iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.wikipedia.org/wiki/Vítor_II,_papa
Vítor II, papa - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Vítor II, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaVítor II, papa

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Baviera, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte28 de xullo de 1057 Editar o valor en Wikidata
Arezzo, Italia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemalaria Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMausoléu de Teodorico (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
153º Papa
19 de abril de 1055 – 28 de xullo de 1057 (Gregoriano)
← León IXEstevo X →
Bispo diocesano
1042 –
← Gezemann (pt) TraducirGundekar II. (pt) Traducir →
Diocese: Diocese de Eichstätt (pt) Traducir
Bispo

Diocese: Diocese de Eichstätt (pt) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Roma
Estados Pontificios Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónsacerdote católico, bispo católico Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloConde Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAllgemeine Deutsche Biographie (pt) Traducir
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Dollnstein-Hirschberg-1 Find a Grave: 8200564 Editar o valor en Wikidata

Vítor II (de nome Gebhard de Dollnstein-Hirschberg ), nado en Baviera e finado en Arezzo o 28 de xuño de 1057, foi o Papa nº 153 da Igrexa católica de 1055 a 1057.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo dun barón suabo, o conde Hartwing de Calw, e parente do emperador Henrique III, foi nomeado bispo de Eichstätt en 1042, cando contaba 24 anos de idade, grazas á influencia do seu tío, o bispo Gerhard de Ratisbona. Desde esa posición apoiou as políticas e intereses do emperador Henrique e converteuse nun dos seus principais asesores.

Foi nomeado ao papado en Maguncia, en setembro de 1054, por Henrique III,e unha delegación romana encabezada por Hildebrando, futuro papa Gregorio VII, sendo consagrado na catedral de San Pedro, e o seu pontificado enmárcase na reforma gregoriana.

En xuño de 1055, Vítor II atopouse co emperador en Florencia, onde celebrou un concilio que reforzou a condena de León IX ao matrimonio dos sacerdotes, a simonía e a perda dos bens da Igrexa.

En 1056 desprazouse a Alemaña para solicitar a protección imperial fronte aos normandos. Durante a súa estancia en terras xermanas Henrique III faleceu, deixando no trono ao seu fillo de seis anos Henrique IV e como rexente a súa viúva a emperatriz Agnes de Poitou.

Vítor II faleceu pouco despois en Arezzo, o 28 de xuño de 1057, por mor da malaria sendo enterrado na cidade de Rávena.

Tras a súa morte, e aproveitando o baleiro de poder en Alemaña cun emperador que é só un neno e unha rexente totalmente inexperta, a nobreza romana volverá ser a institución determinante na elección papal e Vítor II converterase no último Papa nomeado por un emperador alemán.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.