Vomitorio
Vomitorio[1] (do latín: vomitorium, pl. vomitoria é a abertura que, nos teatros ou circos romanos, daba acceso aos diferentes pisos e bancadas. O termo emprégase para o acceso ás bancadas de construcións actuais como estadios, auditorios etc.[2] Posibilitan a entrada e saída do público, e tamén servían de entrada e saída dos intérpretes en determinada actuación.[3] A palabra latina vomitorium deriva do verbo vomo, vŏmis, vomui, vomitum, vomere que significa "vomitar". Na antiga arquitectura romana, os vomitoria foron proxectados para conceder pasaxe rápida e eficiente a grandes multitudes nos anfiteatros e teatros; e posuían, en xeral, dunha cobertura abovedada feita en formigón. Esta solución evitaría a entrada en contacto entre as diferentes clases sociais, e destinábase a servir as arquibancadas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Termo en galego en Dicionario visual multimedia da construción e Vocabulario ortográfico da lingua galega, A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para vomitorio.
- ↑ "Vomitori". enciclopedia.cat (en catalán). Consultado o 20 de maio de 2014.