iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.wikipedia.org/wiki/Vinalopó_Mitjà
Vinalopó Mitjà - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Vinalopó Mitjà

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaVinalopó Mitjà
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 38°28′41″N 0°47′24″O / 38.4781, -0.79
EstadoEspaña
Comunidade autónomaComunidade Valenciana
ProvinciaProvincia de Alacant Editar o valor en Wikidata
CapitalElda
Novelda Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación170.049 (2022) Editar o valor en Wikidata (212,93 hab./km²)
Lingua oficiallingua catalá (lingua predominante) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie798,6 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con

O Vinalopó Mitjà (en castelán: Medio Vinalopó) é unha comarca situada na zona montañosa da provincia de Alacant, no País Valenciano. A súa capital e concello máis poboado é Elda.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A comarca atópase nunha zona cunha orografía moi accidentada, con numerosos vales e serras que delimitan as súas fronteiras naturais. Está formada por catro vales, un que discorre de forma vertical e os outros tres de forma horizontal. O val principal é o que forma o corredor do río Vinalopó, que dá nome á comarca, en dirección norte-sur. Neste corredor atópanse as localidades mais poboadas da comarca.

Limita ao norte e oeste co Alt Vinalopó, ao leste co Alacantí e ao sur co Baix Vinalopó.

Concellos

[editar | editar a fonte]

A maioría dos municipios da comarca están incluídos na demarcación de predominio lingüístico do valenciano, excepto a capital, Elda, e os municipios de Aspe e Monforte del Cid, que foron sempre tradicionalmente de lingua castelá. Con todo, a lingua maioritaria na comarca é o castelán debido ao maior peso demográfico destes tres municipios (case a metade da poboación da comarca), e polo amplo predomino do castelán en Petrer e, en menor medida, noutros municipios valencianofalantes.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]