iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.wikipedia.org/wiki/Wolfenstein_3D
Wolfenstein 3D - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Wolfenstein 3D

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Wolfenstein 3D
Desenvolvedor(es)id Software
Distribuidora(s)Apogee Software, FormGen (Spear of Destiny)
Director(es)Tom Hall
Deseñador(es)John Romero, Tom Hall
Programador(es)John Carmack, John Romero
Artista(s)Adrian Carmack
Compositor(es)Robert Prince
Lanzamento
XéneroShooter en primeira persoa
Modos de xogoUn xogador
Clasificación PEGI
Plataforma(s)
SerieWolfenstein
Na rede
http://www.idsoftware.com/games/wolfenstein/wolf3d
IMDB: tt0304947 Youtube: UCH1N1Vi5hSJb_vyKj8v0znA Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Wolfenstein 3D é un videoxogo shooter en primeira persoa desenvolvido por id Software e publicado por Apogee Software e FormGen. Publicado orixinalmente o 5 de maio de 1992 para MS-DOS, estivo inspirado polo videoxogo de 1981 Castle Wolfenstein de Muse Software. En Wolfenstein 3D o xogador toma o papel dun espía alidado William "B.J." Blazkowicz durante a segunda guerra mundial mentres escapa da prisión nazi do Castelo Wolfenstein e leva a cabo unha serie de misións contra os nazis. O xogador debe completar cada un dos niveis do xogo ata atopar un ascensor que o leva ata o seguinte nivel ademais de derrotar a varios xefes finais, loitando contra soldados nazis, cans gardiáns e outros inimigos usando coitelos, pistolas e outras armas de fogo.

Wolfenstein 3D foi o segundo título importante de id Software, tras a serie de episodios de Commander Keen. A mediados de 1991 o programador John Carmack comezou a experimentar elaborando un motor de xogo rápido en 3D restrinxindo a mecánica de xogo e o punto de vista a un único plano, producindo os prototipos Hovertank 3D e Catacomb 3-D. Tras unha sesión de deseño na que a compañía decidiu mudar a temática dos seus xogos próximos xogos cara a unha máis violenta, o deseñador e programador John Romero suxeríu facer unha nova versión do shooter de 1981 Castle Wolfenstein en forma de videoxogo de acción cun ritmo acelerado. Romero traballou no xogo xunto ó tamén deseñador Tom Hall, construíndoo sobre o motor desenvolvido por Carmack. O seu deseño foi un xogo rápido e violento, diferente da maioría de videoxogos para ordenador que existían naquela época. Wolfenstein 3D incluíu deseños artísticos de Adrian Carmack e efectos de son e música de Bobby Prince. O xogo publicouse por medio da distribuidora Apogee en dous conxuntos de tres episodios seguindo un modelo shareware, liberando gratuitamente o primeiro episodio para conseguir un maior interese en que a xente mercase o resto do xogo. Posteriormente publicouse un terceiro episodio adicional, Spear of Destiny, en formato de título independente por medio da distribuidora FormGen.

Wolfenstein 3D foi un éxito comercial e de crítica, obtendo numerosos premios e superando as 200 000 copias vendidas a finais do ano 1993. Está considerado coma un dos impulsores da popularidade do xénero de shooters en primeira persoa e por establecer o estándar de acción rápida e poderío técnico para moitos xogos posteriores do xénero, ademais de ser unha mosta da viabilidade do modelo de publicación shareware naquel entón. FormGen desenvolveu outros dous episodios adicionais para o xogo, mentres que Apogee publicou un paquete de máis de 800 niveis creados por afeccionados. Id Software nunca retomou a serie, pero si licenciou o motor do xogo para varios outros títulos antes de publicar o código fonte gratuitamente no ano 1995. A propia serie temática de xogos sobre Wolfenstein continou con varios títulos novos desenvolvidos por outras compañías dende o ano 2001.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]