iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.wikipedia.org/wiki/Variedade_(Bioloxía)
Variedade (bioloxía) - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Variedade (bioloxía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Variedade (Bioloxía)»)

A variedade é en taxonomía o taxon inmediatamente inferior a subespecie. Un grupo de individuos que pertence a unha mesma variedade difire dos restantes de igual subespecie por caracteres máis ou menos aparentes pero non significativos en relación a outro grupo de organismos cós que comparten moitas características e cós que conseguen reproducirse libremente.

Exemplo de variedade en botánica

[editar | editar a fonte]
O cacto Escobaria vivipara.

Un exemplo de distintas variedades botánicas da mesma especie pode ser o cacto Escobaria vivipara, que se atopa dende o Canadá ata México, e tamén en Novo México por baixo dos 2.600 metros. Téñense descrito nove variedades que están adaptadas a diferentes hábitats como son as que seguen:

  • E. v. var. arizonica: nativa do deserto suroeste dos Estados Unidos.
  • E. v. var. bisbeeana: nativa de Arizona e Novo México.
  • E. v. var. deserti: atopada no deserto do suroeste.
  • E. v. var. kaibabensis: maiormente limitada a Arizona.
  • E. v. var. neomexicana: nativo de Novo México e Texas.
  • E. v. var. vivipara: encontrada ata o norte do Canadá (Manitoba).