xaquín Lorenzo vivían porta con porta na rúa da Paz, en Ourense: os dous primeiros naceron e viviron na casa de fronte á de Xaquín, o que explica o estreito contacto persoal que mantiveron durante toda a vida.
  3. Sobre o nome de Xocas consta o nome da súa nai Joaquina
Referencias
  1. Se ben a súa lápida no cemiterio de San Francisco de Ourense indica que faleceu o 19 de xullo, as biografías que publican a Real Academia Galega, a Gran Enciclopedia Galega e Clodio González Pérez no nº 365 do Boletín da Real Academia Galega dan a data do 18 de xullo. Neste último texto escribe: A noitiña do 18 de xullo de 1989.
  2. O carro e o home en YouTube
  3. Piñeiro, Antonio (2004). "Xocas e Celanova". Raigame (19): 64–73. 
  4. "Xaquín Lorenzo Fernández". Real Academia Galega. 
  5. 5,0 5,1 Lorenzo 1962.
  6. En castelán, publicouse no Boletín de la Comisión de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense XIII, 1942, 183-203. Reeditado por Edicións Boreal, A Coruña, en 1990.
  7. Reeditado por Akal, 1979-1980, e en catro volumes diferentes por Galaxia en 1982 na colección "Biblioteca Básica da Cultura Galega": A casa (nº 11), A terra (nº 12), O mar e os ríos (nº 13) e Os oficios (nº 14).
  8. Os oficios, n.º 14 da Biblioteca Básica da Cultura Galega en Google Books.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Carlos García Martínez. "Xaquín Lorenzo e o patrimonio etnográfico de Galicia"
  • Pablo Sánchez Ferro. "Saudade por un home sinxelo"
  • Clodio González Pérez. "Xaquín Lorenzo e Compostela: do Seminario de Estudos Galegos ó Museo do Pobo Galego"
  • Xosé Antonio Fidalgo Santamariña. "Xaquín Lorenzo Fernández: comentario a unha entrevista"
  • Marcos Valcárcel. "Sobre as nosas festas populares: algunhas opinións de Don Xoaquín Lorenzo"
  • Enrique Bande Rodríguez. "A dimensión relixiosa de Xocas"
  • Antonio Piñeiro. "Xocas e Celanova"
  • Delfín Caseiro Nogueiras. "Xoaquín Lorenzo Fernández e o cantigueiro popular"
  • Xulio Rodríguez González. "D. Xaquín Lorenzo Fernández. Actividade arqueolóxica"
  • Fernando Rodríguez Nespereira. "Xocas e as construccións populares" [sic]
  • José Paz Rodrigues. "O Filme «O carro e o home», modelo de documentário etnográfico"
  • Francisco Calo Lourido. "D. Xaquín Lorenzo Fernández e a etnografía mariñeira"
  • Tomás Vega Pato. "Enredos tradicionais (II). O tiraforte e a fronda. Dous enredos “bélicos”"
  • Manuel Caamaño Suárez: "Xaquín Lorenzo, precursor dos estudos da arquitectura popular galega". p. 9-36.
  • Francisco Calo Lourido: "Cultura mariñeira". p. 37-56.
  • Francisco Fariña Busto e Xulio Rodríguez González: "A propósito dos traballos arqueolóxicos de don Xaquín Lorenzo". p. 57-91.
  • Xesús Ferro Ruibal: "O Cantigueiro popular da Limia Baixa de Xaquín Lorenzo". p. 93-122.
  • Carlos García Martínez e María Xosé Fernández Carviño: "A roda e a dorna. Xaquín Lorenzo e o Museo do Pobo Galego". p. 123-134.
  • Manuel González González: "Os tipos de xugo e os seus nomes no territorio de fala galega". p. 135-169.
  • Clodio González Pérez: "Xaquín Lorenzo Fernández. Vida". p. 171-196.
  • Xosé Ramón Mariño Ferro: "O príncipe lagarto, de Vila de Calvos". p. 197-215.
  • Teresa Soeiro: "Menos mal que nos queda Portugal". p. 217-234.
  • Manuel González González: "O compromiso coa lingua e coa cultura. Carta a Xaquín Lorenzo no Día das Letras Galegas". p. 239-244.
  • Xosé Manuel González Reboredo: "Don Xaquín Lorenzo Fernández, arqueólogo e etnógrafo ao servizo da identidade galega". p. 245-249.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]